Solicitan a adecuación do catastro á realidade dos montes veciñais

  •  A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita á  Conselleria do Medio Rural e aos grupos  parlamentarios do Parlamento galego que se inicien os traballos para adecuar o catastro á realidade dos montes veciñais galegos.
  • Na súa solicitude a ORGACCMM  propón que se conside ao monte veciñal  como  unha soa parcela catastral. Que se teñan en conta os plans de ordenación, xa que son os instrumentos fundamentais para acadar un monte multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en mán común actualmente figuran na cartografia  catastral divididos en un sin fín de recintos e parcelas como se fosen montes de propietarios particulares.  A ORGACCMM sinala que a titularidade dun monte veciñal correspondelle a unha soa comunidade de montes. Por iso, indican, carece de sentido que se traten catastralmente os montes veciñais como se fosen recintos ou parcelas de diversos propietarios.

Ademais denuncian desde a organización que a excesiva parcelación que padecen os montes veciñais en mán común débese a que a cartografía catrastral foi realizada en base a elementos non axustados a realidade dos montes veciñais. Definiron as distintas parcelas  en base a pistas forestais, camiños, carreiros, valados, resto de valados,…

Denuncian que esta inadecuada cartografía catrastral dificulta, cando non  impide, ás comunidades de montes o desenvolvemento das actividades propias. Así vese moitas veces comprometida a elaboración de planos de xestión e de ordenación, a soliciutude de subvención ou axudas , a constitución de dereitos de superficie, a formalización de contratos de permutas, licenzas para plantacions ou permisos de corta de madeira .

Sinalan que o maior despropósito sucede no caso dos permisos para a corta de madeira. Estas se realizan por cantóns definidos pola homoxenidade das masas fortais e a veces ouncantón pode chegar a ter ate dez referencias catastrais distintas.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *