A ORGACCMM ven de recibir da Asociación de Funcionarios para a normalización lingüistica de Galicia unha proposta para Perpetuar a Memoria Cultural e Lingúistica parroquial. Nesta proposta prantexan que desde as comunidades de montes se fomente que as lápidas da veciñanza comuneira falecida, e todo e que nelas se escriba, se fagan no idioma galego.
A ORGACMM considera acaída esta proposta para perpetuar a memoria cultural e lingüistica parroquial. Polo tanto, solicita que as comunidades de montes leven esta cuestión a debate as súas asembleas xerais para que se, o consideran oportuno,t omar os acordos pertinentes para efectivizala. E de este xeito contribuir a normalización do idioma galego en todos os eidos.
Aquelas comunidades de montes que nas súas asembleas xerais tomasen este acordo, para a súa total efectividade, deben conseguir dos veciños/as comuneiros/as asinen unha Declaración de Vontade Individual (podedes pedir este documento na Orgaccmm).