- A deputada do BNG, María Albert, presentou, a instancias da Organización galega de comunidades de montes, onte no Parlamento Galego unha iniciativa lexislativa para que a Xunta de Galiza demande ao Goberno estatal o inicio dos trámites precisos para proceder a reformar a lei de Costas para que os montes veciñais en man común poidan existir legalmente dentro da zona de dominio marítimo-terrestre e do deslinde de costas.
A ORGACCMM resalta a importacia do acordo acadado no Parlamento Galego e que contou co respaldo de todas as forzas políticas con representación. Para as comunidades de montes é fundamental paralizar a confiscación dos montes veciñais en man común que se estaba producindo dende as axencias territoriais do Catastro. Ditas axencias estiveron informando ás comunidades de montes que os montes veciñais en man común ubicados dentro das zonas de dominio marítimo-terrestre deixaban de ser titularidades veciñais para pasar a ser titularidade do Estado español.
Pola contra a Orgaccmm lamenta que o Parlamento galego rexeitara a solicitude de modificación do código civil para que se recoñeza a propiedade comunal e se considere legalmente en igualdade coa titularidade publica ou privada. Esta outra iniciativa lexislativa, promovida pola Orgaccmm, foi presentada tamén pola deputada do BNG, Maria Albert. Pero foi rexeitada tanto polo Partido Popular e como polo Partido Socialista de Galicia.