Reunión de comunidades de montes do Baixo Miño

O pasado 3 de Febreiro as comunidade de montes veciñais en man común do Baixo Miño e a ORGACCMM mantiveron unha reunión para  valorar o acordo unánime do Parlamento Galego para instar ao Parlamento español a  modificar a lei de Costas de xeito que os montes veciñais en man común afectados pola demarcación marítimo-terrestre non sexan confiscados.  Solicítase que a afección dos terreos englobados na demarcación non implique a perda da titularidade veciñal como ven sucedendo.

As comunidades de montes veciñais en man común do Baixo Miño valoraron como moi importante este acordo, pero coñendo que non é definitivo, xa que o Parlamento galego non ten competencia en materia de costas e non será unha realidade até que o aprobe o Congreso.

As comunidades de montes agardan que o sentido do voto dos partidos galegos que teñen representación en Madrid sexa o mesmo que votaron no Parlamento Galego .

Na reunión, as comunidades de montes participantes lamentaron que fora rexeitada no Parlamento galego unha segunda iniciativa, presentada tamén polo grupo parlamentar do BNG, na que se solicitaba a modificación do Código Civil Español para que se recoñocese a titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *