Un novo ataque frontal ás Comunidades de Montes Galegas

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes presenta achegas a reforma da regulación don montes veciñais galegos.
  • A ORGACCMM considera ao Libro Branco, elaborado pola Consellaría do Medio Rural, un ataque frontal ás Comunidades de Montes Galegas, ao seu xeito de organización asemblearia e á propiedade veciñal das terras que as identifica.

Ven de rematar a consulta pública do chamado Libo Branco sobre a reforma da regulación  dos montes veciñais en man común de Galiza.Libro Branco elaborado pola Consellaría do Medio Ruralpara a reforma da lei de montes veciñais en man común. A Organización Galega de Comunidades de Montes presentou achegas a este Libro Blanco, xa que considera que conten un ataque frontal ás Comunidades de Montes

Para a ORGACCMM reforma da lei de montes veciñais en man común que pretende levar adiante a Consellaría do medio rural e lesiva de tal profundidade que ata reflexa claramente a pretensión de eliminar o carácter xermánico da titularidade veciñal, para convertar as terras comunitarias en titularidades de carácter privado e así poidan ser acaparadas por intereses empresariais alleos a veciñanza comuneira.

O chamado Libro Branco posibilita deixar fóra da lexislación de montes veciñais aqueles montes que, segundo o criterio da Consellaría do Medio Rural, non teñan aproveitamentos forestais. Tamén reflicte que poida adquirir a condición de veciñanza comuneira persoas que no vivan no lugar. aldea ou parroquia onde se asenta o monte veciñal. Así como dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica como paso previo a privatización dos montes veciñais.

A ORGACCMM denuncia que o texto proposto pola Consellería tamén prantexa a legalización das usurpación dos montes veciñais en man común levadas adiante na ditadura franquista cando, no canto de dicir, como seria de xustiza, que todos os actos e negocios xurídicos levados adiante antes da recuperación dos montes veciñais pola veciñanza comuneira ,serán declarados nulos de pleno dereito .

Pola contra, di “analizar a situación dos actos de disposición realizados segundo  marco vixente con anterioridade a clasificación  como montes veciñais en man común. mantendo a súa firmeza, sen revisións contractuais” . E mesmo prantexa novas usurpacións dos montes veciñais cando di que aqueles montes veciñais que non constitúan a comunidade de montes pasarán a ser de titularidade dos concellos.

Para a Organización Galega de Comunidades de Montes o chamado Libro Blanco é un ataque ao funcionamento democrático, asembleario e participativo das comunidades de montes. Para eliminar este funcionamento prantexa darlle capacidade executiva aos presidentes/as das comunidade de montes por riba dos  acordos asemblearios. Tamén propón eliminar quorum e reducir o réxime de maiorias para a toma dos acordos co fin de que nos actos de disposición sexan os beneficiarios os intereses empresariais e industriais que pululan arredor dos montes veciñais.

“Curiosamente esta reforma non prantexa ningunha función da Consellaría do Medio Rural respecto os montes veciñais. Deixa da facer os deslindes, elimina os xurados de clasificación dos montes veciñais, elimina a xestión cautelar naqueles montes veciñais en situacións transitorias. deixa de velar pola defensa da integridade destes terras comunitarias,… Este liberalismo falso da Consellería do Medio Rural ten un claro obxetivo, que non e outro que deixar en total indefensión a veciñanza comuneira para que as súas terras comunitarias poidan ser facilmente acaparadas por intereses capitalistas, especulativos e urbanisticos”, subliña Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM.

Ante este texto tan lesivo, a Organización Galega de Comunidades de Montes presentou no Consello Forestal de Galiza 27 achegas  ao Libro Branco. O cerne destas achegas presentadas atopase en que se recoñoza a titularidade veciñal como unha máis, distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas, que se reforce o carácter xermánico dos montes veciñais e que as comunidades de montes, de xeito democrático e asembleario, teñan plena capacidade de decisión sobre as súas terras.

As medidas propostas son as mesmas que contemplaba a lei de montes veciñais en man común presentada mediante unha Iniciativa Lexislativa Popular. Unha ILP que foi rexeitada polo Partido Popular, a pesar de estar avalada por máis de 12.000 sinaturas. Son as mesmas que nestes momentos están sendo apoiadas por entidades relacionadas cos montes veciñais.

ACHEGAS Á REFORMA DA REGULACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN DE GALICIA

ACHEGAS Á REFORMA DA REGULACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN DE GALICIA 

PRIMEIRA: Ao  punto –Aproximación a realidade actual dos MVMC.

Nas razón do porque dun Libro Blanco, debe incluír a información sobre  o número de MVMC, que ate recentemente estiveron xestionados, mediante consorcio ou convenio pola admistracíon autonómica ou outras administracións públicas, incluíndo nestes montes veciñais, o número de comunidades de montes que cumplen  ou non coas obrigas.

Explicación: Este dato seria moi revelador  para poder diagnosticar correctamente e adoptar as medidas mediante regulamentación. Sen unha boa diagnose non se pode dar solución a un problema. O que fai o Libro Branco e dar unha información sesgada para acadar o seu obxetivo que non e outro que atacar as comunidades de montes para  eliminar o carácter xermánico da titularidade veciñal.

SEGUNDA: Ao punto 4.1 -Conceptuación do MVMC.

A futura lexislación sobre os montes veciñais en man común debe  considerar a estes como titularidades distintas e en pé de igualdade das titularidades públicas e privadas. Neste sentido, a futura lexislación debe reafirmar o carácter de inalienabilidade, imprescritibilidade, indivisibilidade e inembargabilidade de estas terras. De aí que do texto do Libro Brando debe tamén eliminar o de “ continuado”. De non facelo estase legalizando as usurpacións que padeceron os montes veciñais en sistemas políticos non democráticos.

Explicación: Ninguén  pode negar que en Galiza existen montes veciñais en man  común, e naide  pode negar que estas terras non son nin titularidades privadas nin públicas. Son titularidades distintas. Titularidades veciñais, comunitarias. O que se prántexa con esta achega e asentar na lexislación o que existe na realidade.

Ademais, a futura lexislación sobre os montes veciñais, debe contemplar que, independentemente do seu  uso, estas terras, teñen que estar baixo unha mesma lexislación sectorial. Todos son montes veciñais, e xa que logo ,serán xestionados pola veciñanza comuneira.

Explicación: Pretender, como fai o texto do Libro Branco que cada monte veciñal, segundo o seu uso actual, este baixo diversas lexislación sectoriais e ademais de desvirtuar o concepto do monte veciñal, favorecer a ocupación, camiño da posesión, dos montes veciñais por entidades e empresas alleas a veciñanza comuneira. Prantexar como fai o borrador do Libro  Branco, que montes veciñais que teñan aproveitamentos distintos os forestais, queden fora da lexislación dos montes veciñais, non deixa de ser un criterio político que vai contra o funcionamento democrático dos montes veciñais, xa que o qué de verdade pretende e sacarlle capacidade de decisión a veciñanza comuneira sobre as súas terras.

TERCEIRA: Ao punto 4-2 -A condición de persoa comuneira.

A futura lei sobre os montes veciñais en man común,ten que recoller que o único requisito para ser titular de un monte veciñal en man común sexa o vivir no lugar, aldea ou parroquia no que se asente o monte veciñal. E tamén que teñen a condición de veciño/a comuneiro/a todos os membros da unidade familiar e/ou económica, se ben por  cuestións de funcionamento democrático representados/as por unha persoa de esas unidades que debe figurar no libro o censo da veciñanza comuneira.

Explicación :Insinuar, aínda que sexa de forma subliminal ,como fai o Libro Branco  cuestións como: “poder adquirir a condición de comuneiro/a aquelas persoas que ,aínda que vivan fora do lugar, aldea ou parroquia, naceran nas mesmas” ou “so os aproveitamentos dos montes veciñais, levados adiante por terceiros, poden sobardar  os que eles chaman aproveitamentos forestais“. Insinuar estas cuestións e por as bases para ,nun futuro non moi lonxano ,eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais camiño da sua desnaturalización .

A futura lexislación sobre os montes veciñais, debe contemplar claramente cales serian as situacións nas que se perdería a  condición de veciño/a comuneiro/a. Situacións que quedarían limitadas a: vontade propia, morte, deixar de vivir no lugar, aldea ou parroquia, ou atentar contra a integridade de monte veciñal.

Explicación: En consonancia coas características  xermánicas ,comunitarias e abertas dos montes veciñais. Prantexar como o fan os redactores/as do Libro Branco de que as asembleas das comunidades de montes poidan recoller outras causas para perder a condición de veciño/a comuneiro/a, non e somentes atacar os principios da titularidade xermánica, senón tamén e eliminar participación e xa que logo ,eliminar democracia.

E curioso comprobar como os dirixentes políticos da consellería do medio rural son tan “liberais” cando se trata de ir contra os principios xermánicos dos montes veciñais e sexan tan “intervencionistas”, cando se trata de por o monte veciñal o servizo de intereses alleos a veciñanza comuneira (por exemplo o reinvestimento obrigado na mellora forestal dos montes veciñais).

A futuro lei de montes veciñais debe contemplar que , de forma excepcional  e naqueles lugares nos que haxa pouca populación ,as comunidades de montes poderán contemplar nos seus Estatutos, a figura do colaborador/a da comunidade de montes, que será aplicábel  a aquelas persoas que sen vivir habitualmente no lugar, aldea ou parroquia, teñen morada na mesma e pasan estadías (fins de semana, vacacions, feiras …). As comunidades de montes que opten por esta opción,terán que contemplar nos seus estatutos a imposibilidade de repartir os ingresos do monte veciñal  entre a veciñanza comuneira.

O número de  veciños/as colaboradores/as da comunidade de montes non poderá superar o 15% da veciñanza comuneira e terán os mesmos dereitos e obrigas ca veciñanza comuneira, agás que non poderán formar parte da xunta reitora nin satisfacer as achegas pecuniarias que en algún momento sexan necesarias para a marcha do monte veciñal. A asemblea xeral para a incorporación dos veciños/as colaboradores/as da comunidade de montes precisará da maioria con  un quorum dos 2/3 da veciñanza comuneira.

Explicación: Partindo de unha realidade, de que en lugares con pouco populación existe o perigo do abandono ou a extinción da comunidade de montes, o Libro Branco prantexa unha alternativa non acaída xa que vai contra as características xermánicas dos montes veciñais. Así fala de comuneiro/a con voz pero sen voto, cando unha persoa que non viva no lugar, aldea ou parroquia onde se asenta o monte veciñal non pode ter a condición de veciño/a comuneiro/a.

CUARTA: Ao punto 4.3.1 -Refresión preliminar.

Para os actos de disposición ,a futura lei de montes veciñais debía manter  o papel da consellería do medio rural, non como intervencionista, senón como garante do cumplimento da lexislación. Ademais ten que  declarar nulos de pleno dereito todos os actos de  disposición levados a cabo antes de que os montes veciñais fosen declarados como tales.

Explicación: O posicionamento  do Libro Branco vai no senso contrario .xa que prantexa que os actos de disposición se resolvan na regulación do negocio xurídico, cando sabe que os que optan a aproveitar o monte veciñal mediante  actos de disposición, son  grupos empresariais con grande capacidade de presión. E o que é aínda mais grave, prantexa a legalización das usurpacións dos montes veciñais, cando estes nestes actos  tiveron lugar antes da súa declaración como monte veciñal.

A futura lei sobre montes veciñais en man común debe especificar os porcentaxes de limitación da superficie a ocupar  do monte veciñal nos casos de actos de disposición e os criterios dos mesmos (evitar o monocultivo con especies pirófitas ,en zonas de alto risco de lumes, infraestruturas ou actividades susceptibeis de iniciar un lume …)

Explicación: O Libro Branco somentes enuncia esta cuestión.

QUINTA: Ao punto 4.3.2 -Toma de acordos de decisión.

A futura lexislación sobre os montes veciñais, ten que diferenciar entre actos de administración e actos de disposición ,xa que tal como está exposto, todos son actos de disposición. E mesmo deberíase contemplar que no monte veciñal non se deberían  permitirse este tipo de actos ,se elo supón perda do seu valor patrimonial.

Explicación: Sen diferenciar estas dúas situacións pode darse o caso de a Administración ,sen o acordo da comunidade de montes ,poida realizar na superficie do monte veciñal ,acordos con terceiros.

SEXTA: Ao punto  4.3.3 -Cesións e arrendamentos  e ao punto 4.3.4 -Dereitos de superficie. 

A futura lei de montes veciñais ,no caso das cesións, arrendamentos ,agás as de a favor de calquera administración pública, deben ter,sen ningún tipo de excepcionalidade , un tempo máximo de 30 anos ,revisabeis cada 10 anos. O acordo de esta cesión ten que ser tomada en asemblea xeral da comunidade de montes ,por maioría simple en primeira convocatoria e co voto favorabel dos 2/3 en segunda convocatoria.Ademais debe contemplar que no caso de que as instalación fiquen en propiedade da comunidade de montes, isto non pode siñficar un incremento do patrimonio da mesma a efectos fiscais.

Explicación: Tratase de salvar a memoria a existencia do monte veciñal e de que o acordo de cesión non quede en poucas mans ,senón que recolla o sentir maioritario da veciñanza comuneira.

Polo que fai ao respeito dos dereitos de superficie ,estes debesen eliminar como posibilidade de aplicación nos montes veciñais en man común.

Explicación: A vixente lexislación permite que o beneficiario do dereito de superficie,poida arrendalas a terceiros sen o consentimento da comunidade de montes. Permite tamén a lexislación vixente que o dereito de superficie se prorrogue automaticamente se así o solicita o beneficiario do dereito de superficie. Fica claro que o dereito de superficie sácalle capacidade de decisión das comunidades de montes sobre as súas terras.

SEPTIMA: Ao punto4.3.5 – Expropiación forzosa.

A lexislación dos montes veciñais ten que contemplar que os montes veciñais non poden ser sometidos a expropiación forzosa en ningún caso.

Explicación: A expropiación siñifica eliminación física do monte veciñal para sempre .E ademais porque a lexislación xa contempla un número sufícente de figuras (cesión, arrendamentos …), que suplen con creces  os obxetivos que pretendan acadar mediante a  expropiación.

OTAVA: Ao punto 4.3.6 -Ocupacions e servidumes.

Para refrexar nunha futura lei de montes veciñais as cuestión de ocupacións e servidumes, previamente deberíase definir  o proceso de declaración de utilidade pública e interese social. No caso do establecemento de servidumes será necesaria a declaración expresa da Xunta de Galiza, previo informe da consellaría competente en materia de montes e escoitadas as comunidades de montes. Será necesario ,polo tanto, un xuízo de contrastes sobre os elementos de utilidade pública ou interese social que han de sobrepoñerse os propios do monte veciñal. Para iso, tramitarase o oportuno expedente, no que se acredite a compatibilidade da servidume coa utilidade pública, a tal efecto a xefatura territorial correspondente redactará unha memoria na que se consignarán : a extensión puramente indispensabel suxeita a servidume, a imposibilidade de ocupación fora do monte, os danos e perdas que han de producirse e a súa valoración  e as condición nos que ha de outorgarse a servidume.

No caso das ocupacións dos montes veciñais, terá que contarse co consentimento da comunidade de montes. Se e contraria  darase por concluído o expedente.

Explicación: O Libro Branco non fala nada de unha nova definición da utilidade pública e interese social. Xa que logo está de acordo coa definición actual, que e perxudicial para os intereses das comunidades de montes.

NOVENA: Ao punto 4.3.7 -Permuta

A futura lei de montes veciñais debe manter a intervención  da administración pública no tema das permutas. A Administración pública debe fiscalizar ditas permutas e requirir para a realización da permuta informes de valoración relativos  aos terreos a permutar onde se poña de manifesto que o monte veciñal non perde valor patrimonial. En todo caso o aumento do valor patrimonial  non debe ser atribuída as construcións  existentes na parcela, que incluso poderían supor un gasto de demolición para as comunidades de montes ou gastos de reconstrución ,mantemento …

Explicación: O Libro Branco prantexa a non intervención da administración pública no tema das permutas.

DECIMA: Ao punto 4.4 -Adquisición de terreos por parte da comunidades de MVMC.

No que fai o respeito da capacidade para adquisición de terras por parte das comunidades de montes, mediante compra ,a futura lei de montes veciñais  debe contemplar que as motivación para exercer este dereito virán dadas por: a defensa do monte veciñal e dos seu accesos, no mellor aproveitamento dos recursos do monte, na mellora e ampliación da superficie do monte veciñal e nos intereses xerais de veciñanza comuneira, independiente da  catalogación do terreo a adquirir. Estas terras adquiridas  serán cualificadas polos xurados de montes como montes veciñais en man  común e non poderán ser obxeto de ningún acto de disposición por un período de 20 anos.

Explicación : O proposto no Libro Blanco reduce este dereito para as comunidades de montes, xa que elimina o poder de adquisición no caso do interés xeral da veciñanza comuneira  e limita a adquisición de terreos os que esten catalogados como monte ou terreo forestal. Ademais non contempla que nestas terras durante 20 anos non se poida levar adiante ningún acto de disposición o que esta favorecendo a especulación de estes terreos a favor de terceiros.

UNDECIMA: Ao punto 4.6-Fins aos que se deben dedicarse os rendementos dos aproveitamentos.

A futura lei de montes veciñais ,no que fai o respeito das cotas mínimas de reinvestimento na mellora do monte, serán as que definan anualmente o seu plano de xestión.

Explicación: Os planos de xestión son a ferramenta que planifica o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentábel. Son elaborados por persoal cualificado tecnicamente,aprobados pola veciñanza comuneira e ratificados pola consellaría do medio rural. Son xa que logo, o sentir dos titulares dos montes veciñais. A proposta do libro branco non so mantén a lexislación de xeito uniforme para todos os montes veciñais nunha actitude intervencionista ,senón a esta lexislación sectorial engádelle, agora, o marcado  nos planos de ordenación  e nos sistemas de certificación forestal. Este intervencionismo so ten un obxetivo , o de favorecer as empresas madeireiras e de servizos que pululan arredor dos montes veciñais.

Esta nova lexislación debe contemplar tamén que os ingresos que se deriven de lumes, pragas  ou temporais, terán un tempo de investimento do 10 anos. E no caso de expropiacións e outros ingresos de carácter extraordinario ,o tempo de investimento será de 20 anos .

Explicación: Obrigar a investir este tipo de ingresos nun ano ( e se a comunidade de montes ten a gracia da consellería do medio rural , en 4 anos), só vai impedir o acadar no tempo o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentábel, ademais de favorecer unica e exclusivamente as empresas madeireiras e de servizo que pululan arredor dos montes veciñais.

As cuantías provintes das subvencións non poden formar parte do montante dos ingresos a aplicar na cota mínima dos reinvestimentos obrigados, por ser estas de carácter finalista. Estes ingresos hai que investilos no proxecto que acadou a subvención.

Explicación: Manter que a cuantia das subvencións formen parte dos ingresos das comunidades de montes ,ou ben obriga a estas a non poder solicitar subvencións por non poder levalas adiante ou incumplirán a lei de reinvestimentos obrigadas e xa que logo ,serán sancionadas.

DUODECIMA: Ao punto 4.7-A gobernanza dos MVMC

A futura lei sobre o montes veciñais debe de incrementar a presencia  das comunidades de montes e das mancomunidades nos órganos de participación e representación que existan ou poidan existir. Mais esta representación non ten porque ser do presidente/a da comunidade ou da mancomunidade de montes. Será aquela persoa que elixa a veciñanza comuneira  de entre ela.

Explicación: Potenciar a figura do presidente/a da comunidade ou das mancomunidades de montes ,e unha vella aspiración da consellería do medio rural de ir convertindo as comunidades de montes en empresas para que, quen decida sexa oxe, o presidente/a e mañán o xerente. O obxetivo e eliminar democracia e participación da veciñanza comuneira, nas comunidades de montes.

DECIMO TERCEIRA: Ao punto 4.7.1-Organos das comunidades de MVMC.

A futura lei sobre os montes veciñais debe reforzar o funcionamento democrático e participativo nas comunidades de montes e reforzar o sistema de maiorías para toma dos acordos co fin de que estes sexan o sentir da mairorìa da veciñanza comuneira .

Explicación : O texto do Libro Branco refrexa o contrario cando fala de revisar o réxime de maiorías .E parte de unha certa verdade (que hai comunidades de montes con un gran numero de comuneiros/as) ,pero que somentes afecta a un pequeno número de comunidades (das mais de 3000 comunidades de montes que hai en Galiza, estas comunidades non pasan de unha víntena).

Non parece lóxico gobernar para unha maioría cos criterios de unha minoría. En todo caso polo que podería optarse ,de  xeito excepcional algunha  especificidade na lexislación xeral para este número pequeno de comunidades de montes. Esta nova lexislación tamén debe contemplar que as reunións dos órganos de goberno das comunidades de montes, terán que realizarse sempre de forma presencial.

Explicación: Partindo da excepcionalidade que siñificou para toda a sociedade a pandemia do Covid, no Libro Branco prantesaxe convertir en normalidade as reunión telemáticas dos órganos de goberno das comunidades de montes. E certo que ante situación excepcionais  hai que tomar medidas excepcionais. Mais tamén e certo que estas deben desaparecer cando a situación excepcional desaparece. As reunións telemáticas, ademais de que un importante número de comuneiros/as non teñen acceso a estas tecnoloxías,o que fai e reducir a participación e a calidade democrática das decisións.

DECIMA CUARTA:Ao punto 4.7.4-Delegación do voto das persoas comuneiras.

A futura lexislación sobre os montes veciñais debe manter que delegación para asistencia as asembleas de un comuneiro/a so poderá facerse noutro comuneiro/a da mesma comunidade de montes.

Explicación: O que se pretende no Libro Branco, podendo ter a delegación de un comuneiro/a un familiar do mesmo aínda que viva noutro lugar e empezar a escarvar no carácter xermánico da titularidade veciñal co fin de proceder a súa eliminación. Ademais e de unha inxeñería social tal, que vai levar a situacións subrealistas . Que acontecerá con unha persoa coa delegación de voto sexa ao mesmo tempo comuneiro/a no lugar onde reside? Terá a condición de comuneiro/ a en dúas comunidades de montes distintas?.

DECIMO QUINTA: Ao punto 4.7.5-Mancomunidades e agrupacións de xestión conxunta.

A futura lei de montes veciñais debe profundizar no desenvolvemento das mancomunidades de montes ,especificando os campos onde pode intervir para unha mellora da defensa do monte veciñal e dos aproveitamentos mancomunados dos montes veciñais que formen parte da mesa. Deben ter un criterio territorial para mancomunarse( concello ,bisbarra ,serra……). O formar parte de unha mancomunidade, en ningún caso pode siñificar a perda de capacidade de decisión sobre a súas terras, nin a mancomunidade de comunidades de montes ,pode intervir na vida interna de cada comunidade de montes .As mancomunidades de montes serán rexistradas no Rexistro de montes veciñais.

As comunidades de montes tamén se poderán unir en ameto galego. Nesta caso o criterio territorial desaparecerá, tendo somentes en conta o interés da comunidade en formar parte de organización de ameto galego.

As comunidades de montes que formen parte de esas organización terán plena capacidade de decidir sobre as súas terras e a organización respectará a vida interna de cada comunidade de montes organizada .As organización de ameto galego tamén serán rexistradas no Rexistro de montes veciñais.

Explicación :O Libro Branco .o respeito de esta cuestión non di practicamente nada..O único que prantexa claramente,vai contra os principios da titularidade xermánica cando afirma que as comunidades de montes poderán delegar  capacidade xurídica nas mancomunidades.

DECIMO SEXTA: Ao  punto 4.10-Deslindes.

A futura lei sobre os montes veciñais debe manter como unha competencia da consellería do medio rural o proceder a facer o deslinde dos montes veciñais.

Explicación :Aínda que e positivo, tal e como prantexa o Libro Blanco,  que se debe  reforzar o papel da consellaría do medio rural no arbitraxe dos deslindes  entre montes veciñais; debese tamén manter a competencia da consellería do medio rural de facer os deslindes nos montes veciñais , aínda que sexa como punto de partida para acadar deslindes amigabeis entre as comunidades de montes.

DECIMO OITAVA. Ao punto 4.11.1  –Pervivencia dos Xurados provinciais de MVMC.

A futura lei de montes veciñais debe manter os catro xurados provinciais de clasificación de montes veciñais.

Explicación:

A lei de montes veciñais actualmente vixente establece que ademais de resolver todo o procedemento administrativo de clasificación de mvmc, os xurados  provinciais deben atender  a asuntos de permutas de parcelas veciñais por outras de particulares. Tamén deben executar sentenzas da vía contencioso administrativo ou civil recoñocento como mvmc aqueles que así o resolvan os ditames xudiciais .

A lei de montes de Galiza ,actualmente vixente, atribúe novas e importantes funcións aos xurados provinciais como son :

-Clasificación como veciñais en man común os terreos adquiridos polas comunidades de montes anteriormente a entrada en vigor de esta lei,así como informar previamente e  no seu caso  recoñocer como veciñais os terreos adquiridos (tomada, dereito de retracto….) despois de entrada da lei.

-Revisión dos esbozos  das carpetas fichas  de xeito que as comunidades de montes poidan inscribir no Rexistro da Propiedade os mvmc clasificados nos anos 80,regularizando de este xeito  un procedemento clasifícatorio cheo de erros e deficiencias pola administración.

-Recoñocemento como mvmc das parcelas resultantes dos procesos de concentración parcelaria.

Todas estas funcións xustifican suficentemente  que os xurados provinciais de clasificación de montes veciñais deben seguir existindo. Eliminalos siñificaría obrigar  as comunidades de montes a acudir a xurisdición civil para resolver estas cuestións, condenandoas a maiores gastos, que deberían ser empregados  no coidado e aproveitamento dos montes veciñais.

DECIMO NOVENA: Ao punto 4.11.4-Inexistencia,extinción ou desaparición das CMVMC e abandono e grave abandono dos MVMC.

A futura lei de montes veciñais en man común debe contemplar situacións transitorias no caso de extinción ou desaparición da comunidade de montes ,cando carezan de veciñanza nun momento dado  ou non constitúan unha xunta reitora .Nestes casos a xestión dos montes veciñais corresponderá de xeito cautelar a consellería do medio rural. Para tal xestión poderá contar coa colaboración das comunidades de montes veciñas ou das mancomunidades de montes próximas. Esta xestión cautelar rematará no intre no que se subsanen as causas que a provocaron.

Explicación: Para estas situacións no Libro Branco,elimina o feito de que estas situacións teñen que ser transitorias e sobre de elas terá que levarse unha xestión cautelar.Pola contra , prantexa simplemente  a usurpación de estas terras da veciñanza comuneira  a favor dos concellos, outorgandolle a estes a titularidade dos montes veciñais. Mesmo atrevéndose a  autodotarse de  capacidade para, convertíndose tamén en poder xudicial, declarar a extinción definitiva das comunidades de montes.

A futura lei de montes veciñais tamén ten que contemplar que os montes veciñais en man común somentes poderanse declarar en estado de grave abandono ou degradación e de xeito provisional ,cando sufrise fehacentemente un manifesto deterioro medioambiental  ou padecese unha extracción abusiva dos seus recursos.As medidas que se deben tomar para subsanar estas causas debe tomalas a consellaría do medio rural  e levalas adiante a comunidade de montes respectiva.Unha vez susbanadas as causas ,a xestión do monte veciñal ,voltará a comunidade de montes.

Explicación: O Libro Branco non fala nada de esta cuestión. E de supoñer que mantén a lexislación actual que permite a declaración de un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado por meras cuestións de incumplimentos burocráticos. E unha vez declarado como tal, entregarlle a unha empresa forestal  a xestión do monte veciñal  por un período de 50 anos .O que siñifica na practica, unha usurpación do monte veciñal.

VIXESIMA: Ao punto 4.11.6.1-Residuos abandonados no monte.

A nova lexislación sobre os montes veciñais debe contemplar que os residuos abandonados nos montes veciñais serán de responsabilidade de quen os verta.As autoridades compententes teñen que investigar e buscar as persoas infractoras e aplicar as sancions correspondentes;en no seu defecto ,retirar os verquidos .A obriga da comunidade de montes limitarase a por este asunto en coñocemento da consellaría do medio rural .

Explicación: O Libro Branco  enuncia o problema ,mais non prantexa negunha alternativa.

VIXESIMO PRIMEIRA: Ao punto 4.11.7-Función social  montes periurbanos ,usos sociorecreativos e deportivos.

Dado o carácter aberto dos montes veciñais ,a sociedade no seu conxunto debe ser beneficiada de esta función social .A futura lei sobre os montes veciñais deberá contemplar que o disfrute de esta función social debe ser autorizada pola comunidade de montes  e do seu disfrute ,non poden derivarse nin responsabilidades civís nin penais para as comunidades de montes.

A lexislación a este respeito debe contemplar dous modelos de este disfrute da función social dos montes veciñais por aquelas persoas que non ostentan a condición de veciño/a comuneiro/a : 1-A levada adiante mediante entidades ,asociacións ,clubes……….Estes terán que acompañar un seguro de responsabilidade civil que cubra os posibeis percances que poidan acontecer derivada da súa practica .2-A levada adiante de xeito individual .Para estes casos ,a Xunta de Galiza disporá para tal fin un seguro de responsabilidade civil universal ,ou expediran licenzas administrativas que levaran implícito un seguro de responsabilidade civil para cubrir os percances ,que poideran acontecer.

Explicación: Nesta cuestión o Libro Branco enuncia a cuestión mais non prantexa nengunha alternativa concreta.

DECIMO SEGUNDA: Ao punto  4.11.8-Personalidade xurídica ou capacidade  das comunidades de montes e mancomunidades.

A futura lei sobre  os montes veciñais en man común deberá contemplar que :

1-As comunidades de montes terán plena capacidade xurídica para o cumplimento dos seus fins e a defensa dos seus dereitos sobre os montes veciñais  e os seus aproveitamentos ,así como a súa administración ,disposición e actos derivados  establecidos nesta lei .

2-Asimismo ,as comunidades de montes terán plena capacidade xurídica para a realización de todos aqueles actos e negocios xurídicos que teñan por obxeto dotarse de instalacións necesarias ,obras ,servizos comunitarios ou terras na mesma zona do monte co obxeto de incrementar a superficie e , en xeral ,para todos aqueles actos xurídicos  que redunden en beneficio da xestión do monte veciñal de acordo co que decida en cada momento a asemblea xeral da comunidade de montes conforme  coas lexislación vixentes .

3-As mancomunidades de montes ,como unión voluntaria de comunidades de montes que non perden a súa plena decisión para por en valor as súas terras ,tamén terán capacidade xurídica.

En ningún caso ,nin as comunidades de montes,nin a súas mancomunidades ,terán personalidade xurídica.

Explicación: De este xeito ,as comunidades de montes  poderán desenvolver todo tipo de actividades que redundan no beneficio do monte veciñal e da veciñanza comuneira, sen necesidade de dotalas de personalidade xurídica. Se isto e así ,porque o redactores/as do Libro Branco sobre os montes veciñais empéñanse en dotar as comunidades de montes e as mancomunidades de  montes de personalidade xurídica mesmo mediante unha enxeñería e creando contradicións xurídicas cando afirman: ”dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica a condición que se poida perservar o conceito de propiedade xermánica “ ou “ personalidade xurídica específica para evitar confusión coas sociedades mercantís” ou “dotar de personalidade xurídica para poder levar adiante negocios e actividades non directamente vinculados ao monte veciñal “. A resposta a este empeño e clara.

Os redactores/as do Libro Branco ,saben moi ben que dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica e eliminar o carácter de titularidade xermánica dos montes veciñais. E convertir a estas en titularidades privadas  para que se poidan vender, mercar, transmitir ,herdar…. E abrir os montes veciñais ao tráfico do comercio para que dos mesmos se poidan beneficiar intereses alleos  as comunidades de montes.

VISEXIMA TERCEIRA: Ao punto 4.11.9-Aproveitamentos e usos do MVMC.

A lexislación sobre os montes veciñais debe recoller que todo os aproveitamentos e usos actuais e futuros que se den na subsolo ,na superficie e no voo ,serán considerados aproveitamentos e usos do monte veciñal.

Explicación: O Libro Branco so recoñece como aproveitamentos e usos do monte veciñal os que ademais de darse na superficie de estes ,teñen que ter  a consideración de monte.O obxetivo fica claro .A intención se sacarlle capacidade de decisión a veciñanza comuneira naqueles aproveitamentos como poden ser eólicos ,canteiras……. para que directamente se apropien dos mesmos  intereses empresariais .Tamén ten  como obxetivo non clasificar.

Ou mesmo desclasificar aqueles montes veciñais que na súa superficie se desenvolvan actividades de carácter social, recreativo,deportivo. lúdico …

VISEXIMO CUARTA: Ao punto 4.11.11-Reunificación  e simplificación da referencias catastrais e mellora da cartografía dos MVMC e adaptación  da representación gráfica das novas tecnoloxías.

Na futura lei de montes veciñais deberá contemplar a toda superficie do monte veciñal como unha soa parecela catastral.

Explicación: Os criterios polos que definen as parcelas  catastrais non se axustan os criterios para por en valor os montes veciñais .Este complica a xestión dos montes veciñais  para a vida normal das comunidades de montes .O libro blanco sobre o monte veciñal enuncia a problemática mais non prantexa unha alternativa  concisa e clara.

VIXESIMA QUINTA: Ao punto 4.11.12 –Fiscalidade.

A futura lei de montes veciñais ten que contemplar,en cuestión fiscal ,a retirada dos montes veciñais como suxeitos pasivos no Imposto sobre sociedades e a elaboración e aprobación no Parlamento Galego  de unha fiscalidade  que contemple as características dos montes veciñais e as función que cumplen.

Explicación: Ao respeito de esta cuestión o Libro Branco limitase  a prantexar a necesidade de revisar e mellorar a fiscalidade dos montes veciñais. Mais , mesmo admitindo a boa vontade do prantexamento  ,e de todo imposibel estas melloras fiscais  se non se parte da base da retirada dos montes veciñais como suxeitos pasivos no Imposto sobre sociedades.E imposibel  acadar unha fiscalidade acaída para os montes veciñais ,se se lle aplica un imposto pensado para a sociedades mercantís.

Para non elaborar unha fiscalidade acaída para os montes veciñais ,os redactores/as do Libro Branco alegarán que isto e imposibel facelo xa que a fiscalidade e unha competencia exclusiva do goberno central .Isto e certo,          mais no pecha todas as vías.

A propia constitución do Estado permite que se unha proposición non de lei aprobada no parlamento autonómico ,aínda que o aprobado sexa unha cuestión da que non ten competencia a autonomía. pódese levar a debate as Cortes Xerais do Estado. E se neste parlamento se aproba ,a proposta acada rango de lei. Xa que logo ,acadar unha fiscalidade acaída a figura dos montes veciñais non e un problema tecnico-xurídico. E unha cuestión de vontade política.

VISEXIMA SEXTA –Ao punto 4.11.13 -Compensación de servizos ecosistémicos

E preciso que dende a consellaría do medio rural elabore un estudo dos servizos ecosistémicos que cumpren os montes veciñais (captura do CO2 ,osixeno, Biodiversidade, Regulación Tª , Regulación hídrica, combate a erosión ,etc…

Debe tamén cuantificar o custe de estes servizos ,que levan adiante as comunidades de montes en beneficio da sociedade no seu conxunto. Derivado de isto ,tamén se debería marcar as compensación a estes servizos que prestan  as comunidades de montes.

Compensacións que deberían ir por :axudas con porcentaxe de subvención do 100% para acadar un monte multifuncional e sustentábel, exención de impostos …. E no caso dos montes veciñais en zona de alta montana ou con pouca populación ,pago directo a veciñanza comuneira pola prestación de estes servizos,xa que axudara a fixar populación no medio rural .

Explicación :O Libro Branco ,sitúa ben a cuestión ,mais tal e como esta non deixa de ser unha mera declaración de intencións.

VISEXIMO SEPTIMA : Ademais  ,a futura lei sobre montes veciñais ,debe recoller:

-O recoñocemento dos montes veciñais en man común como unha figura de protección medioambiental e cultural en si mesmo.

-As funcións que ten que cumplir a Administración,entre elas a de velar polo cumplimento da  lexislación.

-A entrega a veciñanza comuneira dos montes veciñais con consorcio e/ou convenio ,libres de cargas,por ser estas inxustas e falas.

-A cuantificación do valor da captura do CO2 das masas boscosas e as medidas compensatorias aos titulares das mesmas. Esta cuantificación non pode basearse somentes no medre da madeira como foi o actual decreto ,senón que tamén ten que ter en conta  as funcións sociais e medioambientais que cumpren as masas boscosas.

-A declaración dos montes veciñais como patrimonio inmaterial ,material e histórico.

-A creación de un selo público de certificación dos produtos do monte veciñal.

-A defensa do Ministerio Fiscal  das comunidades de montes que se vexan afectadas na integridade dos seus montes veciñais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Partido Popular quere legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais

En recentes declaracións públicas, feitas polo Conselleiro do Medio Rural e máis polo Presidente da Xunta de Galiza, o Partido Popular ven de confirmar a súa intención de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais.

O Partido Popular posicionouse a prol da Plataforma Galega de afectados polas comunidades de montes, empresarios e particulares, que reclaman a
propiedade dunhas terras vendidas ou cedidas polos concellos, que non
eran titulares, senon usurpardores das mesmas.

Co fin de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, tanto ao Conselleiro do Medio Rural como ao Presidente da Xunta de Galiza, non lles importa saltarse a lexislación vixente sobor os montes veciñais.

O primeiro criticando as sentenzas da Xustiza que fallan a favor das comunidades de montes  e obrigan a devolver o territorio usurpado á veciñanza. O segundo xustificando a usurpación co  argumento de que non é licito devolver estas terras ás comunidades de montes porque desde hai anos están empleados en outros usos distintos.

O Conselleiro do Medio Rural quere impedir a aplicación do carácter de titularidade xermánica dos montes veciñais, xa que a imprescritibilidade dos montes veciñais fai que a antiguedade da usurpación non sexa fundamento de dereito para protexer ao infractor e permitir a impunidade da usurpación..

O Presidente da Xunta de Galiza obvia a vixente lexislación de montes veciñais e un número importante de sentezas que confirman que, independentemente dos usos actuais, son montes veciñais en man comúns ,os que se demostren que foron usados e aproveitados pola veciñanza comuneira, non entendida como un ente administrativo, senon como grupo social.

A Consellaría do Medio Rural sabe moi ben que non se poderán
legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, mentres non se
elimine o carácter de titularidade xermánico dos montes veciñais. Por iso, que
no chamado Libro Blanco, sobre a reforma da regulación dos montes veciñais
en man común da comunidade autónoma galega, se contempla a
eliminación do carácter mediante a consideración de veciñanza comuneira
a persoas que non viven no lugar, aldea ou parroquia no que se asenta o monte
veciñal. Dotando as comunidades de montes de personalidade xurídica e
sacando da consideración de monte veciñal  a aqueles montes veciñais que, segundo o criterio da Consellería, non teñan aproveitamento forestal.

Un chamado Libro Blanco que comenza con unha mentira, xa que na
súa portada afirma que no mesmo recollense as achegas recibidas no proceso de participación pública do mes de Abril de 2022. Isto é mentira xa que o chamado Libro Blanco non recolle as achegas da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Entre as aportacións da ORGACCMM, unha que solicitaba que a futura lexislación sobre os montes veciñais en man común contemplase a declaración de nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos que
se levaron adiante nos montes veciñais.

Solicitude que está tamén recollida na proposta para unha lei de montes veciñas contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular, presentada no
Parlamento Galego co aval de 12010 sinaturas da veciñanza comuneira e da
sociedade galega.

 

ACHEGAS Á ESTRATEXIA PARA O FOMENTO DA XESTIÓN ACTIVA DAS MASAS FRONDOSAS

ACHEGAS Á ESTRATEXIA PARA O FOMENTO DA XESTIÓN ACTIVA DAS MASAS FRONDOSAS

Primeira: Ao punto 1-Antecedentes.

No parrafago 5º eliminar “Esbozar un plan de fomento do cultivo do chopo en Galicia”.

Argumentación: O chopo non é unha frondosa autóctona.

Segunda. Ao punto 1.2.Formacións arbóreas  e habitats de bosque.

Neste apartado descríbese as diversas formacións  de frondosas que hai no territorio Rede Natura e que moita superficie de este territorio e monte veciñal en man común. Tal e como está oxe a normativa a inclusión dos montes veciñais en man común da Rede Natura faise sen contar coa opinión das comunidades de montes afectadas, dándose de facto unha usurpación de estas terras. Prodúcese tamén unha usurpación da xestión de estas terras xa que quen ten a capacidade de decisión está nos órganos de goberno e de xestión de esta figura de protección na que non participan os titulares dos montes veciñais.

A estratexia para a xestión activa das masas de frondosas deben contemplar que as comunidades de montes, titulares dos montes veciñais en man común ,formen parte do órganos de dirección, planificación e xestión do terrritorio Rede Natura. tal e como o forman a administración pública galega, as organizacións medioambientais e outros.

Argumentación: Ninguén cuestiona  a Rede Natura. É mais, débese potenciar, xa que é un elemento máis na defensa do medio ambiente. Mais isto non pode signficar que os titulares das terras que forman parte do territorio Rede Natura queden ao marxe. Máxime cando o que pretende esta estratexia e a xestión activa (é decir dinámica) das masas de frondosas .

Cuarta.

Engadir un Eixo V co titulo “Valoración e cuantificación  dos servizos do ecosistema  que cumplen as terras incluidas na Rede Natura“.

Argumentación: Enténdense por servizos do ecosistema como aqueles beneficios que un ecosistema aporta a sociedade e que milloran a saúde, a economía e a calidade de vida das persoas. De xeito xenérico agrúpanse en catro bloques: Servizos de aprovisionamento de bens e materias primas (madeira ,auga ,alimentos, …). Servizos de regulación que teñen como función clave a redución dos impactos globais e locais (regulación do clima, do ciclo das augas, control da erosión, …). Servizos culturais asociados o tempo de lecer (restos patrimoniais, practicas deportivas, disfrute do lecer, …). Servizos de soporte a biodiversidade e os procesos naturais que garanten boa parte dos anteriores. Semella que non cabe ningunha dúbida que moitos de estes servizos prestaos as comunidades de montes veciñais en man común. Mais tampouco cabe ningunha dúbida de que estes servizos do ecosistema aportados polas comunidades de montes non están recoñocidos e moito menos valorados e cuantificados.

Parece de recibo que a Administración Pública Galega  valore e cuantifique estes servizos ecosistemicos que prestan as comunidades de montes en beneficio de toda a sociedade. Para logo se poideran determinar as medidas compensatorias para os titulares dos montes veciñais en man común.

Quinta. Ao punto 2.5.Superficie de frondosas autóctonas incluída na Rede Natura.

Neste apartado a estratexia  fala de que no territorio Rede Natura hai unha zona na que se prioriza  a evolución  natural ,a conservación da estrutura do bosque  e conservación da biodiversidade. E que hai outras zonas mais antropizadas ,nas que poden realizar tratamentos silvicolas. Os dous prantexamentos significan limitacións para os titulares dos montes veciñais. No primeiro dos casos ,hipotecas de uso. No segundo dos casos dificultade para facer os traballos e mesmo encarecemento dos mesmos.

A estratexia para a xestión activa das masas de frondosas tería que contemplar:

1-Para a primeira das situacións, medidas compensatoria por esa hipoteca de uso das súas terras, medidas que teñen que ser de carácter finalista, xa que logo teñen que ser investidas en plantación con frondosas autóctonas e camiñar cara o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentabel.

No caso de que todo o monte veciñal estivese nesta zona de Rede Natura ou o monte veciñal estivese en zona de alta montana ou zona despoboadas, as medidas compensatorias, serian pagos directos. No primeiro dos casos para que a comunidade de montes respectiva poídese adquirir terras o millorar a calidade de vida mediante a execución de obras de carácter social e comunitario .No segundo dos casos para fixar populación no medio.

2-Para a segunda das situacións deberíase elaborar un catálogo de como se deberían levar adiante os traballos silvicolas e as cortas e sacas de madeira ,que non fosen lesivos para o territorio. Ademais de que todo o tipo da axudas que poideran acollerse estas comunidades de montes tivesen subvencións do 100%.

Argumentación: Se a todos e a todas asumimos que en aras do beneficio da sociedade no seu conxunto ,hai terras que teñen que ter seus usos hipotecados ,parece que todos e todas asumamos que esta terras teñan que ter un retorno compensatorio.

Sexta: Ao punto 2.7-Diagnostico  preliminar.

Esta estratexia nos  factores dinamizadores,di que as masas de frondosas contribúen entre outras cuestións a fixación do C02, para a defensa do medio ambiente .Sen embargo ,oxe en día .a compensación dos titulares das masas boscosas pola captura que fan estas do CO2, mediante a emisión de bonos de capatura e, no mellor dos casos, incompleta. Incompleta porque nesta emisión de bonos de captura do CO2, só capturan este gas nocivo ,as especies forestais plantadas logo de un lume producido dende o ano 2013 ou no que se dera un cambio de uso da terra. Ademais ,o criterio para calcular a captura do C02 das masas boscosas ,situase no medre da madeira. Nesta situación as frondosas están en inferioridade de condicións .

A estratexia  para a xestión activa das frondosas, no que foi respecto a captura do CO2 debería contemplar:

-Todas as especies arboreas plantadas de forma que foxe e mesmo as ventureiras ,capturan CO2.

-O criterio de captura do CO2 das frondosas ,non pode baserse no medre da madeira .Hai que valorar as función sociais ,medioambientais e de loita contra o lume que cumplen estas especies forestais .

-A captura de CO2 das especies arbóreas non pode rematar no momento no que se tala a mesma. Débese ter en conta o destino final da mesma.

Argumentación: A captura do C02 das masas boscosas non se debería basearse somentes en criterios economicistas. Deberianse ter en conta criterios diversos.

Septima. Ao punto 3-Obxetivos da estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas .

-Engadir un punto,no parrafago que escomenza con “Adiccionalment….” con seguinte texto: ”Medidas compensatorias para os titulares das terras.”

Argumentación: Parece lóxico que os titulares das terras teñen unha participación activa na estratexia para a xestión activa das masas de frondosas.

Octava:-Ao punto 4-Diseño estratéxico: Eixos e propostas de actuación.

-Engadir un eixo 6 co titulo “Medidas compensatorias para os titulares das terras “ con dúas Medidas: 1-Medidas compensatorias para os titulares das terrras. 2-Protocolo para levar adiante os traballos no territorio Rede Natura.

Argumentación: As mesmas expresadas para a achega quinta .

Novena -Ao punto Eixe 3. Compromisos forestais de xestión .

Neste punto , a estratexia fala de que os montes recreativos e periurbanos poidan adherirse  voluntariamente no marco da rede galega de infraestruturas verdes ,así como tamén fala de compromiso voluntario de xestión con certificación de servizos ecosistémicos.

Esta estratexía deberia complementarse :

-No primeiro dos casos,incluindo medidas compensatorias para os titulares dos montes que se inclúan dentro de esa rede de infraestruturas verdes e seguridade de que dos percances que poidan no disfrute de estas infraestruturas verdes, non recaian responsabilidades civís e penaís para os titulares do montes .Ademais de que as comunidades de montes teñen que participar nos órganos de planificación e decisións da rede de infraestruturas verdes.

-No segundo dos casos ,dado que estes certificados son dados por entidades terceiras ,esta estratexia  tería que contemplar a validación de seus criterios pola administración pública galega ,así como o prantexamento  de medidas compensatorias para os titulares dos montes.

Argumentación: A defensa do medio ambiente  e cuestión de todos e de todas .Xa que logo hai que compensar os que contribúen a defensa do medio ambiente.

 

ACHEGAS AO ANTEPROXECTO DA LEI DO CLIMA DE GALICIA.

ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM), AO ANTEPROXECTO DA LEI DO CLIMA DE GALICIA.

Primeira- Ao punto primeiro do apartado IV da Exposición de motivos.

Eliminar o texto “ co obxetivo primordial de comprometer todas as futuras políticas do Goberno de Galicia  sexa cal sexa a súa cor política.”

Argumentación: Os procesos democráticos eleitorais conforman os parlamentos que son a representación de unha sociedade concreta. Cada grupo político representan sensibilidades parciais da sociedade. Sensibilidades que son diversas e as veces contraditorias. Non semella moi democrático que un goberno de unha cor política impoña a súa política nunha cuestión a futuros gobernos de outras cores políticas.

Segunda: Ao artigo 1-Obxeto.

-No punto b sustituir a palabra prioridade  polas palabras un eixo ou un  pilar

Argumentación; A palabra prioridade e demasiado drástica. Semella mais unha cuestión personal de que escribe o texto que unha cuestión politica. Eixo ou pilar son termos mais abertos a contemplar diversas prioridades.

-Engadir un punto d co seguinte texto: ”Medidas compensatorias para aqueles titulares das terras e entidades que contribúen a loita contra o cambio climático”.

Argumentación: Parece lóxico que unha lei do clima de Galicia defina como un dos seus obxetivos a definición das medidas compensatorias para quen contribúan a loita contra o cambio climático .

-Engadir un punto e co seguinte texto: Difundir  a importancia da xestión comunitaria dos recursos da terra .

Argumentación: Ao longo dos séculos, esta xestión comunitaria (montes veciñais, traídas de augas) permitíu que contemos cos espazos  naturais que hoxe existen.

Terceira: Ao artigo 2-Finalidades.

Sustituir o texto do punto o polo seguinte texto: Impulsar a gobernanza democrática climática  e participada polas organizacións ou asociacións existentes no territorio”.

Argumentación: Falar de gobernanza, sen indicar que esta ten que ser democrática e participativa, non e falar de democracia. E falar de  imposición.

-Engadir unha letra g ao punto 1 co seguinte texto: Implementación de medidas para a recollida de augas pluviais para uso domestico e industrial e axudas directas as traídas de augas para evitar fugas e unha mellor xestión das masas de augas.

Argumentación: E a forma de protexer este recurso mais importante e tan escaso no planeta.

Cuarta: Ao artigo 3-Principios reitores.

-Engadir no punto 1, unha letra  g co seguinte texto:Medidas compensatorias para os titulares das terras que contribúan a loita contra o cambio climático”

Argumentación: Se falamos de principios reitores, parece lóxico que para loitar contra o cambio climático, as medidas compensatorias para os que contribúen a loita contra o cambio climático, sexa un dos principios reitores.

-Engadir na letra a, do punto 2 o seguinte texto: diferenciando os entes que contaminan (empresas) e aqueles outros que contribúen a loita contra o cambio climático (titulares das masas boscosas).

Argumentación: Dado que estamos a falar de responsabilidade climática, é decir, de loita contra a contaminación atmosférica, parece claro que se debe de disinguir en quen  contamina  e quen contribúen a non contaminación .

Quinta: Ao artigo 5-Da ambición da neutralidade climática

Engadir un punto  3 co seguinte texto: Neste camiño e para o aproveitamento das enerxías renovabeis, permitir que as comunidades de montes  funcionen como comunidades enerxéticas locais.

Argumentación: As comunidades de montes veciñais en man común son en esencia persoas que xestionan un territorio e que ademais o xestionan de xeito democrático e asembleario. Permitir que as comunidades de montes veciñais en man común poidan actuar como comunidades enerxéticas locais no aproveitamento das enerxías renovabeís seria un paso importante na loita contra o cambio climático.

Sexta:Ao artigo 8-Suxeitos da acción climática .

Engadir unha letra k co seguinte texto: Comunidades de montes veciñais en man común e traídas de augas veciñais.

Argumentación: Que nunha lei do clima de Galicia, que ademais ten como obxetivo a loita contra o cambio climático non figuren as comunidades de montes veciñais en man común que son sociedade civil organizada e titulares de masas boscosas, somentes se pode entender se quen redactaron este anteproxecto dan por feito que as comunidades de montes non existen ou van deixar de existir.

Que unha lei do clima de Galiza non  contemple especificamente as traídas de augas veciñais, que é unha xestión comunitaria das augas e que ademais garante  unha auga de calidade, respectuosa co medio ambiente e descoñocer o territorio galego.

Septima: Ao artigo 23-O consello galego do clima.

Sustituir o texto do 4 polo seguinte paso: Na súa composición  estarán representadas  as organizacións, asociacións e entidades relacionadas co clima, especialmente as comunidades de montes e as traídas veciñais de augas.

Argumentación:  Non semella moi democrático, máis ben semella ser da filosofía política do nepotismo ilustrado, o priorizar unha das partes que deberían  formar parte de ese consello galego do clima. O se nomean todas de xeito concreto ou se nomean de xeito xeralista.

Oitava -Ao artigo 25-Alianza  galega polo clima.

-No punto  1 engadir o seguinte texto : e as organización representativas dos titulares das terras, espeficamente as comunidades de montes .

Argumentación: Non e de recibo que nunha alianza polo clima non estén representados os titulares das terras que son onde se aplicaran as políticas medioambientais  acordadas.

-No punto 2 engadir unha letra i co seguinte texto:Medidas compensatorias para os titulares das terras que contribúen a loita contra o cambio climático.

Argumentación: Se unha parte da sociedade contribúe para o benestar de toda a sociedade,  parece lóxico que toda a sociedade  compense a esa parte da sociedade.

-No punto  3  engadir unha letra g  co seguinte texto: Comunidades de montes veciñais en man común .

Argumentación.:En Galiza hai sobor 3000 comunidades de montes, compostas por máis de 150.000 veciños/as comuneiros/as e ocupan  ¼ do territorio galego (perto das 700.000 has). Que non aparezan como tales na lei do clima de Galiza non se pode comprender.

Novena -Ao artigo 44-Do rexistro da pegada de carbono.

-Engadir no punto 2 o seguinte texto: Este Rexistro entenderá que todas as especies forestais, independentemente de como foran plantadas e mesmo o rexenerado natural, capturan CO2, como tamén o fan a vexetación do solo. Ademais o criterio de capacidade de captura de CO2  no pode ser somentes basearse no medre da madeira, debéndose incluir cuestións como as funcións sociais ou medioambientais que cumplen algunhas especies forestais. O Rexistro Galego de pegada de carbono debe contemplar tamén que a captura do C02 das masas forestais non remata cando se tala, senón dependendo do seu destino final .

Argumentación: O Rexistro Galego da pegada de carbono non pode basearse na filosofía de “que pague pode seguir contaminando”, pola filosofía de “non contaminar”.

-No punto 3 engadir unha letra e co seguinte texto: Para a licitación da obra ou de servizo público en Galiza, as empresas que opten os mesmos terán que cando menos  o 50% da compensación  da emisión de gases de efecto invernadoiro de sumidoiros galegos.

Argumentación: É a mellor forma para cumplir o punto 6 do artigo 43-Descarbonización da economía deste anteproxecto de lei.

 

 

 

 

 

     

ACHEGAS AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE XESTIÓN FORESTAL CONXUNTA.

ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM) AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE XESTIÓN FORESTAL CONXUNTA.

UNICA ACHEGA:-AO ARTIGO 7.REQUISITOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES ASOCIADAS.

Engadir un punto a este artigo co seguinte texto:

As comunidades de montes veciñais en man común non poderán formar parte das entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta.

Argumentacións da achega.

1-As comunidades de montes veciñais en man  común xa son en si mesmo unha agrupación de xestión conxunta.

2-Como é lóxico, o punto f do artigo 9 di que a condición de persoa ou entidade socia ,perderase por incumplir a obriga de aceptar o réxime de obras e melloras nas parcelas  cuxo uso forestal  teña atribuída a Asociación. Por outra banda, as obras e as melloras que teñen que facer as comunidades de montes nos seus montes veciñais  son as contempladas no seu plano de ordenación, que, ademais, son de obrigado cumplimento. Polo tanto o acordado pola Asociación pode solapar o ditado no plano de ordenación do monte veciñal. Isto levaría a un incumplimento do mesmo e xa que logo a que as comunidade de montes se expoñan  as correspondentes sancións.

3-Como tamén e lóxico, todas as persoas e entidades membros da Asociación teñen os mesmos dereitos ( artigo 11 -Dereitos e deberes das persoas e das entidades). Agora ben, non parece moi lóxico que se equipare un voto individual co voto do representante da comunidade de montes nos órganos da Asociación cando este representa a un número plural de veciños/as comuneiros/as. E, ademais, deberíase ter en conta que o representante da comunidade de montes non pode tomar as decisións libremente, ten que levar adiante o acordado na asemblea xeral da súa comunidade de montes. Isto siñificaría que antes da celebración das reunións dos órganos de goberno da Asociación ,terían que realizarse as asembleas das comunidades de montes membros da Asociación,  o que entorpecería a boa marcha da Asociación.

4-Como tamén e lóxico, o artigo 12-Obrigas dos socios e entidades, di que unha de estas obrigas e o cumplimento dos acordos dos órganos de goberno da Asociación. Pero a lexislación referente os montes veciñais indica que os acordos a levar nos seu monte veciñal teñen que ser tomados na asemblea xeral da comunidades de montes. Esta realidade traería como consecuencia unha chea de contradicións e xa que logo, conflitos  que o único que faría sería entorpecer a marcha da Asociación.

5-O artigo 38. Réxime das obras, melloras e  servidumes. di que para levar adiante estas cuestións. A asociación deberá contar con un instrumento de ordenación forestal ou de xestión forestal. E tamén di que as persoas e as entidades socias non poden opoñerse ao contido de este instrumento de xestión. Por outra banda hai que ter en conta que os montes veciñais, por lei , están obrigados a contar con un instrumento de xestión que ademaís, e de obrigado cumplimento. Fica claro que a participación das comunidades de montes nas entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta, xeraría un niño de contradicións e incumplimentos que non sería bo , nin para as comunidades de montes ,nin para a Asociación.

ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM) ,AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE REPRESENTACIÓN PARA A PLANIFICACIÓN OU COMERCIALIZACIÓN CONXUNTA .

ACHEGA ÚNICA AO ARTIGO 7-REQUISITOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES ASOCIADAS.

Engadir un punto  a este artigo co seguinte texto:

As comunidades de montes veciñais en man común non poderán formar parte das Entidades sen ánimo de lucro de planificación ou comercialización conxunta.

Argumentacións da achega.

As mesmas que as expostas para a anterior achega .

 

Achegas ao borrador do libro blanco para unha nova regulación dos montes veciñais

A Consellaría do Medio Rural ven de facer público o borrador do libro blanco para unha nova regulación dos montes veciñais. O prazo para a presentación de achegas remata o dia 8 de Stembro de 2023.

Para defender os montes veciñais sería moi convinte que cada comunidade de montes presentase achegas a este borrador ou, no seu defecto, recoller e rexistrar as achegas que elaborara a xunta  reitora da ORGACCMM e que colgará nesta páxina unha semana antes de rematar o prazo de presentación.

LIBRO BRANCO SOBRE A REFORMA DA REGULACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN (MVMC) DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

O enderezo para  a presentación das achegas: conselloforestalgalicia@xunta.gal

Rexeitamento ao anteproxecto de lei de promoción de beneficios sociais e económicos

A Organización Galega de Comunidades  de montes veciñais en man común (ORGACCMM) acaba de presentar unha achega ao anteproxecto de lei de promoción de beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilicen recursos naturais de Galiza. Nesta achega solicita o rexeitamento do anteproxecto e a devolución do mesmo a C onsellaría correspondente.

As argumentacións para tal rexeitamento son:

1)- Entende que os proxectos a instalar no rural galego van eliminar os servizos ecosistémicos que prestan estes territorios, ao servizo de toda a sociedade. E no canto de priorizar estes servizos ecosistémicos, prioriza o proxecto a instalar e sabedor que eliminará servizos, prantexa compensacións non definidas nin concretas.

2)— Despreza a existencia  das traídas de augas veciñais, que e o xeito tradicional de prover de este servizo as populación do medio rural  e que ademais son garantía de unha auga de calidade e respectuosa co medio ambiente. E mesmamente, no caso  das renovacións da concesións, priman os intereses dos proxectos a instalar por riba non só das traídas de augas veciñais ,senón tamén dos acuíferos para uso domestico e agrogandeiro.

3)- A Consellaría do Medio Rural vai participar en sociedades mercantís privadas  para acadar os obxetivos  marcados por este anteproxecto de lei. Vaise a convertir no avalista para a entrada da explotación capitalista nun territorio galego onde predomina a explotación agraria familiar  e o aproveitamento comunitario a través das comunidades de montes.

4)- Prantexa que as comunidades de montes poidan formar parte dunhas entidades mercantís chamadas sociedades participadas, a sabendas que a día de hoxe, dado o carácter xermánico dos montes veciñais, esta participación e imposibel. Este anteproxecto de lei  é adiantar o intento da Consellería do Medio Rural de convertir os montes veciñais en titularidades totalmente privadas eliminando o seu carácter xermánico e dotando de personalidade xurídica as comunidades de montes para que poidan entrar o capital nestas figuras de xestión comunitaria.

5)- Crea unha nova tipoloxía de lume: o lume de incidencia singular. Cando un lume e así declarado, a comunidade de montes que padeceu o lume perde toda a capacidade de decidir como por en valor o seu monte veciñal e mesmo a de opìnar como debería ser esta posta en valor. Xa que logo, este anteproxecto de lei o que realmente fai e expropiarlle a xestión á veciñanza comuneira, daqueles montes veciñais que tiveran a desgracia de padecer un lume e que esta seña cualificado como de incidencia singular.

6)- Se ben o anteproxecto desta lei fai unha aposta polo desenvolvemento da enerxías renovabeis, non contempla que as comunidades de montes veciñais poidan actuar como comunidades enerxéticas locais para o desenvolvemento das enerxías renovabeis. Deste xeito estase impedindo que o desenvolvemento das enerxías renovabeis  favoreza ás poblacións .

7)- Na captura do C02, que levan adiante as masas arbores,somentes contempla a comercialización para que as empresas que contaminen poidan seguir contaminando. Debería contemplar tamén que a Administración Pública Galega levase adiante un estudo para cuantificar o valor de esta captura do CO2. E unha vez feita esta cuantificación, buscar formulas compensatorio de retorno os titulares dos montes e a poboación do medio rural.

ACHEGAS AO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROMOCIÓN DOS BENEFICIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DOS PROXECTOS QUE UTILIZAN RECURSOS NATURAIS DE GALICIA

ACHEGAS AO ANTEPROXECTO DE LEI DE PROMOCIÓN DOS
BENEFICIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DOS PROXECTOS QUE UTILIZAN
RECURSOS NATURAIS DE GALICIA 

UNICA:

Retirada de este anteproxecto de lei e devolución a concellería
correspondente en base as seguintes.

ARGUMENTACIONS:

1)-O artigo 11 de este anteproxecto fala dos efectos sobre os servizos
ecosistémicos. É decir, recoñece que as instalacións industriais a situar no
territorio van ter efectos negativos sobre os servizos ecosistémicos que prestan territorio. E xa que logo, dándolle prioridade absoluta aos proxectos
industriais, prantexa certas compensacións polos efectos negativos sobre os
servizos ecosistémicos.

Entendese por servizos ecosistémicos os que presta un ecosistema á
sociedade e que melloran a saúde, a economía e a calidade de vida das
persoas. Son servizos que actúan en beneficio de toda a sociedade. Parecería
lóxico que na cuestión dos servizos ecosistémicos o que deberían facer as
distintas consellerías competentes na materia seria cuantificar o valor
económico que prestan á sociedade os servizos ecosistémicos que se xeran
nos territorios. E con estes datos compensar aos titulares de esas terras que
xeran estes servizos ecosistémicos para beneficio da sociedade no seu
conxunto.

2)-No capitulo I do Titulo Segundo, este anteproxecto de lei fala de a
participación en sociedades que teñan obxetivos compatibeis cos previstos
nesta lei. Así, prantexase a participación da Xunta de Galicia en sociedades
mercantís privadas. A Xunta de Galicia vaise converter no avalista da entrada
da explotación capitalista nun territorio no que predomina a explotación familiar agraria e a posta en valor dos recursos de xeito comunitario a traveso das comunidades de montes veciñais en man común. Deste xeito ,a destrución
dos servizos ecosistémicos será un feito. Este anteproxecto de lei di que as comunidades de montes poidan formar parte das chamadas sociedades participadas, se ben tapan as comunidades de montes co eufemismo “comunidades locais”. No rural galego estas comunidades locais teñen nome :son as comunidades de montes .

A dia de hoxe, dado o carácter xermánico dos montes veciñais, as
comunidades de montes non teñen personalidade xurídica polo que lnon
poderían formar parte das chamadas sociedades participadas, a non ser que
os redactores/as deste anteproxecto xa teñan información fehacente que a
modificación da lei de montes veciñais que pretende a Consellería do Medio
Rural : Eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais en man común e
dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica para convertilas
en meras sociedades mercantís.

Polo tanto, este anteproxecto de lei avala a eliminación dos montes
veciñais en man común como titularidades de carácter xermánico para
convertilas en titularidades privadas. Este anteproxecto de lei debería deixar
claro que as comunidades de montes non poderían participar nas sociedades
participadas.

3)-No artigo 46- O fondo de recuperación do territorio afectado por incendios
forestais de singular incidencia crease unha novo tipo do incendios, ”os
incendios de singular incidencia” . En base a este novo tipo de lumes, crease un fondo para a recuperación das terras queimadas, permitindo a entrada de
aportacións do sector privado. É decir, que permite a entrada de capital nunhas terras que están xestionadas democraticamente pola veciñanza comuneira.

Nos incendios que a Consellería defina como de singular incidencia  as
accións de recuperación a levar adiante serán de exclusiva competencia da
Consellería do Medio Rural, Osexa, usúrpalle directamente as comunidades de
montes a xestión dos seus montes veciñais. Máis, non somentes usurparlle a xestión dos montes veciñais a veciñanza comuneira, Mesmo impídelle que esta manifesten a súa opinión en como restaurar as súas terras queimadas.

No artigo 49 de este anteproxecto de leicrease a chamada comisión de seguimento do fondo de recuperación do territorio afectado por un incendio forestal de incidencia singular .Esta comisión está conformada pola Consellería do Medio Rura , polo sector privado que fixera achegas económicas a este fondo e asociacións forestais . As comunidades de montes ,titulares das terras, que lamentabelmente padeceron un lume, non están representadas nesta comisión. Non semella moi democrático.

4)-No artigo 54 refirese a xestión das enerxías renovabeis destinadas ao
autoconsumo nas areas empresariais. Se os redactores/as deste
anteproxecto créeran de verdade  que o desenvolvemento das enerxías
renovabeis favorecería a loita contra o cambio climático e abarataría os custes
enerxéticos para as poboacións non o centraría somentes como un negocio
empresarial, senón que tamén prantexaría que as comunidades de montes
poidesen actuar como comunidades enerxéticas locais para o desenvolvemento das enerxías renovabeis.

Imaxinemos que somentes un 10% das comunidades de montes que
existen en Galicia acordasen actuar como comunidades enerxéticas
locais. Pois siñificaría que, nun curto período de tempo ,constituirianse en
Galicia 300 comunidades enerxéticas locais. O desenvolvemento das enerxías
renovabeis en Galicia, sería considerabel .

5)-No artigo 57 este anteproxecto prantexa a creación de un sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia .Mais faino seguindo
mimeticamente o xa existente no Ministerio de Transición Ecológica y Reto
Demográfico do goberno central. E xa que logo, mantendo criterios errados
para o territorio galego como son : que so capturan CO2 as masas plantadas
logo de un lume ou nun cambio de uso da terra e que o calculo de esta captura
so está baseado no medre da madeira.

Este anteproxecto debería contemplar que todas as masas boscosas
capturan C02 de calqueira forma que sexan plantadas .Que tamén capturan
C02 a vexetación do chán .Ao mesmo tempo ,tamén debería contemplar que o
calculo da captura do C02 non pode basearse somentes no medre da madeira
senón que tamén contemplar cuestións medioambientais e socias ..Así como
ter en conta o destino final da madeira ,xa que non pode ser o mesmo que esta
teña como destino a queima como que teña como destino a transformación enmobles, na que sigue capturando C02.

Mesmo admitindo que unha parte da captura do CO2 que levan adiante as
masas boscosas se “negocie” mediante a comercialización ,este anteproxecto debería contemplar a obriga da administración galega de cuantificar
economicamente a captura do C02 que levan adiante as masas boscosas do
territorio galego. E unha vez feita esta cuantificación, buscar formas
compensatorias de retorno os titulares dos montes e a poboación do medio
rural  Sería,  ademais de feito de xustiza, unha forma de fixar populación no
medio rural.

Denuncian que a Consellería do Medio Rural pretende criminalizar á sociedade polos lumes forestais

  •  A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería do Medio Rural sostén no seu anteproxecto da lei de loita integral contra os incendios forestais, que as Comunidades de Montes podan ser sancionadas cando se produza un lume nas súas terras, aínda que o lume sexa provocado por terceiros. 
  • A ORGACCMM sinala que ademais en dito anteproxeto se contempla a prohibición de emitir opinións acerca da problemática dos lumes, impoñendo sancións para aquelas persoas que se atrevan sinxelamente a exercitar  o dereito da liberdade de expresión.

A Consellería do Medio Rural ten en período de consulta pública ao anteproxecto da lei de loita integral contra os incendios forestais.  Segundo poido comprobar a Organización Galega de Comunidades de Montes, neste anteproxecto a Consellería do Medio Rural entende que os lumes no territorio galego son un problema somentes de orde público ao que se deben aplicar solucións unicamente policiais.

Sinalan que no anteproxecto non se recoñoce que a problemática dos lumes do territorio teñen causas estruturais como omonocultivo forestal con especies de crecemento  rápido, a desordenación das masas boscosas ou o abandono do rural  despoboación, entre outras. O documento presentado pola Consellería do Medio Rural non precolle a necesidade de camiñar cara a unha política de montes  que posibilite un monte veciñal multifuncional e sustentabel, que e a ferramenta máis eficaz contra os lumes, como está de sobra demostrado.

Pola contra, denuncian, que neste anteproxecto de lei de loita integral contra os lumes forestais, a Consellería do Medio Rural pretende impedir que os titulares dos montes veciñais sexan os protagonistas da posta en valor das súas terras. Pretenden lexislar para sacarlles os seus dereitos, cargalos de obrigacións, e mesmo culpaloos  e sancionalos cando se produza un lume nas súas terras, aínda que a culpabilidade do orixe do lume sexa de terceiros.

A Consellería do Medio Rural intenta que a lei que se derivará do anteproxecto de loita integral contra os lumes forestais se leve adiante impoñendo o silencio. Así ,contempla a creación dun Consello Consultivo conformado por 19 persoas, das cales 15 son representantes de diversas administracións e so 4 persoas representando aos titulares dos montes e ás organizacións relacionadas co medio rural.

Ademais de todo isto , alertan desde a ORGACCMM que para a Consellería este silencio non e suficiente, xa que tamén prentende a prohibición de emitir opinións acerca da problemática dos lumes , contemplando incluso sancións para aquelas persoas que se atrevan sinxelamente a exercitar  o dereito universal da liberdade de opinión e expresión.

A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común ven de presentar achegas ao anteproxecto de lei de loita integral contra os lumes. As liñas fundamentais de estas achegas son:

  • Deseñar unha política de montes inxertada nunha ordenación do territorio e nunha ordenación do uso das terras. Na que se valore os servizos ecosistémicos que prestan os montes veciñais en beneficio de toda a sociedade.
  • Entender que a loita máis eficaz contra os lumes do territorio e o acadar un monte multifuncional e sustentabel. Neste camiño e necesaria a  apertura de unha liña de axudas para as comunidades de montes que permitan a valoración integral do monte e a aposta pola súa multifuncionalidade .
  • Informar aos titulares nos que as súas terras padeceron un lume do dispositivo empregado na loita contra o lume. Así como a participación das comunidades de montes en todos os órganos consultivos e de planificación da loita contra os lumes, dende o Consello Forestal de Galiza ate os consellos forestais de distrito.
  • Eliminar do texto do anteproxecto de lei  de loita integral contra os lumes todos os artigos que contemplen prantexamentos autoritarios e de libre interpretación pola Consellaría do Medio Rural.