Apoio á mobilización do 3 de xuño

A Mesa Galega pola caza decidiu incluír no manifesto da mobilización a proposta da ORGACCMM de :

Os montes veciñais son titularidades da veciñanza comuneira.Non a sua privatización nen a sua incautación.
Por un monte e un medio rural vivo(multifuncional e sustentabel) .
É por iso que a ORGACCMM tomou a decisión de apoiar a mobilización do 3 de xuño (as 12 da mañan con saida da Alameda de  Compostela )  na defensa do medio rural, convocada pola Mesa Galega pola caza.

Manifestación 22 de abril en Compostela

Pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira

Contra o modelo de monte só forestalista, promovido tanto pola Dirección Xeral de Ordenación e planificación forestal, da Xunta de Galicia, como polo loby forestalista, a Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), convoca unha manifestación o dia 22 de Abril en Compostela.

Os lemas da manifestación serán:

Pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira

Por un plano forestal para un medio rural vivo

Apoiada polas organizacións Adega, Apdr, Atrifoga, Cig, Fruga e o SLG .

DESARGA:

CARTAZ

DIPTICO

LEE: ARTIGO DE XOSÉ ALFREDO PEREIRA

 

Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos invasores deberían erradicarse

Características que fan aos eucaliptos nocivos para o medio natural

O seu rápido crecemento e alta adaptabilidade a todo tipo de chans, fan que especies de eucaliptos como o E. globulus, E. nitens, E. camandulensis, E. gomphocephala, E. gunnii e E. sideroxylon, entre outras, sexan para o Comité Científico “nocivas para o medio natural dos lugares onde se cultivan”. Eis algunhas das razóns:

  • Provocan o empobrecimento das cadeas tróficas, pola dificultade da descomposición das follas, o que inibe a incorporación de materia orgánica ao solo e a mineralizacfión do nitóxeno.
  • Alteran as propiedades físico-químicas, bioquímicas e microbiolóxicas do solo, en maior medida que os lumes en bosques autóctonos de carballos; e diminúen o balanzo hídrico do chan.
  • Amosan actividade allopática, dificultando a xerminación e o crecemento doutars especies.
  • Provocan perda de biodiversidade tanto vexetal como animal, aumentando o risco de instalación doutras invasoras. Supoñen tamén unha fragmentación dos ecosistemas naturais.
  • Colonizan espazos abertos, desprazando ás colonizadoras autóctonas, sobre todo despois dos lumes, o que fai que actúen como as “malas herbas”.
  • Son difíciles de erradicar, polo que o seu control supón un alto custo para a economía.
  • Teñen un elevado risco de lumes pola acumulación de follas e a presenza de aceites inflamábeis. Por iso as zonas plantadas con eucaliptos poden entrar nun bucle de retroalimentación (o eucalipto favorece o lume e este favorece ao eucalipto sobre outras especies) que resulta difícil de rachar.
  • Favorecen a introdución de especies asociadas, insectos e fungos, que desprazan ás autóctonas.

Xa que logo, o Comité conclúe que “calquera especie ou híbrido de Eucalyptus introducida para a explotación forestal debe considerarse potencialmente perigosa para o medio natural e debe tratarse do mesmo xeito, evitando sa súa naturalización e erradicándoa no intre de detectar a súa naturalización.

Información ADEGA

Informe Comité Científico

MANIFESTACIÓN. Domingo 22 de abril ás 12,00 h en Compostela

Coas últimas modificacións da Lei de Montes Veciñáis en Man Común xunto a revisión do Plano Forestal de Galiza, o Partido Popular quere ROUBAR o monte veciñal as Comunidades de Montes. A Consellería de Medio Rural convertese en xuiz e parte para declarar un monte veciñal en estado de abandono, e intervilo por causas burocráticas  e administrativas  como non elexir a xunta rectora a tempo, incumplir algún artigo da Lei de Montes de Galiza ou da de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestáis. Con elo xustifica a entrega do monte a unha empresa privada por 50 anos sen posibilidade de recuperación nese período. Ademáis pretende DESCLASIFICAR  montes veciñais que teñan entre os seus usos o social.

O Partido Popular, quere PRIVATIZAR e DESCLASIFICAR os montes veciñáis en man común para que desapareza do Noso País ésta forma de posuir que temos os galegos e galegas. Fica claro que para éste grupo o Medio Rural non ten futuro. Polo tanto, só interesa para a implantación de aproveitamentos agresivos, que non xeran valor engadido, ou equipamentos e instalacións para as elítes (campos de golf, centros comerciáis, urbanizacións de luxo,…).

Na revisión do Plano Forestal de Galiza fica clara esa idéa cando apostan por incrementar a superficie de eucalipto, potenciar os cultivos enerxéticos, e non polas madeiras de calidade das frondosas, ou pola multifuncionalidade.

                NOS, a veciñanza comuneira, e o pobo galego en xeral, temos que parar éste ROUBO do monte veciñal e con elo a destrucción do Medio Rural. Temos a obriga de movilizarnos e acodir a MANIFESTACIÓN organizada pola ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES, apoiada por FRUGA, CIG, SLG, ADEGA, ATRIFOGA e APDR. Terá lugar o vindeiro Domingo 22 de Abril de 2018, as 12,00 horas en Santiago de Compostela, con saída dende a Estación de Renfe.

 

Iniciativa lexislativa popular

A ORGACCMM, conxuntamentes con Adega, Fruga e Cig, elaborou unha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular para a protección e mellora dos habitats de boque autoctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais .

Para que esta proposición de lei se debata no Parlamento Galego e preciso a recollida de , alo menos , 10.000 sinaturas, antes do 24 de Marzo de 2018.

 

Se queres votar unha mán nesta recollida de sinaturas,podes pedir os pregos   chamando a ORGACCMM.

Enlace ADEGA

Texto aquí

 

Axudas para accións silvicolas de prevención de danos causados polos incendios

ORDE DE AXUDAS.

No Diario Oficial de Galiza do dia 8 de Xaneiro de 2018 sae unha liña de axudas para  accions silvicolas de prevención de danos causados aos montes por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación  e do valor medioambiental dos montes.

 

As accions que se poden solicitar son:

1-Tratamentos silvicolas (desbreces ,podas , clareos  ) coa finalidade de prevención de incendios.

2-Tratamentos silvicolas(claras, podas , talas de formación ,desbroces) e plantacions puntuais de determinados arbores ,directamente vinculadas aos valores ecolóxicos dos montes que non teñan caracter productivo .

 

As cuantidas das axudas son do 100%  e o prazo de presentación das solicitudes e de 30 dias hábiles contados a partir do dia seguinte da publicación no DOGA, máis información .