BORRADOR DO DECRETO POLO QUE SE REGULARAN OS CONTRATOS TEMPORAIS DE XESTIÓN PUBLICA E SE CREA O FONDO DE MILLORA.
A Consellaría do medio rural presentou a consulta pública o decreto polo que se regularan os contratos temporais de xestión pública e crease un Fondo de Millora. Con esta nova figura quérese sustitúir os consorcios e ou os convenios. A pesar das mobilizacións das comunidades de montes que foron quén de se condonasen moitas das falsas e inxustas débedas de estas figuras, aínda queda unha parte de estas falsas e inxustas débedas que a Consellaría do medio rural quere cobrar. E esta parte do pastel e o que a Consellaría do medio rural quer regalar as empresas forestais e as empresas de servizos forestais.
Estes contratos temporais de xestión pública bebe da mesma filosofía dos convenios e ou consorcios. Quen decide todo o que facer no monte veciñal e a administración pública. Dende as obras a facer ate os servizos técnicos precisos, pasando polos planos de ordenación e os aproveitamentos a levar adiante. Iso sí,todas estas cuestións que a comunidade de montes non decide ,ten que pagalas. É decir ,apropianse da xestión da veciñanza comuneira .
Mais esta apropiación non queda ahí. Tamén se apropian dos cartos das comunidades de montes. Este decreto obriga as comunidades de montes a ingresar ,cando os reciban, o 40% de todos dos seus ingresos ,incluidos os provintes de algueres,subvencións e expropiacións. Ainda que os traballos que se fagan no monte veciñal non cubran estes ingresos. O chamado Fondo de Melloras ,non e un remanente para por en valor os montes veciñais de xeito multifuncional e sustentabel. E unha Banca privada para asegurar o negocio das empresas forestais e as empresas de servizos forestais. Quedando as comunidades de montes como simples depositarios nese fondo de melloras.
Ante este novo ataque contra os montes veciñais ,a ORGACCMM, presentou as seguintes
ACHEGAS AO DECRETO POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO QUE REXERÁ OS CONTRATOS DE XESTIÓN PÚBLICA DOS MONTES E OS FONDOS DE MILLORA .
Primeira ; Ao artigo 2-Concepto de contrato de xestión pública.
Nova redacción:
O contrato temporal de xestión pública é un acordo subscrito entre a persoas titular do monte ou no seu caso a persoa titular do dereito do aproveitamento do monte ,se ten a autorización do primeiro e a administración.segundo a cal esta comprometese tanto a prestación dun servizo técnico como a realizar un investimento anticipado en obras e servizos e a persoa titular do monte ou no seu caso o persoa titular do dereito do aproveitamento do monte , pon a disposición da administración para a súa xestión sustentabel .Ambolas duas partes compromentense a cumprir as obrigas que se estipulen no contrato.
Nota:Esta achega aplicarase a todo ao articulado cando se trate das mesmas cuestións.
Explicación:
Persoa titular do monte e persoa titular do dereito de aproveitamento do monte ,non sempre son as mesma .Xa que logo ,e necesario que aparezan ambas no texto do decreto .Por outra banda ,os contratos sempre comprometen as partes que o asinan ,non a algunha das partes que o asinan.
Segunda:Ao artigo 3- Contrato temporal de xestión pública e proxecto de ordenación forestal .
Sustituir o texto do punto 3 polo texto: “ No caso de que o monte dispoña de un instrumento de xestión ,este será o instrumento polo que se rexirá o contrato de xestión pública .De non existir este instrumento,procederase a súa redacción,nos termos que marca a lexislación para esta cuestión”.
Explicación:
Os contidos do instrumentos de xestión forestal son acordados polos seus titulares e aprobados pola Dirección xeral de ordenación e planificación forestal .Non seria lóxico que unha xefatura territorial impusexe o seu criterio .E ademais , seria antidemocrático porque esta xefatura territorial imporia o seu criterio por riba do acordado polos titulares dos montes .
Terceira: Ao artigo 5-Esixencias de maiorías para a sinatura do contrato temporal de xestión pública .
No texto de este artigo deben aparecer especificamente as comunidades de montes veciñais en man común,separadas das comunidades de persoas propietarias.
Explicación.
Ou e que os redactores/as de este decreto ,anticipándose a futura lei de montes veciñais na que a Consellaría do medio rural pretende eliminar os montes veciñais en man común,xa dan esta cuestión por feita .Será por isto que no canto de falar de comunidades de montes falar de “comunidades de persoas propietarias
Cuarta: Ao artigo 6-Elementos do contrato temporal de xestión pública na actuación da administración.
Engadir un segundo parráfago co seguinte texto: “ Todas as obras ,servizos e outras cuestións referentes os montes con contratos temporais de xestión pública serán xestionados mediante a creación de unha mesa paritaria conformadas polos titulares dos montes e a administración “.
Explicación:
O tempo desmostrou que a xestión dos convenios e ou dos consorcios ,onde o xestor era a administración forestal e non se tiña en conta a opinión dos titulares dos montes ,foi un fracaso .Boa proba de este fracaso e as débedas que acarrexan estes montes .Agora voltase a repetir o mesmo esquema ,non contar cos titulares dos montes para a súa coxestión.
Quinta: Ao artigo 9-Persoas asinantes do contrato temporal de xestión pública.
Eliminar no punto c do apartado 1 todo o que vai dende “ou persoas xestoras …….ate de xestión cautelar”
Explicación:
Neste artigo dáse unha tremenda contradición xa que o punto 4 de este mesmo artigo di que nos casos de xestión cautelar non se esixirá sinatura dun contrato de xestión pública .
Sexta: Ao artigo 14-Documentación complementaria.
No punto 1-b,sustituir a palabra “comunidade de propietarios”,por “comunidades de montes”.
Explicación:
Falando de montes veciñais e lóxico será falar das comunidades de montes que son as titulares dos mesmos .A non ser que se poña en practica aquela máxima de unha ideoloxía non democrática que di que se queres facer desaparecer algo ,escomenza por non nomealo polo seu nome .Esto fica claro no mesmo punto di que somentes se refire os montes veciñais .
Sétima : Ao artigo 18-A xestión pola administración forestal e os proxectos de ordenación .
Eliminar o punto 3 e punto 6
Explicación:
Se un titular dun monte ou ,non seu caso ,o titular do aproveitamento do monte asume asinar un contrato de xestión pública ,non ten sentido que se negue a cumprir o estipulado no contrato .En todo caso este incumplimento daría pe a anulación do contrato de xestión pública .
Octava :Ao artigo 20-Aproveitamentos forestais .
Eliminar no punto 1 os termos almacenamento de carbono e outros servizos ecosistémicos .
Explicación:
Os contratos de xestión pública debería limitarse os aproveitamentos forestais .Ou e que a administración forestal pensa que non e capaz de asegurar unha xestión do monte somentes cos aproveitamentos forestais e quer asegurar o negocio?.
Engadir ao final do punto 3 a frase “ Agás nos montes veciñais en man común” .
Explicación:
Non se pode sacar a capacidade de decisión os titulares das terras.
Novena : Ao artigo 21-Alleamentos dos aproveitamentos do monte .
No mesmo punto ,sustituir o texto do parráfago segundo polo seguinte texto: “Os alleamentos dos aproveitamentos madeireiros levaranse adiante por calqueira das formulas legalmente permitidas,previo acordo dos titulares dos montes ou no seu caso os titulares do aproveitamento e a xefatura territorial de consellaría na mesa de xestión paritaria
Explicación:
Non se pode limitar os alleamentos madeireiros nunha soa formula das legalmente permitidas .Debe ser a mais beneficiosa para os titulares dos montes .Este artigo despide un cheiro ao pasado xa que prantexa que o alleamento da madeira so poderá facerse a través da consellaría mediante subhasta ,tal e como se facía nos montes convenidados e ou consorciados,
Eliminación do punto 5
Explicación:
En consonancia coa achega anterior .
Décima.Ao artigo 22-Procedemento para a substitución dun consorcio ou convenio polo novo contrato temporal de xestión pública .
Sustituir o texto do punto 3 polo seguinte texto; “ Aqueles consorcios e ou convenios existentes no momento de entrada en vigor do presente decreto ,serán cancelados coa condenación das débedas consonante co disposto na
Disposición Adicional Primeira da lei básica 43/2003,de 21 de Novembro ,de montes .
Explicación
Este disposición di que as débedas dos montes con consorcio ou convenio ,poderán ser condonadas ,se hai compromiso dos titulares dos montes a xestiónalos mediante un plano de ordenación .E xa que logo unha reparación xa que ,supondo que as famosas débedas sexan certas ,o responsable da mesma e a administración xa que foi o xestor do monte.
Undécima : Ao artigo 29-Obrigas da Administración.
Engadir un punto h-Participación ,na mesa de xestión paritaria .
Duodécima :Ao artigo 30-Dereitos da administración
No punto a eliminar o que sigue despois de “aproveitamentos do monte”
Explicación:
Os contratos de xestión pública deberían limitarse somentes aos aproveitamentos dos montes propiamente ditos .
Eliminar o punto e
Engadir un punto h-Participación na mesa de xestión paritaria
Décimo primeira : Ao artigo 31-Obrigas das persoas titulares dos dereitos de aproveitamentos asinantes do contrato temporal de xestión pública .
Sustituir o texto do punto e polo seguinte texto: “Rematado o contrato temporal de xestión pública os titulares dos monte ou no seu caso os titulares do dereito do aproveitamento , xestionan os seus montes segundo o plano de ordenación “.
Explicación:
Non se pode mermar a capacidade de decisión dos titulares dos montes .
Eliminar o punto k
Explicación:
Non se pode ser tan intervencionista .
Eliminar o punto m
Explicación:
E de un intervencionista feroz impedir que os titulares dos montes non poidan decidir ,nin siquera nas superficies dos seus montes que non están suxeitos ao contrato de xestión pública .
Engadir un punto p-Participación na mesa paritaria de xestión
Decimo segunda :Ao artigo 32-Dereitos das persoas titulares dos montes ou no seu caso os titulares dos aproveitamentos do monte.
Engadir un punto h –Participación na mesa de xestión paritaria
Décimo terceira :Ao artigo 44-Sección de montes que presentan un contrato temporal de xestión pública .
Sustituir o texto do punto 1 polo seguinte texto :Os titulares dos montes e no seu caso os titulares do dereito o seu aproveitamento , ingresaran nesta sección un mínimo dun 30% dos ingresos obtidos por todos os aproveitamento forestais dos montes .Este ingreso farase nos seis primeiros meses da sinatura do contrato temporal de xestión pública e non se voltará a facer ate que os gastos das obras e servizos que se leven adiante ,non superen esta cantidade .
Explicación.
Incluir tamén os ingresos de actos de disposición e das expropiacións amosa que os redactores/as pensan mais en asegurar o negocio que na posta en valor dos montes .
Prantexar o ingreso continuo no fondo de melloras de todos os ingresos dos montes incluidos os de natureza extraordinaria , non e pensar no desenvolvemento do monte.E considerar o monte como unha banca o servizo da administración forestal .Maxime cando a xestión de estes contratos sonlevados unilateralmente pola esta,sen contar para nada cos titulares dos montes.
Suprimir o parráfago primeiro do punto 2
Explicación
Que siñifica que os titulares dos montes teñan que ingresar un 10% mais do 30% de todos os ingresos? .E o pago de unha comisión de mantemento por ter os ingresos no Fondo de melloras?.
Eliminar o punto 3.
Explicación
Por estar presentada xa na primeira achega e porque e unha medida coercitiva a amenza con non dar licenza para ao alleamento da madeira .
Décimo cuarta:A Disposición segunda-Seguro de responsabilidade civil
Eliminala
Explicación:
Que a administración poida contratar un seguro de responsabilidade civil sen ter en conta a decisión das titulares dos montes e logo cargar o custe nos ingresos do monte ,non ten nome .