Subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en  montes veciñais en man común

ORDE do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en  montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014 2020, e convócanse para o ano 2021 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

DESCARGA DOCUMENTO COMPLETO

Liñas de subvencións:

  • Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible
  • Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga

Ámbito de aplicación e persoas beneficiarias

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e ás Sofor da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do devandito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

2. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as Sofor, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Serán elegibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, fóra das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no apartado 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

4. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, ou sexa, que poderá abarcar todo o territorio de Galicia, conforme ao disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

5. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada persoa membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *