Solicitan a Medio Rural que interveña ante o mercadeo dos bonos de captura de CO2

 

A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que están aterrando en Galicia un bo número de empresas de servizos pretendendo facer negocio co mercadeo dos bonos de captura de CO2 a costa das comunidades de montes.

 

A ORGACCMM sinala que si xa o decreto do goberno central era lesivo para Galicia, xa que somentes teñen dereito a bonificarse como captura de CO2 as masas de arboredo que se planten nun territorio arrasado polo lume ou que implique un cambio de uso da terra como a reforestación de terras agrarias, agora ademais hai un mercadeo crecente cos bonos propiciado polo desembarco de empresas de servizos foráneas que veñen a explotar os recursos do país.

Estas empreas intermediarias pretenden acaparar as compensacións monetarias pola captura do C02 que ben podían xestionar directamente as comunidades de montes se tiveran o asesoramento da Consellería de Medio Rural. Nembargantes a Consellería está subvencionando o 80% do custe das replantacións que estas empresas ofrecen ás comunidades de montes a cambio dos dereitos sobre os bonos de captura de CO2. As comunidades de montes terán que facerse cargo dos costes de mantemento da plantación (podas, limpeza, clareo, …) até que se cumpla o prazo de 40 anos para poder facer un aproveitamento madereiro do plantado.

As comunidades de montes teñen que sufragar ese mantemento das plantacións sen ter ingresos e namentras, sinalan, a empresa intermediaria cobra de xeito inmediato o 20% da cuantía económica pola captura total do CO2 polo periodo de 40 anos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *