LUMES NUNCA MAIS

CONCENTRACIÓNS URXENTES CONVOCADAS  BAIXO O LEMA NUNCA MAIS
Ante a gravidade do acontecido como consecuencia dos lumes sufridos esta fin de semana, a Mancomunidade de Montes do Val Miñor convoca, en réxime de auto convocatoria, unha concentración para hoxe, luns 16 de outubro, ás 20:00 horas no Paseo da Ramallosa, no concello de Nigrán. Faise un chamamento á participación de toda a veciñanza dos tres concellos do Val Miñor.
Así mesmo a ORGACCMM amosa o seu apoio e solidariedade aos familiares das persoas falecidas nos lumes, agradece a toda a veciñanza a entrega e solidariedade nos labores voluntarias contraincendios, así como a tod@s @s profesionais pois sabemos que dan todo o que poden e máis.
Por tanto compartimos e convocámosvos a participar nas mobilizacións.