Súmate á ILP en defensa do monte comunal

  • As comunidades de montes piden o apoio da cidadanía galega para acadar unha lei que protexa os montes comunais galegos do expolio da industria madeireira. 
  • Poden asinar en apoio da ILP  todas as persoas que teñen dereito a votar en calqueira das elección que se celebran na Galiza.

ONDE SE PODE ASINAR:

  • Baixomiño (Violeta 678140986)
  • Val Miñor (Latino 636054910)
  • Vigo(Gregorio 675574344)
  • Morrazo (Manolo 670355673)
  • Pontevedra e comarca (Ivan 665230867)
  • O Salnés (Roberto 661540081)
  • Vilagarcia e comarca (Ramón 680560310)
  • Barbanza (Geni 654468794)

A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras…) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais.

A Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.

Tamén buscan que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma.

A Organización Galega de Comunidades de Montes quere un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.

ONDE SE PODE ASINAR:

  • Baixomiño (Violeta 678140986)
  • Val Miñor (Latino 636054910)
  • Vigo(Gregorio 675574344)
  • Morrazo (Manolo 670355673)
  • Pontevedra e comarca (Ivan 665230867)
  • O Salnés (Roberto 661540081)
  • Vilagarcia e comarca (Ramón 680560310)
  • Barbanza (Geni 654468794)

En marcha a recollida de sinaturas por unha lei que protexa o monte comunal

  • As comunidades de montes galegas integradas na Organización Galega de Comunidades de Montes comenzaron a recabar sinaturas para avalar a ILP rexistrada no Parlamento galego por esta organización. 
  • As comunidades de montes piden o apoio da cidadania para acadar unha lei que protexa os montes comunais galegos do expolio da industria madeireira. 
  • Poderan asinar en apoio da ILP  todas as persoas que teñen dereito a votar en calqueira das elección que se celebran na Galiza.

A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras…) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais.

A Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.

Tamén buscan que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma.

A Organización Galega de Comunidades de Montes quere un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.

A Consellería de Medio Rural pretende ilegalizar a Organización galega de comunidades de montes

    • A Organización galega de comunidades de montes (ORGACCMM) denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende ilegalizar a súa organización e desarticular así a oposición ao plan do Partido Popular para entregar o monte comunal ás empresas madereiras.
    • Desde a ORGACCMM apuntan a unha represalia da Consellería polas reiteradas denuncias da súa organización ante as últimas reformas lexilativas levadas a cabo pola Xunta para permitir a confiscación e privatización do monte comunal.

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) constitúese, fai 23 anos no 1999, pola vontade de distintas comunidades de montes espalladas por Galicia de organizarse en crave de país. Dende aquela ate a actualidade sumáronse moitas comunidades a esta organización conformandoa como a principal voceira das comunidades de montes veciñais e en man común de Galicia.

Desde o inicio da súa singladura, a ORGACCMM sempre actuou tendo como principal obxetivo a protección dos montes veciñais e a defensa dos intereses da veciñanza comuneira contra os intereses capitalistas, especulativos e urbanísticos que pretenden apropiarse e explotar os montes veciñais os e as lexítimos/as titulares dos mesmos.

Recalcan que desde o mesmo momento da súa constitución a ORGACCMM cumpliu todas as normas esixidas, está recoñocida por outras consellerías da Xunta de Galicia como a entidade máis representativa das comunidades de montes e participa en distintos órganos consultivos do goberno autonómico. Porén a Consellería de Medio Rural négase agora a certificar a composición da xunta directiva da ORGACCMM argüindo que non a considera unha comunidade de montes e que ademais non ten dereito de representación das comunidades de montes que a conforman.

A ORGACCMM denuncia que ista negativa a emitir dito certificado é de facto unha ilegalización da súa asociación, xa que lles impide realizar calquera trámite administrativo xusto cando teñen presentado no parlamento unha Iniciativa Lexisltiva Popular para modificar a ley de montes. O presidente da  veciñanza Organización Galega de Comunidades de Montes, Xose A. Pereira, sinala que con máis motivo a veciñanza comuneira de Galicia ten que acadar que se aprobe a ILP presentada para a elaboración de unha lei que protexa os montes veciñais e manteña a súa condición de comunal para protexelos dos intereses económicos da industria forestal e madereira.

A ORGACCMM denuncia que ista negativa a emitir o certificado é de facto unha ilegalización da súa asociación, xa que lles impide realizar calquera trámite administrativo xusto cando teñen presentado no parlamento unha Iniciativa Lexisltiva Popular para modificar a ley de montes,

O presidente da  veciñanza Organización Galega de Comunidades de Montes, Xose A. Pereira sinala que con máis motivo a veciñanza comuneira ten que acadr que se aprobe a ILP presentada para a elaboración de unha lei que protexa os montes veciñais e manteña a súa condición de comunal para protexelos dos intereses económicos da industria forestal e madereira.

O parlamento galego acorda defender os montes veciñais nas zonas de dominio marítimo terrestre.

  • A deputada do BNG, María Albert, presentou, a instancias da Organización galega de comunidades de montes, onte no Parlamento Galego unha iniciativa lexislativa para que a Xunta de Galiza demande ao Goberno estatal o inicio dos trámites precisos para proceder a reformar a lei de Costas para que os montes veciñais en man común poidan existir legalmente dentro da zona de dominio marítimo-terrestre e do deslinde de costas.

A ORGACCMM resalta a importacia do acordo acadado no Parlamento Galego e que contou co respaldo de todas as forzas políticas con representación. Para as comunidades de montes é fundamental paralizar a confiscación dos montes veciñais en man común que se estaba producindo dende as axencias territoriais do Catastro. Ditas axencias estiveron informando ás comunidades de montes que os montes veciñais en man común ubicados dentro das zonas de dominio marítimo-terrestre deixaban de ser titularidades veciñais para pasar a ser titularidade do Estado español.

Pola contra a Orgaccmm lamenta que o Parlamento galego rexeitara a solicitude de modificación do código civil para que se recoñeza a propiedade comunal e se considere legalmente en igualdade coa titularidade publica ou privada. Esta outra iniciativa lexislativa, promovida pola Orgaccmm, foi presentada tamén pola deputada do BNG, Maria Albert. Pero foi rexeitada tanto polo Partido Popular e como polo Partido Socialista de Galicia.

Non ao espolio dos montes comunais

  • Organización galega de comunidades de montes xunto coas organizacións que compoñen a plataforma Por un monte galego con futuro convocan unha concentración o mércores 24 ás 11:30h diante do Parlamento galego para rexeitar un novo intento do Partido Popular de  espoliar os montes comunais.

Na lei de acompañamento, que se vai debater no Parlamento galego o dia 24 , a Xunta de Galicia pretende aprobar dúas modificacións da Lei de montes veciñais. Dúas modificacións que supoñen un agresión importante aos dereitos da veciñanza comuneira e á protección dos montes veciñais.

Alertan que de aprobarse estas modificacións, aqueles montes veciñais onde non exista veciñaza  ou sexan declarados en estado de grave abandono pasarán a ser de titularidade dos concellos e a súa xestión e explotación a mans de empresas madeireiras.  A Consellería de Medio Rural se arroga o poder de decretar o estado de abandono  por meros retrasos ou deficiencias en cuestións administrativas.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperara xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM  e a plataforma Por un monte galego con futuro fan un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestionan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

 

Un novo intento de usurpar os montes comunais

  • A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle a veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais para entregarlla de balde a terceiros.

A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022.

Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado pra que este sexa enaxenado e entregado a unha empresa forestal para que o explote. Esta declaración de monte veciñal abandoado  pode basearse en cuestións meramente burocráticas como pode ser o non envío en tempo do listado da veciñanza comuneira.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperara xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM fai un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestinan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

Asemblea anual da ORGACCMM en Porto do Son

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes celebrou este sábado 20 na Casa da Cultura de Porto do Son a súa asemblea anual. Reunión á que acudiron representantes de comunidades de montes de todo o país.
  • Na reunión da ORGACCMM ademais de tratarse temas internos oganizativos físoxe un chamamento a todas as comunidades para organizarse contra o novo Plan Forestal aprobado polo goberno galego. Un plan que permite a enaxenación da xestión  dos montes comunais para entregarllos a intereses privados.

Outros acordos destacados acadados na asemblea foron a comisión organizativa do VII Congreso de Comunidades de Montes a celebrar dentro de dous anos e a  celebración da IV xuntanza internacional de terras comunitarias.

Tratouse tamén a problemática da continua  inavsión ilegal de vehículos motorizados nos terreo dos montes veciñais, dos danos que están a causar, e as posibles solucións paa pórlle coto a esta agresión ambiental.

O novo Plan Forestal recén aprobado pola Xunta de Galicia foi o punto do día que xenerou máis intervencións dos representantes das comunidades, quen expresaron o seu rexeitamento unánime a dito plan.  Todos os  delegados dos montes comunais coincidiron en que o Plan Forestal aprobado en solitario polo Partido Popular carece de consenso social, fai unha diagnose fictica da situación do monte galego, fomenta o monocultivo de especies invasoras, promove a forestación de terras agrarias, non atalla a problemática dos incendios forestais, agrava a situación de abandono do rural e alenta a desparación dos montes veciñais en man común.

A Organización Galega de Comunidades de Montes acordou stablecer un plan de traballo para continuar coas mobilizacións para expresar o rexeitamento a este Plan Forestal e a necesidade de redactar un novo plan que garanta un monte galego con futuro e poña a vida no rural no centro.  Dentro deste marco de actuación desenvolveuse con motivo do Día mundial da ábore a vaga de concentracións por todo o país rexeitando o Plan Forestal aprobado polo Partido Popular.

Protocolo para verteduras no monte veciñal

Vertidos realizados por terceiros sen autorización da comunidade

  • Cando se detecte unha vertedura no monte veciñal debe poñerse en coñecemento da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
  • Presentar ante ditas consellerias por escrito ou sede electrónica a denuncia polas verteduras.
  • Se a información das verteduras ven dos axentes ambientais, débese presentar achegas acreditando que a comunidade de montes non foi a autora da vertedura.
  • Se a administración autonómica incoa expediente sancionador a comunidade  debe personarse  no procedemento para esixir a retirada dos residuos con cargo a infractora.
  • Se as verteduras se suceden con frecuencia é aconsellable a colocación de carteis indicativos a prohibición de calquera vertedura no monte veciñal.

Vertidos realizados coa autorización da comunidade de montes

  • Solicitar sempre a autorización da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
  • Débese asinar un convenio coa empresa responsabel das verteduras  no que figure:
    • a persoa física ou xurídica responsable da vertedura
    • a  duración das verteduras
    • o prazo máximo para retirar a vertedura
    • a obriga de repoñer o terreo ao seu estado orixinal
    • a exención de responsabilidade para a comunidade de montes

Solicitan a adecuación do catastro á realidade dos montes veciñais

  •  A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita á  Conselleria do Medio Rural e aos grupos  parlamentarios do Parlamento galego que se inicien os traballos para adecuar o catastro á realidade dos montes veciñais galegos.
  • Na súa solicitude a ORGACCMM  propón que se conside ao monte veciñal  como  unha soa parcela catastral. Que se teñan en conta os plans de ordenación, xa que son os instrumentos fundamentais para acadar un monte multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en mán común actualmente figuran na cartografia  catastral divididos en un sin fín de recintos e parcelas como se fosen montes de propietarios particulares.  A ORGACCMM sinala que a titularidade dun monte veciñal correspondelle a unha soa comunidade de montes. Por iso, indican, carece de sentido que se traten catastralmente os montes veciñais como se fosen recintos ou parcelas de diversos propietarios.

Ademais denuncian desde a organización que a excesiva parcelación que padecen os montes veciñais en mán común débese a que a cartografía catrastral foi realizada en base a elementos non axustados a realidade dos montes veciñais. Definiron as distintas parcelas  en base a pistas forestais, camiños, carreiros, valados, resto de valados,…

Denuncian que esta inadecuada cartografía catrastral dificulta, cando non  impide, ás comunidades de montes o desenvolvemento das actividades propias. Así vese moitas veces comprometida a elaboración de planos de xestión e de ordenación, a soliciutude de subvención ou axudas , a constitución de dereitos de superficie, a formalización de contratos de permutas, licenzas para plantacions ou permisos de corta de madeira .

Sinalan que o maior despropósito sucede no caso dos permisos para a corta de madeira. Estas se realizan por cantóns definidos pola homoxenidade das masas fortais e a veces ouncantón pode chegar a ter ate dez referencias catastrais distintas.

 

Subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en  montes veciñais en man común

ORDE do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en  montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014 2020, e convócanse para o ano 2021 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

DESCARGA DOCUMENTO COMPLETO

Liñas de subvencións:

  • Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible
  • Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga

Ámbito de aplicación e persoas beneficiarias

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e ás Sofor da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do devandito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

2. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as Sofor, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Serán elegibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, fóra das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no apartado 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

4. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, ou sexa, que poderá abarcar todo o territorio de Galicia, conforme ao disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

5. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada persoa membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.