AXUDAS  PARA A PREVENCION E LOITA CONTRA OS LUMES FORESTAIS.

-No Diario Oficial de Galicia do dia martes 19 de Decembro de 2017, saeu publicada a orde para que as comunidades de montes veciñais poidan solicitar axudas para a prevención e loita contra os lumes forestais. O prazo de  presentación das mesmas remata o dia 20 de xaneiro dd 2018. E teñen que ser presentadas obrigatoriamente por via electrónica .

-Hai duas liñas de axudas : Control selectivo do combustibel e construción de puntos de auga .A superficie mínima para poder solicitar as axudas e de 100has. Hai posibilidades de facer os traballos, que somentes poden ser  mecanicados, por medios propios .

-As actuacions que se poden facer son:

+Control selectivo en areas de cortalumes, faixas auxiliares de pistas, desbroce en  rexenerado natural. A subvención e do 100% .

+Construción de puntos da agua .Esta actividade tamén será subvencionada ao 100% .

Contra a depredación

A ORGACCMM apoio este domingo a convocatoria da manifestación nacional en Compostela. a destrucción do monte é tamén depredación, o ataque á propiedade comunitaria é tamén depredación, Por unha nova política forestal, Lumes Nunca Máis.

LUMES NUNCA MAIS

CONCENTRACIÓNS URXENTES CONVOCADAS  BAIXO O LEMA NUNCA MAIS
Ante a gravidade do acontecido como consecuencia dos lumes sufridos esta fin de semana, a Mancomunidade de Montes do Val Miñor convoca, en réxime de auto convocatoria, unha concentración para hoxe, luns 16 de outubro, ás 20:00 horas no Paseo da Ramallosa, no concello de Nigrán. Faise un chamamento á participación de toda a veciñanza dos tres concellos do Val Miñor.
Así mesmo a ORGACCMM amosa o seu apoio e solidariedade aos familiares das persoas falecidas nos lumes, agradece a toda a veciñanza a entrega e solidariedade nos labores voluntarias contraincendios, así como a tod@s @s profesionais pois sabemos que dan todo o que poden e máis.
Por tanto compartimos e convocámosvos a participar nas mobilizacións.

VII XORNADAS DE MONTES E MEDIO AMBIENTE

A  Mancomunidade de Montes Comunais en Man Común do Val Miñor, organiza este vindeiro sánado a VII XORNADAS DE MONTES E MEDIO AMBIENTE en Gondomar.

Consideramos que os temas tratados son de interese xeral polo que agradecemos a difusión dos contidos para convidar á veciñanza a participar nas mesmas, que terán lugar o sánado 29, a partir das 18:00 h no centro Neural de Gondomar.

Compromiso por un medio rural vivo

Trece entidades que desenvolven as súas actividades no medio rural asinan un manifesto de compromiso por un medio rural vivo. Este documento foi enviado xa a todas as organizacións políticas que participan nas eleccións galegas.

Adega, Amigos da Terra, APDR, Apropiga, CIG, Comité en Defensa do Monte Galego, FEG, Fruga , ORGACCMM, Ovica, SLG, Sos Coello de Monte e Unitega fan fronte común en defensa dun rural con futuro.

O manifesto apela á modificación da Lei de Montes co fin de que se recoñeza a titularidade comunitaria; para dotar a administración pública galega dun órgano específico para atender as necesidades da propiedade comunal; para condonar falsas e inxustas débedas dos montes veciñais conveniados ou consorciados; para que o reinvestimento obrigado na mellora dos montes veciñais sexa segundo os planos de ordenación e atendendo ás características do monte e da veciñanza comuneira e para que a Administración competente en materia de montes asuma o compromiso de realizar os deslindes dos montes veciñais.

Manifesto

Nova de prensa Sermos Galiza

Artigo de opinión de Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGACCMM

 

 

 

O COMÚN DOS VECIÑOS

Xa está na rúa O COMÚN DOS VECIÑOS, Voceiro da veciñanza comuneira da Organziación Galega de Montes Comunais en Man Común / Nº 13, Setembro 2016.

Neste momento dispoñible en formato dixital e moi pronto recibiredes a revista en formato papel. Podedes descargala aquí: abrir enlace

Revista pdfOCOMUN-V8_FEITO_EUBALAENA

Escoliña De Vilar

Comunieir@s de Neguera de Muñíz estiveron na Asemblea da ORGACCMM, na Pobra do Caramiñal, expoñendo o seu proxecto de vida rural, consistente no arranxo da escola de Vilar para destinala a centro escolar e lugar de encontro. Neste sentido puxeron en marcha un proxecto de mecenazgo para poder cubrir economicamente os custes.

Na páxina goteo.org podes atopar toda a infromación dispoñible para facer a túa aportación.negueua

Ordes de subvencións Xunta de Galicia

Subvencions para formento da silvicultura.
Os traballos que se poden solicitar nesta liña de axudas son: rareos, desbroces previas a podas e podas en masas de conniferas e de frondosas .A cuantia da subvención e do 100%.A superficie mínima a solicitar e de 3 has en coto redondo para montes veciñais de menos de 50 has e de 5 has en coto redondo para montes veciñais de masi de 50 has .En todos os casos , a superficie máxima a solictar e de 50 has .
Se a superfice a solicitar e de menos de 10 has , non se precisa proxecto tecnio ; se e maior hai que presentar o proxecto tecnico cando veña aprobada a solicitude .O prazo de presentación de solicitudes remato o 29 de Xaneiro de 2016.
Subvencions para primeira forestación en terras non agricolas e creación de superficies forestais .
Os traballos que se poden solicitar nesta liña de axudas e para a primeira forestación con connifereas ou frondosas .Non se poden solicitar naqueles montes veciñais que existira tradicionalmente arborado ou que teñan fración de cabida cuberta en mais do 20%..Para montes de menos de 50 has a superfice mínima a pedir e de 5 has e para montes superio-
res a 50 has e de 10 has .En ambolos dous casos a superficie máxima a pedir e de 40 has .
A sollicitude as subvencion esixe a presentación de un proxecto tecnico , a subvención é do 100% e o prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de Xaneiro de 2016.
 
Subvencions para a prevención de danos causados por incendios ou catrastofes naturais.
Os traballos que se poden solicitar nesta liña de axudas son para o control selectivo de combustibel e para a construción de puntos de auga.
No primeiro dos casos podense solicitar axudas para :desbroce de areas de cortalumes ,eliminación de mato nas faixas auxilliares ,desbroce en rexenerado natural e desbroce de penetración ,rareo e eliminación de restos.
No segundo dos casos e para construcions de puntos de auga .
A superficie mínima do monte veciñal para poder pedir as solicitudes e de 100 has , permitindo pedilas as mancomunidades de montes ou a agrupación de comunidades de montes de un propio concello ou de concellos limítrofes .
As superficies mínimas a solicitar e de 5 has e a máxima , para montes agrupacions de montes o mancomunidades e de 30has se non pasan de 1000 has ou de 40 se pasan .A subvencion e do 100% e remata o plazo de
presentación o 29 de Xaneiro de 2016

Vespa do castiñeiro: detección e prevención

A vespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) é unha especie de insecto teliotoca, é dicir, que produce só femias por partenoxénese obrigada (con capacidade do óvulo de desenvolverse sen ter sido fecundado pelo gameto masculino). é por iso que só se coñecen femias nas súas poboacións (os machpragacast3os nunca se detectaron). A femia mide 2-2,5 mm e presenta cabeza, tórax e abdome negro, mentres as patas son de cor avermellada-marrón a excepción do último artello tarsal, que é marrón escuro. As antenas son filiformes e están formadas por 14 antenómeros dos cales os 3 primeiros son ocráceos e os restantes marróns que se van escurecendo progresivamente cara ao ápice. As ás anteriores presentan unha veación reducida na que só destacan a vena subcostal e a radial. O abdome é redondeado e está provisto dun ovipositor filiforme por medio do cal a femia introduce os ovos nas xemas.

Os ovos son ovais, de cor branca-cremosa, miden 0,1-0,2 mm de lonxitude e teñen un longo pedúnculo. A larva é do mesma cor, carece de ollos e patas e mide 2,5 mm de lonxitude no seu máximo desenvolvemento. A pupa é de cor marrón escuro ou negro.

Ppresenta un ciclo univoltino. As femias fan a posta en grupos de 3 a 5 ovos no interior das xemas. Cada femia pode poñer máis de 100 ovos ao longo dos seus 10 días de vida. Debido a que varias femias poden poñer na mesma xema, unha soa destas pode albergar ata 25 ovos. A eclosión prodúcese nuns 40 días e o desenvolvemento da larva de primeiro estadío é extremadamente lento, cubrindo o outono e o inverno. Na primavera, antes do inicio da actividade vexetativa do castiñeiro, prodúcese a formación de agallas en 7-14 días. As larvas aliméntanse durante 20-30 días antes de pupar.

Dependendo da localidade (altitude, exposición) e do cultivar de castiñeiro, a pupación sucede entre mediados de maio e mediados de xullo e os adultos emergen entre o final de maio e o final de xullo.

Como consecuencia do seu ataque fórmanse as características agallas. Son de cor verde a avermellado, e poden aparecer en xemas, follas e amentos masculinos. O número por planta é moi variable, o cal débese, por unha banda, á diferente sensibilidade da árbore que foi observada nos diferentes cultivares euro-xaponeses e, por outro, ao momento máis ou menos recente de chegada do parasito á zona.

O díptico que distribúe a Xunta pode ser descargado aquí: 1 e 2

Máis información.