- A Organización Galega de Comunidades de Montes convoca ás forzas políticas galegas para falar dunha nova lei de montes veciñais que garanta o carácter comunal e democrático das comunidades de Montes.
Na Consellaría do Medio Rural, ficou un borrador para a modificación da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente. Un texto deste borrador que para a ORGACCMM, atenta contra os principios básicos do monte veciñal, xa que prantexa a eliminación do carácter xemánico destas terras. O que segundo Xosé Pereira, presidente desta organización, significaría, nun futuro inmediato, “a privatización das comunidades de montes”.
Debido a isto, a ORGACCMM solicitou aos candidatos e candidatas das forzas políticas que concorren as eleccións nacionais que no programa eleitoral do seu grupo político contemple a elaboración dunha nova lei de montes veciñais que tome como base o texto contido na Iniciativa Lexislativa Popular presentada o ano pasado no Parlamento Galego polas propia Organización Galega de Comunidades de Montes.
Unha Iniciativa Lexislativa Popular que foi elaborada polas comunidades de montes e que contou co aval de 12.010 sinaturas. Un texto que reforza o carácter xermánico dos montes veciñais e mellora o funcionamento democrático das comunidades de montes,
Ademais, tamén solicitaron aos grupos políticos o compromiso de que toda a futura lexislación referente aos montes veciñais en man común, así como todas as propostas para pór en valor os montes veciñais, se elaboren contando coa opinión das comunidades de montes,