A ORGACCMM REUNIUSE  COA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL

DCIM100MEDIADJI_0348.JPG
  • O pasado día 16 de Maio, unha delegación da xunta reitora da ORGACCMM , mantivo unha reunión coa señora conselleira do Medio Rural, que estivo acompañada polo Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal e polo Director Xeral de Defensa do monte.

Unha das cuestións que se lle prantexou a conselleira foi que a futura lei de montes veciñais en man común ten que asegurar a defensa dos montes veciñais como titularidades de carácter xermánico e a defensa dos intereses da veciñanza comuneira. Todo o contrario do que reflicta o último texto do Libro Branco sobre a reforma da regulación  dos montes veciñais en man común. Se ben o Director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal manifestou que este texto do Libro Blanco é un primeiro borrador e que a Consellaría do medio rural está elaborando o texto definitivo para sometelo a consulta pública. E deste derivarase o borrador da futura lei de montes veciñais, que tamén será sometida a consulta pública.

A ORGACCMM prantexoulle que cando menos a futura lei de montes veciñais en man comúntiña que contemplar:

  1. O reforzamento do carácter xermánico dos montes veciñais.
  2. A declaración de nulos de pleno dereito todos as actos e negocios xurídicos realizados nos montes veciñais sen consentimento das comunidades de montes.
  3. Manter os xurados provinciais de clasificación de montes veciñais.
  4. Non dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica.

No curso do debate destas cuestións, aos representantes da Consellaría do medio rural notouselle un cambio. Non un cambio de postura dos seus prantexámentos, máis si de actitude. De feito, manifestáronse dispostos a debater estas cuestións coa ORGACCMM, mesmo manifestáronse dispostos e eliminar que  no título de dominio sobre os montes veciñais seria suficente a posesión inmemorial de forma consuetudinaira da veciñanza comuneira e non continuada (o que asentaría definitivamente o carácter de imprescritibilidade dos montes veciñais ) e manter os xurados de clasificación de montes veciñais (o que posibilitaría a declaración como montes veciñais en man común terras susceptibeis de selo, para que aínda non están clasificados).

Inclusive na cuestión de dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica quixo botar balóns fora dicindo que  non e unha liña vermella da Consellaría do medio rural e que se a prantexan no Libro Branco sobre os montes veciñais era porque está solicitada por entidades relacionadas con comunidades de montes (asociacións forestais, ramas forestais de algún sindicato agrario, consultorías…..). Claro que non recollle, no Libro Blanco, que tamén hai organizacións de comunidades de montes que si  piden que non se doten de personalidade xurídica as comunidades de montes, como no caso da ropia  ORGACCMM.

Se ben o segundo argumento é certo, o primeiro non o é. A Consellaría do medio rural sempre tentou dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica para facilitar a privatización dos montes veciñais e mesmo foi o principal argumento esgrimido pola portavoz do Partido Popular no Parlamento Galego para rexeitar a lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular proposta pola ORGACCMM.

Fica claro que, de momento, este cambio da Consellaría do medio rural ao respeito de futura lei de montes veciñais, non de principios máis si de actitude, debese unica e exclusivamente á actitude mobilizadora das comunidades de montes na defensa de unha lei de montes axeitada. Acción mobilizadora que se manifestou nas celebracións da asembleas territoriais informativas,  varias manifestacións en Compostela e, sobre todo, na presentación da Iniciativa Lexislativa Popular avalada por 12.010 sinaturas.

Se as comunidades de montes seguimos con  esta acción mobilízadora é moi posibel que academos unha lei de montes veciñais acaida para o monte veciñal e para a veciñanza comuneira. Por esta cuestión, a ORGACCMM chama ás comunidades de montes a que sigan coa acción mobilizadora mediante debater a cuestión nas asembleas xerais, recoller sinaturas de apoio nas entidades e asociacións da parroquia relacionados co monte veciñal, organizar xornadas sobre esta cuestión e todas aquelas que se consideren oportunas e no seu momento tentar de organizar novas manifestacións.

Se nos fiamos do proceso que nos explicou o director xeral de ordenación e planificación forestal, o borrador da futura lei de montes veciñais non estará a debate ate a primavera do ano que ben. Mais este tempo non debería servir para relaxarnos. Temos que seguir, dende hoxe, coas acción mobilizadoras en defensa do monte veciñal.

No camiño de defensa do monte veciñal  e dos intereses da veciñanza comuneira, tamén sería moi importante que as comunidades de montes asociadas as entidades relacionadas con comunidades de montes (asociacións foretais, ramas forestais de algún sindicato agrario ,consultorias,..) das que fala o Director Xeral de ordenación e planificación forestal, se dirixiran as mesmas solicitándolle que cando sexa público o borrador da nova lei de montes veciñais en man común lles prantexen a Consellaría do medio rural  as reinvindicacións fundamentais arriba indicadas.

Se as comunidades de montes somos quen de facer este traballo, case poderiamos asegurar que a lei de montes veciñais que saia do Parlamento Galego será unha lei que defenda o monte veciñal e os intereses da veciñanza comuneira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *