EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
I
Os montes veciñais en man común ocupan no territorio galego ¼ da súa superficie.Conforman unha titularidade singular de Galiza dado o seu carácter de titularidade xermánica.Están xestionados pola veciñanza comuneira entendida como grupo social e non como ente administrativo .Esta singularidade debería ser reforzada co fin de que ,sen perder as súas características ,poída desenvolverse no marco xurídico actual .
A posta en valor dos montes veciñais en man común debe levarse adiante de xeito multifuncional e sustentabel .Entendese por sustentabilidade a acción de acadar unha prosperidade económica sostida no tempo ,protexendo os sistemas naturais e prevendo unha calidade de vida para as persoas .A finalidade da sustentabilidade e que exista un desenvolvemento económico e social respetuoso co medio ambiente xa que logo ,conxuga accións económicas ,sociais ,medioambientais e políticas .Ou dito de outro xeito ,conxuga territorio,persoas e gobernanza.A veciñanza comuneira e a clave do funcionamento das comunidades de montes .
Organismos internacionais como a ONU ou a FAO ,e mesmo a Unión Europea recomendan que o futuro dos montes pasa por avanzar cara a unha tenencia mais xusta de estes territorios evitando a acaparación dos mesmos e dar protagonismo os titulares dos montes dende os principios da autoorganización .O funcionamento das comunidades de montes encaixan nestas recomendacións ,sen desbotar que se debe camiñar na millora do seu funcionamento asembleario.
Os montes vecíñais en man común ,maila a sua titularidade da veciñanza comuneira ,son e deben seguir sendo espazos abertos .As suas función sociais ,medioambientais e culturais benefician a sociedade no seu conxunto .As comunidades de montes deben recibir compensacións por estes servizos e os montes veciñais en man común deben ser considerados en si mesmo como unha figura de protección medioambiental e cultural .
II
O que esta Iniciativa Lexislativa Popular pretende e:
1-Reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal e millorar a funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes .
2-Recoñocer aos montes veciñais en mán común como unha figura de protección medioambiental e cultural en si mesmo.
3-Considerar como aproveitamentos e usos actuais do monte veciñal,todos os que nos mesmos se dan
4-Acadar un monte veciñal multifuncional e sustentebal ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade no seu conxunto .
TITULO PRELIMINAR
DISPOSICIONS XERAIS
Artigo 1-Definición.
Son montes veciñais en man común as terras ubicadas en Galiza que ,independentemento da sua orixe ,posibilidades productivas,aproveitamento actual e vocación agraria ,perteñezan e sexan xeridos polas agrupacions veciñais na sua calidade de grupos sociais e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asiñación de cuotas polos membros das mesmas na sua condición de veciños/as confornando unha titularidade de carácter xermánico.
Artigo 2-Natureza e titularidade dos montes veciñais en man común
1-Os montes veciñais en man común son titularidades comunitarias .A súa natureza especial deriva da sua titularidade colectiva sen asiñación de cuotas e suxeitas as limitacións de inembargabilidade ,indivisibilidade ,inalienabilidade e imprescritbilidade.Os montes veciñais en man común non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial nin a cuota empresarial da seguridade social agraria.
2-A titularidade dominical e os aproveitamentos ,sen asiñación de cuotas ,correspondelle a comunidade de montes .Esta entendese composta polos veciños e as veciñas que a integren nun momento dado.
Artigo 3-Condición de veciño/a comuneiro/a
1-Teran a condición de persoa veciña comuneira,todas as persoas que conforman as unidades familiares e as economías independentes con vivenda aberta e residencia habitual ,dentro da área xeográfica onde se asenté o grupo social ao que tradicionalmente estivese adscritos os aproveitamentos do monte .No libro do censo da veciñanza comuneira estarán representados por unha persoa da unidade familiar ou de economía independente.Unha persoa non pode ter a condición de veciño/a comuneiro/a en duas comunidades de montes a vez.
2-Os estatutos das comunidades de montes poderán establecer un prazo mínimo de residencia para adquirir a condición de veciño/a comuneiro/a.Este prazo non poderá ser superior a 9 meses nen inferior a 3 meses.Non se poderá negar a condición de veciño/a comuneiro/a a aquelas persoas que teñan as condicións para selo.
3-A condición de persoa veciña comuneira só poderá perderse desde o momento no que deixe de cumplir os requisitos esixidos para integrarse na comunidade de montes,esto é a de non ser veciño/a .O exercicio dos dereitos dos veciños/as comuneiros/as ,poderá ser suspendido por ter realizado actuacións de especial gravidade contra o monte veciñal ou rachar os acordos tomados en asemblea xeral .A suspensión de estes dereitos deberá ser acordada en asemblea xeral , tras a sua inclusión no orde do dia ,con expresión individualizada das persoas afectadas e sempre con audiencia destas .
4-Regulamentariamente a conselleria competente en materia de montes .poderá regular a adquisición da condición de veciño/a colaborador/a da comunidade de montes ,de xeito excepcional e somentes para aquelas comunidades de montes onde haxa pouca poboación..
TITULO UN
REXIME XURÍDICO
Artigo 4-Capacidade xurídica das comunidades de montes .
1-As comunidades de montes veciñais en man común terán plena capacidade xurídica para o cumplimento dos seus fins e a defensa dos séus dereitos sobre os montes veciñais e os seus aproveitamento ,así como a súa administración ,disposición e actos derivados establecidos nesta lei.
2-Asimesmo ,as comunidades de montes terán plena capacidade xurídica para a realización de todos aqueles actos e negocios xurídicos que teñan por obxeto dotarse de instalacións necesarias,obras ,servizos comunitarios ou terras na mesma zona do monte co obxeto de incrementar a superficie do monte veciñal e ,en xeral para todos aqueles actos xurídicos que redunden en beneficio da xestión do monte veciñal de acordo co que decida en cada momento a asemblea xeral e sempre conforme coas disposición desta lei e a sua normativa de desenvolvemento.
3-A adquisición de terras por compra deberá ser motivada pola comunidade de montes no cumpllimento dos seus fins ,no interese xeral dos comuneiros e comuneiras ,na defensa do monte veciñal e dos seus accesos,no mellor aproveitamento dos seus recursos o una mellora ou ampliación da superficie do monte veciñal .As terras adquiridas por este procedemento serán cualificadas polos xurados de montes como montes veciñais en man común e non poderan ser obxeto de actos de disposición por un periodo de 20 anos.
Artigo 5-Cesions
1-Os montes veciñais en man común poderán ser obxeto de cesión temporal de parte da sua superficie,a titulo oneroso ou gratuito para obras ,instalacions ,aproveitamentos dos recursos ,equipamentos ou servizos que proporcionen un beneficio directo as comunidades de montes.
2-A cesión poderase establecer por un periodo máximo de 30 anos e excepcionalmente por tempo indefinido se é en beneficio de calqueira administración pública cando sexan destinadas a equipamentos ou dotacións que sexan servizos públicos ou namentras se manteña o fin para a que foi feita a cesión.Rematado o tempo de cesión,por regra xeral ,o beneficiario da mesma tera que deixar o terreo nas mesmas condicións en que os recibeu .No caso de cesión a particulares o tempo máximo tamén será como máximo por 30 anos ,revisabel cada 10 anos no que respeito as condicións da cesión En ningún caso a cesión levará a perda da titularidade de monte veciñal .
3-Para que sexan válidas as cesión terán que contar co voto favorabel da metade mais un dos asistentes a asemblea xeral en primeira convocatoria e co voto favorabel dos 2/3 dos asisentes en segunda convocatoria..A constitución do dereito de cesión rexirase pola presente lei e subsidiariamente polas normas do dereito privado.
Artigo 6-Servidumes
1-Poderase establecer servidumes sobre parcelas do monte veciñal logo da tramitación do oportuno expedente no que se acredite a compatibilidade co fin do monte así como a utilidade pública e o interese social da servidume..O consentimento da comunidade de montes é necesario para autorizar as servidumes.
2-Regulamentariamente determinarase o procedemento a seguir para a autorización do establecemento das servidumes.
Artigo 7-Dereitos de superficie.
1-As comunidades de montes poderan establecer convenios de cesión de dereitos de superficie ou arrendamentos con destino a instalación de instalacions e autorizacións para producción agrícolas ,gandeiras ou non forestais por un período máximo de 15 anos.Para os aproveitamentos forestais o tempo de duración será o turno de corta da especie plantada.
2-Para que sexan válidos os acordos de dereitos de superficie ou arrendamentos ,terá que contar co voto favorabel de metade mais un dos asistentes en primeira convocatoria e co voto favorabel de 2/3 en segunda convocatoria´
3-Regulamentariamente determinarase o procedemento a seguir para a autorización do establecemento de dereitos de superficie ou arrendamentos.
Artigo 8-Permutas
As comunidades demontes poderan levar adiante permutas do monte veciñal con terreos que non teñan esta condición sempre e cando sexan enclavados ou estremeiros .A permuta ten que estar motivada e contar coa autorización da conselleria competente en materia de montes.Os terreos permutados serán considerados montes veciñais .
TITULO DOUS
APROVEITAMENTOS
Artigo 9-Aproveitamentos.
1-O aproveitamento e o uso dos montes veciñais en man común correspondelle a comunidade de montes.Realizaranse de acordo cos instrumentos de xestión ,cos acordos asemblearios e coa normativa que os afecte.
2-Todos os aproveitamentos e usos actuáis e que se poidan dar no futuro que teñan como base territorial o montes ,serán considerados ,a todos os efectos ,aproveitamentos e usos dos montes veciñais .Seran considerados como aproveitamentos directos da veciñanza comuneira os pastos ,as leñas ,os esquilmes ,os aproveitamentos non madeireiros que sexan acordados en asemblea xeral e o arborado non comercial que segundo a lexislación vixente entregase anualmente a veciñanza comuneira.
Artigo 10-Lotes,sortes ou parcelas para o aproveitamento gandeiro ou agrícola
As comunidades de montes poderán acordar que parte do monte veciñal sexa aproveitado de xeito individual ou en cooperativa pola veciñanza comuneira para usos gandeiros e/ou agrícolas.por medio de sortes ou lotes.Este aproveitamento sera gratuito e por un período máximo de 12 anos.Se houbese un novo reparto ,aos beneficiarios/as non pode tocarlle a mesma sorte ou lote.
Artigo 11-Cotas de reivestimento en montes veciñais en man común-
1-Nos montes veciñais en man común as cotas mínimas de reivestimento en mellora ,protección e posta en valor dos montes veciñais de xeito multifuncional e sustentabel serán as seguintes: a-As indicadas anualmente nos instrumentos de xestión .b-o 40% dos ingresos nos montes veciñais que carezan de un instrumento de xestión ,c-o 15% naqueles montes veciñais de zonas desfavorecidas ou con pouca poboación .Neste caso ,cada dous anos ,revisarase estes investimentos entre a conselleria competente en materia de montes e a comunidade de montes.
2-Para o calculo dos ingresos obtidos contabilizaranse aqueles que proveñan dos aproveitamentos e dos usos do montes veciñal .Os ingresos obtidos por actos de disposicións,expropiacions ,lumes , pragas,,temporias e calqueira outro de carácter extraordinario serán investidos mediante un plano de traballo presentado pola comunidades de montes e aprobado pola conselleria competente en materia de montes .As cuantias das subvencions ,por ser de carácter finalista ,quedan fóra do calculo.
3-Estes reinvestimentos realizanse por periodos de 4 anos .No primeiro semestre do cuarto ano ,a comunidade de montes presentará diante da conselleria competente en materia de montes ,os documentos acreditativos do reinvestimento.
TITULO TRES
DEFENSA E USO SOCIAL DOS MONTES VECIÑAIS
Artigo 12-Reparación de danos
Todos as actos e negocios xurídicos de ocupación e usurpación do monte veciñal en man común,asi como as posteriores transmisión .levados adiante non de acordo coa lei ,serán considerados nulos de pleno dereito .
Artigo 13-Figura de protección medioambiental e cultural.
Por sua natureza especial ,polas funcións sociais e medioambientais que cumplen os montes veciñais ,no prazo de seis meses contados a partir da entrada en vigor a presente lei ,o Parlamento declarará ao monte veciñal como unha figura de protección medioambiental e cultural en si mesmo .
Artigo 14-Uso social do monte veciñal
O uso social dos montes veciñais en man común por aquelas persoas que non ostentan a condición de veciño/a comuneiro/a ,terá que facerse sen danar ao monte e respetando a titularide de estas terras .Terá que contar coa autorización das comunidades de montes e da sua practica non poden derivarse responsabiliades civis e penais para as comunidades de montes .
TITULO CATRO
DA CLASIFICACIÓN E DOS SEUS EFECTOS
Artigo 15.Clasificación
A clasificación como monte veciñal en man común realizarase exclusivamente polo Xurado de montes veciñais en man común de Galiza na forma prevista nesta lei e na normativa de desenvolvemento.
Artigo 16-Xurado de montes veciñais de Galiza.
1-O Xurado de montes veciñais de Galiza é un órgano colexiado permantente de Galiza especializado en materia de montes veciñais en man común e no procedemento para a sua clasificación e declaración.Estará adscito a conselleria competente en materia de montes e actuará no cumplimnento das suas funcions con autonomía ,imparcialidade e independencia.
Artigo 17-Composición e funcionamento do Xurado
Regulamentariamente definirase a composición do Xurado ,a sua organización ,o seu funcionamento,os procesos de clasificación,as resolución e as impugnacións
TITULO CINCO
DA ORGANIZACIÓN DAS COMUNIDADES
Artigo 18-A asemblea xeral de comuneiros e comuneiras.
1-A asemblea xeral ,da que forman parte todas as persoas veciñas comuneiras é órgano máximo da vontade da comunidade de ,montes.Teñen dereito a asistir as mesmas todas as persoas que conforman a veciñanza comuneira.O voto será exercido polo comuneiro/a que figure no libro do censo da comunidade de montes como representante da unidade familiar ou a económica independente.
2-Para asistir a asemblea xeral calqueira comuneiro/a poderá delegar a sua representación noutra persoa comuneira.Estas delegación teñen que ser expresas para cada asemblea xeral e cada persoa comuneira non pode ter mais de unha delegación.Non se entederá como delegación e si como representación cando a persoa veciña comuneira e sustituida por calqueira outro membro da unidade familiar ou económia independente.
3-A asemblea xeral de carácter ordinario será convocada unha vez o ano e sempre dentro dos seis meses seguintes a data do peche do exercicio económico ,que coincidirá co ano natural.Con carácter extraordinario convocaranse por iniciativa da maioira da xunta reitora ou cano o soliciten un mínimo de un 20% da veciñanza comuneira,tendo que convocarse nun prazo máximo de 2 meses .De non facelo ,os solicitantes poderan autoconvocar a asemblea xeral.
4-As convocatorias das asembleas xerais convocaranse con un mínimo de 10 dias de antelación,notificando por escrito a veciñanza comuneira e anunciadas nos lugares de costume.Na convocatoria especifícarase o orde dia e indicarase o lugar onde a veciñanza comuneira poida consultar a documentación dos asuntos que figuran no orde do dia.
5-A asemblea xeral quedará válidamente constituida en primeira convocatoria candos están presentes ou represtando a metade da veciñanza comuneira;e en segunda convocatoria cando esten presentes ou representados o 25% ,que no caso de trartar asuntos de disposición ,teran que estar presentes ou representados o 30% da veciñanza comuneira .Entre a primeira e a segunda convocatoria tra que tanscurrir media hora .
Artigo 19-Xunta reitora
1-A xunta reitora é o órgano de goberno da comunidade de montes .Ten como competencia fundamental e levar adiane os acordos asemblearios .Acomposición mínima da xunta reitora será 😮 presidente/a e dous/duas vocalías que actuarán como secretario/a e tesoureio /a.
2-A xunta reitora será elexida por un periodo de 4 anos ,por maioira simple de entre as candidaturas previamente presentadas.Procurarase que a súa composición sexa equilibrada no que atinxe o xénero
Artigo 20-Mancomunidades de montes,
1-As comunidades de montes ,logo do acordo da asemblea xeral ,poderan mancomunares en ambetos superiores para a melllor defensa dos seus intereses.
2-Regulamentariamente desenvolverase o séu rexistro,a súa capacidade de obrar e a xestión dos seus recursos.
Artigo 21-Estatutos da comunidade de montes.
Os estatutos das comunidades de montes ,recollerán o que dita esta lei e outras leixes relacionadas dos montes ,Serán rexistrados no organismo correspondente,.
TITULO SEIS
PROTECCIÓN E XESTIÓN CAUTELAR
Artigo 22-Funcions da Administración.
A conselleria competente en mateira de montes velará pola integridade dos montes veciñais ,fomentará que a sua posta en valor sexa de xeito multifuncional e sustentabel ,xestionariaos nos casos de extinción da comunidade veciñal ou se son declarados en estado de grave abandono e procederá a facer os deslindes.
Artigo 23-Situacións transitorias por extinción ou desaparición da comunidade de montes.
1-A xestión dos montes veciñais en man común que carezan de veciñanza comuneira ou que esta non e quen de constituir unha xunta reitora ,corresponderá directamente a conselleria competente en materia de montes .Para tal xestión ,poderá contar coa colaboración de comunidades de montes veciñas ou polas mancomunidades de montes próximas .Esta xestión cautelar rematará no momento no que se subsanen as causas que a provocaron.
2-Regulamentariamente determinarase cales serian os principios de esta xestión cautelar ,as formas de tomar as decisións e o xeito de polo en valor e a sua contabilidade.
Artigo 24-Estado de grave abandono ou degradación.
1-Os montes veciñais en man común somentes poderanse declarar en este estado cando sufrise un manifestó deterioro medioambiental ou padecese unha abusiva extracción dos seus recursos .Este estado será declarado pola conselleria competente en materia de montes.
2-Previamente a esta declaración ,a conselleria competente en materia de montes ,escoitada a comunidade de montes ,dictará unha resolución explicando as razóns de tal declaración ,presetando un plano de actuacións enfocadas a correxir as causas que provocaron a declaración de grave abandono ou degradado .As medidas correctoras serán levadas adiante entre a conselleria e a comunidade de montes afectada.
3-Unha vez subsanadas as causas ,a comunidade de montes recuperará a xestión do monte veciñal.Somentes no caso de que a comunidade de montes se negase a levar adiante as medidas correctoras ,a xetión do monte veciñal pasaría a levaba de xeito cautelar a conselleria compentente en materia de montes
Artigo 25-Defensa dos intereses do monte veciñal.
Calqueira veciño/a comuneiro/a poderá defender os intereses da comunidade de montes debendo serlle reintegrados os gastos que lle ocasionase tal defensa ,sempre que prospere a sua pretensión principal.
Disposición adicional primeira.
Os convenios e os consorcios existentes entre a conseleria compentente en materia de montes e as comunidades de montes ,no prazo máximo de1 ano ,serán rescindidos sen cargal algunha para as comunidades de montes .Esas comprometeranse a xestionar os sues montes mediante un instrumento de xestión .
Disposición adicional segunda.
1-A conselleria compente en materia de montes ,no prazo de un ano ,cuatificará o valor económico que xeran os montes veciñais polas suas función sociais ,medioambientais e pola captura de C02.
2-Regulamentariamente dictaminarase as compensacións que recibirán as comunidades de montes por estas prestacións.
Disposición adicional terceira.
A conselleria competente en materia de montes ,no prazo de 1 ano xestionara diante do Catastro a consideración da superficie de cada monte veciñal como unha soa parcela catastral.
Disposición adicionsl cuarta
No prazo máximo de 6 meses,a conselleria competente en materia de montes ,proporá que o Parlamento Galego ,mediante unha proposición non de lei ,inste ao Goberno central e as Cortes xerais do Estado a que promulgue unha lei que recoñoza a titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas.
Disposición adicional quinta
No prazo máximo de 6 meses a conselleria competente en materia de montes,proporá que o Parlamento Galego ,,mediante unha proposición non de lei ,inste ao Goberno central e as cortes xerais do estado ,promulgue unha normativa fiscal para os montes veciñais ,acaida as suas características e as suas funcións e deixando de ser suxeitos pasivos no Imposto de sociedades..
Disposición adcional sexta.
No prazo máximo de 6 meses ,o Parlamento galego promoverá e declarará aos montes veciñais en man común e as comunidades de montes como elementos do patrimonio material,inmaterial e histórico que deben ser salvagardados para que a xeracións vindeiras poidan disfrutar dos mesmos.
Disposición transitoria primera
No prazo máximo de 2 anos ,as comunidades de montes terán que adaptar os seus estatutos a esta nova lei .
Disposición transitoria segunda.
A conselleria competente en materia de monts ,non prazo máximo de 1 ano ,aprobará os regulamentos necesarios para o desenvolvemento de esta lei.
Disposición transitoria terceira.
O Ministerio Fiscal defenderá as comunidades de montes cando os seus montes veciñais se vexan afectados na sua integridade.
Disposición derrogatoria primeira.
A entrada en vigor de esta lei de montes veciñais ,quedan derogadas a lei 13/1989 do 10 de Outubro e o seu regulamento de 4 de Setembro de1992.Asi mesmo ,quedan tamén derogados toos os artigos de leixes relacionadas directa ou indirectamente cos montes veciñais e que sexan contradictorios .
Disposición derradeira primeira
Esta lei entrará en vigor un mes despois da sua publicación no DOG.
Os/as asinantes autorizan a D Jose Alfredo Pereira Martinez a presentar e recibir escritos e documentos en nome da Comisión Promotora.