Un novo intento de usurpar os montes comunais

  • A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle a veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais para entregarlla de balde a terceiros.

A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022.

Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado pra que este sexa enaxenado e entregado a unha empresa forestal para que o explote. Esta declaración de monte veciñal abandoado  pode basearse en cuestións meramente burocráticas como pode ser o non envío en tempo do listado da veciñanza comuneira.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperara xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM fai un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestinan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *