En marcha a recollida de sinaturas por unha lei que protexa o monte comunal

  • As comunidades de montes galegas integradas na Organización Galega de Comunidades de Montes comenzaron a recabar sinaturas para avalar a ILP rexistrada no Parlamento galego por esta organización. 
  • As comunidades de montes piden o apoio da cidadania para acadar unha lei que protexa os montes comunais galegos do expolio da industria madeireira. 
  • Poderan asinar en apoio da ILP  todas as persoas que teñen dereito a votar en calqueira das elección que se celebran na Galiza.

A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras…) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais.

A Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.

Tamén buscan que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma.

A Organización Galega de Comunidades de Montes quere un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.

12 respuestas a «En marcha a recollida de sinaturas por unha lei que protexa o monte comunal»

  1. El monte es vida , el monte forma parte de nuestras vidas, a mi me encanta caminar por el y escuchar el canto de los pájaros , el murmullo del agua, los distintos olores que en se encuentra, observar la fauna y las flores, para mi es un relax total .

  2. Eliminar a caza?e vés ti currar ó rural,porque se non hai caza non producimos nadiña.Eso é falar por falar e sen coñecemento ningún deste medio de vida.

  3. O monte e un dos únicos recursos que dispoñen os vecinos do pobo para levar a cabo as suas plantaciôns e poder
    axudar a sobrevivir no rural, xa de por sí moi tocado pola despoboaciôn.

  4. Estou dacordo en manter e reforzar si fose necesario o caracter xermanico da titularidade veciñal, tamen como requisito único, para ter a condición de veciño e comuneiro/a.
    En Lugo a onde me podo dirixir para asinar. Son comuneiro dun MVMC en Palas de Rei.

Responder a jorge Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *