A ORGACCMM ven de recibir da fundación Montescola unha comunicación na que nos informa de un proxecto denominado Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático, e convida Ás comunidades de montes a participar no mesmo .
Este proxecto, que conta con unha axuda da fundación Biodiversidad e que coordena a fundación Juana de Vega, consiste en :
- Realización de 5 visitas de intercambio a 5 montes veciñais.
- Elaborar un Atlas de Boas Práticas de Conservación Comunitaria.
Aquelas comunidades de montes que dexesen participar no mesmo, deben porse en contacto coa fundación Montescola (info@montescola.org).