Cronoloxía

Datas históricas no novo andar das comunidades de montes:

  • Primeiros anos da década de 1970.- En diversas parroquias de Galiza os veciños comezan a recramar a devolución da titularidade dos montes veciñais.
  • 1977.- Nace en Pontevedra a Coordenadora de Montes Comunais co obxetivo de defender os montes e solicitar a súa devolución ós veciños.
  • Primeiros anos 80.- Devolución da maioría dos montes veciñais en man común ós seis lexítimos donos e formación das primeiras comunidades de montes.
  • 1989.- Criación da Coordenadora de Montes de Galicia co obxetivo de impedir que a aprobación do proxecto de Lei de Montes Veciñais en Man Común non contribuia á destrucción da propiedade veciñal.
  • 1992.- Legalízase a Mancomunidade do Val Miñor, primeira Mancomunidade de montes veciñais constituida en Galiza.
  • Decembro 1996.- As Mancomunidades de montes do Morrazo, Val Miñor e Vigo constitúen a comisión organizadora do I Congreso Galego de Comunidades de Montes.
  • Maio 1997.- Celébrase o I Congreso Galego de Comunidades de Montes no Mosteiro de Poio coa asistenza de 140 comunidades de montes.
  • Decembro 1998.- Na Lei de acompañamento dos Presupostos Xerais do Estado apróbase a inclusión das comunidades de montes no Imposto de Sociedades.
  • Xaneiro 1999.- Celébrase en Vigo a Asemblea Constituinte da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
  • Febreiro 2000.- Percorre Santiago a I Manifestación de comunidades de montes fronte a aplicación do sistema tributario do Imposto de Sociedades ó monte veciñal.
  • Setembro 2001.- As comunidades de montes celabran a II Manifestación contra o Imposto de Sociedades, recramando un sistema tributario especial para o monte veciñal que recoñeza a súa singularidade e as tres funcións que desenrola.
  • Xuño 2002.- Celébrase o II Congreso Galego de Comunidades de Montes no Pazo da Cultura de Pontevedra.
  • Novembro 2003.- Apróbase a Lei estatal de Montes.