ACHEGAS Á ESTRATEXIA PARA O FOMENTO DA XESTIÓN ACTIVA DAS MASAS FRONDOSAS
Primeira: Ao punto 1-Antecedentes.
No parrafago 5º eliminar “Esbozar un plan de fomento do cultivo do chopo en Galicia”.
Argumentación: O chopo non é unha frondosa autóctona.
Segunda. Ao punto 1.2.Formacións arbóreas e habitats de bosque.
Neste apartado descríbese as diversas formacións de frondosas que hai no territorio Rede Natura e que moita superficie de este territorio e monte veciñal en man común. Tal e como está oxe a normativa a inclusión dos montes veciñais en man común da Rede Natura faise sen contar coa opinión das comunidades de montes afectadas, dándose de facto unha usurpación de estas terras. Prodúcese tamén unha usurpación da xestión de estas terras xa que quen ten a capacidade de decisión está nos órganos de goberno e de xestión de esta figura de protección na que non participan os titulares dos montes veciñais.
A estratexia para a xestión activa das masas de frondosas deben contemplar que as comunidades de montes, titulares dos montes veciñais en man común ,formen parte do órganos de dirección, planificación e xestión do terrritorio Rede Natura. tal e como o forman a administración pública galega, as organizacións medioambientais e outros.
Argumentación: Ninguén cuestiona a Rede Natura. É mais, débese potenciar, xa que é un elemento máis na defensa do medio ambiente. Mais isto non pode signficar que os titulares das terras que forman parte do territorio Rede Natura queden ao marxe. Máxime cando o que pretende esta estratexia e a xestión activa (é decir dinámica) das masas de frondosas .
Cuarta.
Engadir un Eixo V co titulo “Valoración e cuantificación dos servizos do ecosistema que cumplen as terras incluidas na Rede Natura“.
Argumentación: Enténdense por servizos do ecosistema como aqueles beneficios que un ecosistema aporta a sociedade e que milloran a saúde, a economía e a calidade de vida das persoas. De xeito xenérico agrúpanse en catro bloques: Servizos de aprovisionamento de bens e materias primas (madeira ,auga ,alimentos, …). Servizos de regulación que teñen como función clave a redución dos impactos globais e locais (regulación do clima, do ciclo das augas, control da erosión, …). Servizos culturais asociados o tempo de lecer (restos patrimoniais, practicas deportivas, disfrute do lecer, …). Servizos de soporte a biodiversidade e os procesos naturais que garanten boa parte dos anteriores. Semella que non cabe ningunha dúbida que moitos de estes servizos prestaos as comunidades de montes veciñais en man común. Mais tampouco cabe ningunha dúbida de que estes servizos do ecosistema aportados polas comunidades de montes non están recoñocidos e moito menos valorados e cuantificados.
Parece de recibo que a Administración Pública Galega valore e cuantifique estes servizos ecosistemicos que prestan as comunidades de montes en beneficio de toda a sociedade. Para logo se poideran determinar as medidas compensatorias para os titulares dos montes veciñais en man común.
Quinta. Ao punto 2.5.Superficie de frondosas autóctonas incluída na Rede Natura.
Neste apartado a estratexia fala de que no territorio Rede Natura hai unha zona na que se prioriza a evolución natural ,a conservación da estrutura do bosque e conservación da biodiversidade. E que hai outras zonas mais antropizadas ,nas que poden realizar tratamentos silvicolas. Os dous prantexamentos significan limitacións para os titulares dos montes veciñais. No primeiro dos casos ,hipotecas de uso. No segundo dos casos dificultade para facer os traballos e mesmo encarecemento dos mesmos.
A estratexia para a xestión activa das masas de frondosas tería que contemplar:
1-Para a primeira das situacións, medidas compensatoria por esa hipoteca de uso das súas terras, medidas que teñen que ser de carácter finalista, xa que logo teñen que ser investidas en plantación con frondosas autóctonas e camiñar cara o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentabel.
No caso de que todo o monte veciñal estivese nesta zona de Rede Natura ou o monte veciñal estivese en zona de alta montana ou zona despoboadas, as medidas compensatorias, serian pagos directos. No primeiro dos casos para que a comunidade de montes respectiva poídese adquirir terras o millorar a calidade de vida mediante a execución de obras de carácter social e comunitario .No segundo dos casos para fixar populación no medio.
2-Para a segunda das situacións deberíase elaborar un catálogo de como se deberían levar adiante os traballos silvicolas e as cortas e sacas de madeira ,que non fosen lesivos para o territorio. Ademais de que todo o tipo da axudas que poideran acollerse estas comunidades de montes tivesen subvencións do 100%.
Argumentación: Se a todos e a todas asumimos que en aras do beneficio da sociedade no seu conxunto ,hai terras que teñen que ter seus usos hipotecados ,parece que todos e todas asumamos que esta terras teñan que ter un retorno compensatorio.
Sexta: Ao punto 2.7-Diagnostico preliminar.
Esta estratexia nos factores dinamizadores,di que as masas de frondosas contribúen entre outras cuestións a fixación do C02, para a defensa do medio ambiente .Sen embargo ,oxe en día .a compensación dos titulares das masas boscosas pola captura que fan estas do CO2, mediante a emisión de bonos de capatura e, no mellor dos casos, incompleta. Incompleta porque nesta emisión de bonos de captura do CO2, só capturan este gas nocivo ,as especies forestais plantadas logo de un lume producido dende o ano 2013 ou no que se dera un cambio de uso da terra. Ademais ,o criterio para calcular a captura do C02 das masas boscosas ,situase no medre da madeira. Nesta situación as frondosas están en inferioridade de condicións .
A estratexia para a xestión activa das frondosas, no que foi respecto a captura do CO2 debería contemplar:
-Todas as especies arboreas plantadas de forma que foxe e mesmo as ventureiras ,capturan CO2.
-O criterio de captura do CO2 das frondosas ,non pode baserse no medre da madeira .Hai que valorar as función sociais ,medioambientais e de loita contra o lume que cumplen estas especies forestais .
-A captura de CO2 das especies arbóreas non pode rematar no momento no que se tala a mesma. Débese ter en conta o destino final da mesma.
Argumentación: A captura do C02 das masas boscosas non se debería basearse somentes en criterios economicistas. Deberianse ter en conta criterios diversos.
Septima. Ao punto 3-Obxetivos da estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas .
-Engadir un punto,no parrafago que escomenza con “Adiccionalment….” con seguinte texto: ”Medidas compensatorias para os titulares das terras.”
Argumentación: Parece lóxico que os titulares das terras teñen unha participación activa na estratexia para a xestión activa das masas de frondosas.
Octava:-Ao punto 4-Diseño estratéxico: Eixos e propostas de actuación.
-Engadir un eixo 6 co titulo “Medidas compensatorias para os titulares das terras “ con dúas Medidas: 1-Medidas compensatorias para os titulares das terrras. 2-Protocolo para levar adiante os traballos no territorio Rede Natura.
Argumentación: As mesmas expresadas para a achega quinta .
Novena -Ao punto Eixe 3. Compromisos forestais de xestión .
Neste punto , a estratexia fala de que os montes recreativos e periurbanos poidan adherirse voluntariamente no marco da rede galega de infraestruturas verdes ,así como tamén fala de compromiso voluntario de xestión con certificación de servizos ecosistémicos.
Esta estratexía deberia complementarse :
-No primeiro dos casos,incluindo medidas compensatorias para os titulares dos montes que se inclúan dentro de esa rede de infraestruturas verdes e seguridade de que dos percances que poidan no disfrute de estas infraestruturas verdes, non recaian responsabilidades civís e penaís para os titulares do montes .Ademais de que as comunidades de montes teñen que participar nos órganos de planificación e decisións da rede de infraestruturas verdes.
-No segundo dos casos ,dado que estes certificados son dados por entidades terceiras ,esta estratexia tería que contemplar a validación de seus criterios pola administración pública galega ,así como o prantexamento de medidas compensatorias para os titulares dos montes.
Argumentación: A defensa do medio ambiente e cuestión de todos e de todas .Xa que logo hai que compensar os que contribúen a defensa do medio ambiente.