- A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia a manipulación da recén creada plataforma de supostos afectados polas comunidades de montes.
- A ORGACCMM sinala que detrás desta plataforma está o interese espurio dalguns empresarios por perpetuar a usurpación franquista do monte veciñal.
A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que recentemente anunciouse a constitución dunha plataforma que, cunha manipulación torticera, autodenominase afectados polas comunidades de montes .Esta plataforma está conformada por particulares e empresarios dos concellos de Vigo e de Mos. Os cales indican que o motivo para súa constitución é o sentirse nunha inseguridade xurídica .
A ORGACCMM sinala que alegan inseguridade xurídica a sabendas de que están ocupando unhas terras, ben en réxime de cesión ou en réxime de propiedade, que non son súas senon de titularidade dos montes veciñais en man común, cuxa propiedad de lexitima pertence às comunidades de montes.
Unhas terras que lle foron cedidas ou vendidas polos respectivos concellos cando estes non eran titulares lexitimos destas terras, senon que eran os beneficiarios da usurpación dos montes veciñais levada adiante pola ditadura franquista. E estes empresarios, para perpetuar esta ilegalidade, exisenlle á Xunta de Galiza que acometa unha nova usurpación dos montes veciñais que beneficie os seus intereses particulares.
Para a Organización Galega, n o caso do empresariado, chove sobre mollado. Esta clase social leva moito tempo tentando que se privaticen os montes veciñais para acaparalos a prezo de saldo .Esta clase social cando decide montar unha empresa ten que valorar se ten terreos para asentala .E se non os posúe ,ten que negociar cos titulares das terras para conseguilos .A clase empresarial, tan defensora da que chaman sacrasanta propiedade privada, desprezan a propiedade veciñal. A desprezan por que queren restarlle a lexitimidade para pusuila eles.
“Se os terreos onde se asentan alegalmente as súas empresas fosen de propiedade privada, esixirianlle a Xunta de Galiza a usurpación dos mesmos? .Seguro que non“, denota Xose A. Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes.
Cuestión algo distinta é, para ORGACCMM, o caso dos particulares que veñen ocupando montes veciñais en réxime de propiedade, superficies adquiridas tamén de xeito alegal, xa que quen llas cedeu ou vendou foi un concello que non era titular das mesmas senon que era o beneficiario da usurpación franquista e ilegal dos montes veciñais.
“Xa que se sínten afectados pola inseguridade xurídica que alegan, os culpables non somos as comunidades de montes, senon os concellos. Polo tanto as súas reclamacións de danos e perxuizos deben dirixilas a estas administracións, non contra nós, os lexitimos propietarios”, subliñan desde a ORGACCMM.
Para a Organización Galega de Comunidades de Montes as verdadeiras afectadas por esta situación que prantexa esta plataforma de afectados son as propias comunidades de montes. Unhas comunidades de montes galegas que por mor da usurpación franquista dos montes veciñais non poderon dispor durante moitos anos dunhas terras que lles pertenecen dende tempos inmemoriais.
A Organización Galega de Comunidades de Montes rexeita plenamente este novo intento dunha nova usurpación dos montes veciñais en man común que pretende a chamada plataforma de supostos afectados polas comunidades de montes.
Ao mesmo tempo, a ORGACCMM reclama que a lei de montes veciñais en man común, no que fai respecto a usurpación dos montes veciñais, recolla o contido da proposta para unha nova lei de montes veciñais contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular, presentada pola propia ORGACCMM e que foi avalada por 12.010 sinatura. Segundo a cal deben declararse nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos levados adiante polos concellos no tempo que durou a usurpación franquista dos montes veciñais.