A Organización Galega de Comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), apoia a manifestación ,que convoca a Plataforma Ulloa Viva , contra a instalación do proxecto Altri en Palas de Rei. Manifestación que terá lugar o domingo 26 de Maio de 2024, ás 1200 horas, saíndo do Poligono Industrial de Palas de Rei e que ten como lema “Pola defensa do territorio,dende o Ulloa ate a ría, terra, auga ,aire son vida”.
Para a produción de 400 mil toneladas métricas de celulosa solubel e de 200 mil toneladas métricas de lyocel ao ano, a empresa promotora da instalación, precisa un consumo anual de 12 millóns de metros cúbicos de eucalipto. Segundo os datos do Inventario Forestal Continuo, feitos públicos o pasado mes de xuño, a superficie ocupada pola eucalipto no monte galego ,superou en case 400 mil hectareas o planificado no Plano Forestal de Galiza que rematou no ano 2021.
A instalación da factoría de Altri, aínda incrementaría máis este desfase, potenciando un monte forestalista e xa que logo sen futuro xa que o futuro pasa por acadar un monte multifuncional e sustentabel. Ademais, está demostrado que un modelo de monte forestalista con especies de crecimento rápido é unha das causas dos lumes no territorio galego.
A Organización Galega de comunidades de montes entende que a instalación do proxecto Altri xerará unha industria de enclave (extrativa e expoliadora da riqueza do territorio), xa que non pecha o ciclo productivo .Ademais de contribuir a disminución da superficie útil agraria e condenará ao peche das actividadas do sector primario ,secundario e terciario que se dan na zona onde se vai a instalar.
Por estes motivos a ORGACCMM ,fai un chamamento a veciñaza comuneira para que asista a manifestación que terá lugar o domingo 26 de maio en Palas de Rei para decirlle non ao proxecto de Altri.