A ORGACCMM REUNIUSE  COA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL

DCIM100MEDIADJI_0348.JPG
  • O pasado día 16 de Maio, unha delegación da xunta reitora da ORGACCMM , mantivo unha reunión coa señora conselleira do Medio Rural, que estivo acompañada polo Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal e polo Director Xeral de Defensa do monte.

Unha das cuestións que se lle prantexou a conselleira foi que a futura lei de montes veciñais en man común ten que asegurar a defensa dos montes veciñais como titularidades de carácter xermánico e a defensa dos intereses da veciñanza comuneira. Todo o contrario do que reflicta o último texto do Libro Branco sobre a reforma da regulación  dos montes veciñais en man común. Se ben o Director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal manifestou que este texto do Libro Blanco é un primeiro borrador e que a Consellaría do medio rural está elaborando o texto definitivo para sometelo a consulta pública. E deste derivarase o borrador da futura lei de montes veciñais, que tamén será sometida a consulta pública.

A ORGACCMM prantexoulle que cando menos a futura lei de montes veciñais en man comúntiña que contemplar:

  1. O reforzamento do carácter xermánico dos montes veciñais.
  2. A declaración de nulos de pleno dereito todos as actos e negocios xurídicos realizados nos montes veciñais sen consentimento das comunidades de montes.
  3. Manter os xurados provinciais de clasificación de montes veciñais.
  4. Non dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica.

No curso do debate destas cuestións, aos representantes da Consellaría do medio rural notouselle un cambio. Non un cambio de postura dos seus prantexámentos, máis si de actitude. De feito, manifestáronse dispostos a debater estas cuestións coa ORGACCMM, mesmo manifestáronse dispostos e eliminar que  no título de dominio sobre os montes veciñais seria suficente a posesión inmemorial de forma consuetudinaira da veciñanza comuneira e non continuada (o que asentaría definitivamente o carácter de imprescritibilidade dos montes veciñais ) e manter os xurados de clasificación de montes veciñais (o que posibilitaría a declaración como montes veciñais en man común terras susceptibeis de selo, para que aínda non están clasificados).

Inclusive na cuestión de dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica quixo botar balóns fora dicindo que  non e unha liña vermella da Consellaría do medio rural e que se a prantexan no Libro Branco sobre os montes veciñais era porque está solicitada por entidades relacionadas con comunidades de montes (asociacións forestais, ramas forestais de algún sindicato agrario, consultorías…..). Claro que non recollle, no Libro Blanco, que tamén hai organizacións de comunidades de montes que si  piden que non se doten de personalidade xurídica as comunidades de montes, como no caso da ropia  ORGACCMM.

Se ben o segundo argumento é certo, o primeiro non o é. A Consellaría do medio rural sempre tentou dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica para facilitar a privatización dos montes veciñais e mesmo foi o principal argumento esgrimido pola portavoz do Partido Popular no Parlamento Galego para rexeitar a lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular proposta pola ORGACCMM.

Fica claro que, de momento, este cambio da Consellaría do medio rural ao respeito de futura lei de montes veciñais, non de principios máis si de actitude, debese unica e exclusivamente á actitude mobilizadora das comunidades de montes na defensa de unha lei de montes axeitada. Acción mobilizadora que se manifestou nas celebracións da asembleas territoriais informativas,  varias manifestacións en Compostela e, sobre todo, na presentación da Iniciativa Lexislativa Popular avalada por 12.010 sinaturas.

Se as comunidades de montes seguimos con  esta acción mobilízadora é moi posibel que academos unha lei de montes veciñais acaida para o monte veciñal e para a veciñanza comuneira. Por esta cuestión, a ORGACCMM chama ás comunidades de montes a que sigan coa acción mobilizadora mediante debater a cuestión nas asembleas xerais, recoller sinaturas de apoio nas entidades e asociacións da parroquia relacionados co monte veciñal, organizar xornadas sobre esta cuestión e todas aquelas que se consideren oportunas e no seu momento tentar de organizar novas manifestacións.

Se nos fiamos do proceso que nos explicou o director xeral de ordenación e planificación forestal, o borrador da futura lei de montes veciñais non estará a debate ate a primavera do ano que ben. Mais este tempo non debería servir para relaxarnos. Temos que seguir, dende hoxe, coas acción mobilizadoras en defensa do monte veciñal.

No camiño de defensa do monte veciñal  e dos intereses da veciñanza comuneira, tamén sería moi importante que as comunidades de montes asociadas as entidades relacionadas con comunidades de montes (asociacións foretais, ramas forestais de algún sindicato agrario ,consultorias,..) das que fala o Director Xeral de ordenación e planificación forestal, se dirixiran as mesmas solicitándolle que cando sexa público o borrador da nova lei de montes veciñais en man común lles prantexen a Consellaría do medio rural  as reinvindicacións fundamentais arriba indicadas.

Se as comunidades de montes somos quen de facer este traballo, case poderiamos asegurar que a lei de montes veciñais que saia do Parlamento Galego será unha lei que defenda o monte veciñal e os intereses da veciñanza comuneira.

Contra da invasión de Israel dos territorios Palestinos

A ORGACCMM na súa Asamblea Xeral Ordinaria acorda posicionarse en contra da invasión de Israel dos territorios Palestinos e da masacre e devastación que esta a levar a cabo coa poboación, vulnerando todos os Tratados Internacionais, sen o mais minimo respecto os Dereitos Humanos provocando un xenocidio. Demandamos o cese de esta masacre e esiximos o recoñecemento pola ONU e os seus paises membros dun Estado Palestino.

NON A INSTALACIÓN DO PROXECTO ALTRI EN PALAS DE REI.

A Organización Galega de Comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), apoia a manifestación ,que convoca a Plataforma Ulloa Viva , contra a instalación do proxecto Altri en Palas de Rei. Manifestación que terá lugar o domingo 26 de Maio de 2024, ás 1200 horas, saíndo do Poligono Industrial de Palas de Rei e que ten como lema “Pola defensa do territorio,dende o Ulloa  ate a ría, terra, auga ,aire son vida”.

Para a produción de 400 mil toneladas métricas  de celulosa solubel e de 200 mil toneladas métricas de lyocel ao ano,  a empresa promotora da instalación, precisa un consumo anual de 12 millóns de metros cúbicos de eucalipto. Segundo os datos do Inventario Forestal Continuo, feitos públicos o pasado mes de xuño, a superficie ocupada pola eucalipto no monte galego ,superou en case 400 mil hectareas  o planificado no Plano Forestal de Galiza que rematou no ano 2021.

A instalación da factoría de Altri, aínda incrementaría máis este desfase, potenciando un monte forestalista e xa que logo sen futuro xa que o futuro pasa por acadar un monte multifuncional e sustentabel. Ademais, está demostrado que un modelo de monte forestalista con especies de crecimento rápido é unha das causas dos lumes no territorio galego.

A Organización Galega de comunidades de montes entende que a instalación do proxecto Altri  xerará unha industria de enclave (extrativa e expoliadora da riqueza do territorio), xa que non pecha o ciclo productivo .Ademais de contribuir a disminución da superficie útil agraria e condenará ao peche das actividadas do sector primario ,secundario e terciario que se dan na zona onde se vai a instalar.

Por estes motivos a ORGACCMM ,fai un chamamento a veciñaza comuneira para que asista a manifestación que terá lugar o domingo 26 de maio en Palas de Rei para decirlle non ao proxecto de Altri.

COMUNIDADES ACTIVAS E PAISAXES RESILIENTES A INCENDIOS FORESTAIS E CAMBIO CLIMÁTICO

A ORGACCMM ven de recibir da fundación Montescola unha comunicación na que nos informa de un proxecto denominado  Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático, e convida Ás comunidades de montes a  participar no mesmo .

Este proxecto, que conta con unha axuda da fundación Biodiversidad e que coordena a fundación Juana de Vega, consiste en :

  • Realización de 5 visitas  de intercambio a 5 montes veciñais.
  • Elaborar un Atlas de Boas Práticas de Conservación  Comunitaria.

Aquelas comunidades de montes que dexesen participar no mesmo, deben porse en  contacto coa fundación Montescola (info@montescola.org).

ALEGACIÓNS AO PROXECTO ALTRI EN PALAS DE REIS.

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), ven de presentar diante da Secretaria Xeral de Industria da Consellaría de Economía, Industria e Innovación alegacións á implantación dunha industria de fibra téxtil  a base de celulosa, que promovida pola empresa Greenfiber S.L, preténdese instalar en Palas de Rei co nome de proxecto GAMA.

Coas achegas presentadas solicítase da Secretaría Xeral de Industria que lle denegue  á empresa Greenfiber S.L as correspondentes autorizacións  para a instalación da industria de fibra téxtil  e que se arquive o expedente.

O proxecto de Altri pretende producir 600 mil toneladas de celulosa solúbel  e lyocel. Para tal produción de celulosa a empresa precisa o consumo de 1´2 millóns de toneladas/ano de eucalipto. Isto vai supor, necesariamente, un incremento de  terras adicadas ao cultivo desta especie forestal.

Os primeiros datos do Inventario Forestal Continuo de Galiza, publicados no mes de Xuño do ano pasado, certificaron que a superficie do monte galego ocupada polo eucalipto superou en perto de 400 mil hectareas  o planificado no Plano forestal de Galiza para o ano 2021. O proxecto de Altri ven aínda a rachar máis esta planificación, dado que vai precisar máis terras adicadas ao cultivo deesta especie forestal. Polo tanto, o proxecto GAMA de Altri ven a fomentar un modelo de monte forestalista, neste caso  con especies de crecimento rápido, cando o monte de futuro pasa por conquerir  un monte multifuncional e sustentabel .

O proxecto Altri vai producir celulosa destinada a exportación, xa que logo non vai pechar o ciclo produtivo da produción e polo tanto non vai xerar valor engadido na zona . Vai potenciar de novo unha industria de enclave  e espoliadora dos recursos.

Na bisbarra onde se pretende instalar a factoría de Altri hai un importante sector agrogandeiro e existen diferentes empresas, moitas delas de produción ecolóxicas, que se asentan sobor o sector primario. Estas actividades económicas verían mermadas a súa produción, cando non abocadas ao peche. A instalación da macrodelulosa de Altri nestas terras contribuiría a unha maior disminución da superficie útil agraria e eliminaría outras actividades económicas e sociais que se dan na zona coa conseguinte despoboación do medio rural.

Na realidade, a instalación da macrocelulosa de Altri  nas terras da Ulloa propiciaría un modelo de monte forestalista en rexime de monocultivo forestal con especies de crecemento rápido e provocaría a despoboación da zona. E está constatado que a forestación salvaxe e o despoboamento do medio rural son dúas das causas principais que propician que os lumes sigan sendo unha lacra para o territorio e para as pobaocións que neles habitan.

ASEMBLEA XERAL 2024 DA ORGACCMM    

A Organización Galega de Comunidades de Montes celebrará a súa asemblea xeral ordinaria correspondente ao ano 2024:

  • Sábado 20 de abril ás  10`00h.
  • No teatro Elma na Pobra do Caramiñal. 

Entre outras cuestións, dentro do orde do dia desta asemblea xeral da ORGACCMM, tratarase da situación na que se atopa  a pretensión  da Consellaría do Medio Rural de modificar a lei de montes veciñais en man  común actualmente vixente.

Modificación que pretende eliminar o carácter de xermánico dos montes veciñais para proceder a súa privatización. Por iso, nesta asemblea xeral da ORGACCMM ,tratarase de acordar as accións institucionais e reinvindicativas para parar este novo ataque ao monte veciñal en man común.

A asemblea xeral está aberta a todas as comunidades de montes que queiran participar na mesma. Para isto,  teñen que comunicalo antes do dia 12 de Abril de 2024, chamando o móbil 649137135 ou no correio electrónico xapegonda@gmail.com.

PROPOSTA PARA PERPETUAR A MEMORIA CULTURAL E LINGÜISTICA PARROQUIAL.

A ORGACCMM ven de recibir da Asociación de Funcionarios para a normalización lingüistica de Galicia unha proposta para  Perpetuar a Memoria Cultural e Lingúistica parroquial. Nesta proposta prantexan que desde  as comunidades de montes se fomente que as lápidas da veciñanza comuneira falecida, e todo e que nelas se escriba, se fagan  no idioma galego.

A ORGACMM considera  acaída esta  proposta para perpetuar a memoria cultural e lingüistica parroquial. Polo tanto, solicita que as comunidades de montes  leven esta cuestión a debate as súas asembleas xerais para que se, o consideran oportuno,t omar os acordos pertinentes para efectivizala. E de este xeito contribuir a normalización do idioma galego en todos os eidos.

Aquelas comunidades de montes que nas súas asembleas xerais  tomasen este acordo, para a súa total efectividade, deben conseguir dos veciños/as comuneiros/as asinen unha Declaración de Vontade Individual (podedes pedir este documento na Orgaccmm).

Convocan ás forzas políticas galegas para falar dunha nova lei de montes veciñais

 

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes convoca ás forzas políticas galegas para falar dunha nova lei de montes veciñais que garanta o carácter comunal e democrático das comunidades de Montes.

Na Consellaría do Medio Rural, ficou un borrador para a modificación da lei de montes veciñais en man común  actualmente vixente. Un texto deste borrador que para a ORGACCMM, atenta contra os principios básicos do monte veciñal, xa que prantexa a eliminación do carácter xemánico destas terras. O que segundo Xosé Pereira, presidente desta organización, significaría, nun futuro inmediato, “a privatización das comunidades de montes”.

Debido a isto, a ORGACCMM solicitou aos candidatos e candidatas das forzas políticas que concorren as eleccións nacionais que no programa eleitoral do seu grupo político contemple a elaboración dunha nova lei de montes veciñais que tome como base o texto contido na Iniciativa Lexislativa Popular presentada o ano pasado no Parlamento Galego polas propia Organización Galega de Comunidades de Montes.

Unha Iniciativa Lexislativa Popular que foi elaborada polas comunidades de montes e que contou co aval de 12.010 sinaturas. Un texto que reforza o carácter xermánico dos montes veciñais e mellora o funcionamento democrático das comunidades de montes, 

Ademais, tamén solicitaron aos  grupos políticos o compromiso de que toda a futura lexislación referente aos montes veciñais en man común, así como todas as propostas para pór en valor os montes veciñais, se elaboren contando coa opinión das comunidades de montes,  

Subvencións en prazo

Impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais

No Diario Oficial de Galicia do dia Venres 19 de Xaneiro de 2024 (DOG nº 14)  publica  a ORDE do 20 de decembro de 2023, polo que establecen as bases reguladoras das axudas,en concurrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais de voces.

As comunidades de montes pode solicitar esta axuda . O obxetivo de estas axudas son:

  • Revisión dos croquis das carpetas-ficha
  • Deslindes parciais entre montes veciñais e con outros tipos de montes.

A cuantía da axuda pode chegar o 100% . O prazo de presentación das solicitudes de axudas remata o 1 de marzo de 2024.

 

Fomento e apoio as agrupacións forestais de xestión conxunta

No Diario Oficial de Galiza do dia  venres 12 de Xaneiro de 2024 (DOG nº 9), publica a ORDE polo que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento e apoio as agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal.

Aínda que esta orde de axudas consta de tres liñas ,as comunidades de montes e as mancomunidades de montes so poden solicitar axudas para a liña I (Axudas para organización de accións  de divulgación que impulsen  o coñocemento e poñan en valor a importencia estratéxica  das agrupacións forestais de xestión conxunta).

A cuantia da axuda pode chegar ao 100%.O prazo para a presentación das solicitudes remata o dia venres 23 de Febreiro de 2024.

III Edición do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira

III Edición do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira

  • Eirón-Mazaricos,
  • 20 de Xaneiro de 2024

PROGRAMA

  • Primeira parte

11,00 horas: No Local Social da Freguesía de Eirón.
Presentación da xornada por INGATECO. Benvida polo Alcalde de Mazaricos.

11,15 horas: Intervención de Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de
Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Ex – Director Xeral de
Desenvolvemento Rural da Xunta de Galiza. Ponencia: “O futuro dos Montes Veciñais en
Man Común na Galiza Rural do século XXI”.

12,00 horas: Acto de homenaxe a ORGACCMM no seu 25 aniversario.

12,15 horas: Intervención de Xosé Alfredo Pereira. Presidente da ORGACCMM

12,45 horas: Remate.

  • Segunda parte

13,00 horas: Acto de homenaxe no Monumento de Eirón no cabodano do asesinato de José Esperante (O Ché) (22.01.63) e demais represaliados na defensa da terra comunitaria.

13,15 horas: Intervencións de INGATECO, CONCELLO DE MAZARICOS, ORGACCMM, FAMILIA ESPERANTE.

13,30 horas: Ofrenda floral. Himno Galego.