O Partido Popular veta a ILP en defensa dos montes veciñais

  • A pesar do chamamento da  Organización Galega de Comunidades de Montes a buscar consenso e admitir a trámite a ILP en defensa do monte veciñal para logo ser debatida no Parlamento, o Partido Popular aplicou o seu rodillo parlamentario e votou en contra.

O presidente da ORGACCMM, Xose A. Pereira, interviu hoxe na sesión plenaria do Parlamento para solicitar aos grupos parlamentarios que favorecesen co seu voto a tramitación da Inciativa Lexislativa Popular para unha nova lei de Montes Veciñais que defenda ás comunidades de montes galegas. A pesar do chamamento e de que só se trataba de admitilo a trámite para posterior debate o PP votou en contra e impediu así que se debatera no Parlamento galego, desprezando as miles de persoas que firmaron e avalaron a iniciativa lexislativa da veciñanza comuneira.

Na súa intervención, a representante do Partido Popular deixou claro a súa pretensión de privatizar os montes veciñais galegos para entregarllos de balde para o seu expolio. As comunidades de montes, o seu carácter de propiedade veciñal e a súa xestión comunal son un impedimento para os seus plans.

O presidente da ORGACCMM reafirmou na tribuna que as Comunidades de Montes de Galicia imos resistir a este novo ataque contra o monte veciñal orquestado polo Partido Popular.

Centenario dos Sucesos de Sobredo

Achegamos información de actividades organizadas para a conmemoración do Centenario dos Sucesos de Sobredo:

No 19 de novembro (sábado), a partir das 19:00 h, desenvolveráse no Teatro Municipal de Tui o Acto cívico e social: “Sobredo na memoria 100 anos despois”, do que se achega o programa.

No 27 de novembro (domingo) realizaráse no Campo dos Mártires, ao pé do Monumento aos Mártires de Sobredo, o Acto de conmemoración do centenario dos Sucesos de Sobredo; a programación para dito acto enviaráse proximamente en canto esté pechada definitivamente.

Vai tamén un programa de música coral para o que se conta coas actuacións dos coros:

  • No día 19 de novembro,  o Coro Galego Cantares do Brión
  • No día 27 de novembro,  o Coro Agarimos da Terra

ACHEGAS A LEI DE ACOMPAÑAMENTOS OS ORZAMENTOS XERAIS 2023.

ACHEGAS DA ORGACCMM AS MODIFICACIÓNS DA LEI  7/2012 DO 28 DE XUÑO DE MONTES DE GALIZA PREVISTAS NA LEI DE ACOMPAÑAMENTOS OS ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA DE GALIZA PARA O ANO 2023.

Dezasete. Engádese unha disposición adicional terceira bis, coa seguinte redacción “Disposición adicional terceira bis. Consideración da cesión ou mantemento do carbono nos montes como aproveitamento forestal e protección da integridade das comunidades de montes “.

Primeira: No titulo da disposición adicional terceira bis .sustituir a palabra “cesión “ pola palabra “almacenamento”.

Explicación: Se se mantén a palabra “cesión “,somentes poderán almacenar carbono ,as terras nas que o titular ceda este aproveitamento a terceiros .

Segunda: Engadir no punto 1, un punto 1bis con seguinte texto: ”Todas as masas arbóreas, tanto as derivadas de plantacións como as espontáneas, almacenan carbono, se ben as derivadas de plantacións e plantacións xestionadas. poderán ter unha prima de almacenamento do carbono. Tamén almacena carbono a vexetación do solo: mato, fento, brións, turbeiras,…”

Explicación: Se esta achega non queda refrexada na modificación da lei 7/2012 ,de montes de Galiza, entendese que so capturaran C02, as masas arboreas definidas no  decreto do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. E dicer aquelas plantacións derivadas de un cambio de uso do terreo ou de terreos que padeceran un lume. Este criterio e totalmente negativo para o territorio galego xa que, no primeiro dos casos fomenta a forestación de terras agrarias e no segundo dos casos, convirtese nun alicente para que os lumes sigan sendo un problema para o territorio e para as poboacións.

Terceira: Engadir no punto 1, un punto 1 ter co seguinte texto: ”As comunidades de montes veciñais en man común de xeito individual ou agrupado con outras comunidades de montes, poderán vender créditos de carbono directamente.”

Explicación :Se non se contempla esta cuestión ,non e certo o que afirma a modificación prantexa cando afirma que o almacenamento do carbono nos montes e un aproveitamento forestal .E non o é xa que impide a xestión directa polas comunidades de montes .obrigandoos a cedelas a terceiros mediante un acto de disposición.

Cuarta : No  punto 2,cambear o inicio do texto polo seguinte inicio: Tamén poderanse realizar negocios xurídicos……………………………..

Explicación: En consonancia coa achega anterior .

Quinta  :Engadir ao final do úlitimo parráfago do punto 3 ,o seguinte texto:”cuestión que ten que quedar refrexado no primeiro acordo de cesión.Así mesmo ,no contrato de cesión tamén debe quedar refrexado,as responsabilidades tanto do titular do terreo como do beneficiario da cesión ,no caso de que a masa arborea ,no caso de catástrofes (lumes ,pragas ,inundacións….)”.

Explicación :Non se debe deixar os subarrendamentos  ao libre albedrio do beneficiario da cesión .

Dezaoito.Engadese unha disposición adicional terceira  ter,coa seguinte redación:Disposición adicional  .Sistema voluntario de créditos de carbono.

Primeira: No punto 1 ,sustituír o texto que vai dende o inicio ate “as súas actividades” ,polo seguinte texto:”A Xunta de Galiza  articulará un sistema de créditos de carácter voluntario cun rexistro no que se poderán inscribir  os dereitos de carbono existentes nas súas terras .”

Explicación: O tempo do verbo aplicar siñifica que algo se faga ou que algo se poida facer .En dereito cando se fala de persoas,falase de físicas ou de xurídicas ,pero as comunidades de montes non son persoas ,pero son titulares dos montes que almacenan carbono .Se se di que os dereitos de carbono e o xerádo grazas as actividades ,quere decir que so se contabilizará o almacenamento de carbono proviente de novas plantacións .

Segunda: Sustituir o texto do segundo parrafago do punto 1 ,polo seguinte texto; “O sistema contabilizará  todo o almacenamento do carbono tanto das masas arboreas como da vexetación  do solo,se ben ,primando a xestión sustentabel .No caso das frondosas autóctonas o calculo de almacenamento do carbono incluirá toda a vida do arbol.No calculo de almacenamento de carbono ,tamén se diferenciará ,aquelas masas arboreas que o seu destino final e a queima ,daquela que o seu destino final e a súa transformación en produtos ,xa que estes siguen  almacenando carbono .

Na   a adxudicación de obra ou servizo público baremarese positivamente as empresas que adquiran bonos de captura de C02 dos montes galegos .

Explicación: Se non se fai asi ,ainda que millora algo .o único que fai as modificacións a lei de montes de Galiza ,e aplicar o decreto do Ministerio de Transición Ecoloxica e Reto Democrático que como explicamos na explicación de unha achega anterior ,e negativo para o territorio galego e para as populacións que nel habita .

Achega xenérica:Sustituir en todo o texto das dúas modificacións a lei de montes de Galiza ,”persoas titulares dos dereitos “ por “titulares dos dereitos”.

Explicación:Ademais da xa dada na explicación de unha achega anterior ,hai que ter en conta que estamos a falar de dúas modificación a lei de montes de Galiza e  de que a maior parte do texto das mesmas ,esta referido dos montes veciñais en man común.Xa que logo que os autores-autoras do texto falen de persoas titulares dos dereitos e non de titularidades dos dereitos ,e intencionada.Está intimamente relacionada co intento da consellería do medio rural de dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica .

 

 

Saídas de autobuses gratuitos á manifestación do 15 de outubro en Compostela

MORRAZO:
  • Saída: 10:00h do polígono industrial de Bueu, recollida en Cangas ás 10:15h e logo en Moaña e Domaio.
  • Reserva de prazas:  📞 676479447 Pena e 📞616784273 Moncho.

MOS – VIGO:

  • Saída: 10h do centro social As Pedriñas (Tameiga), recollida en Vigo 10:15 na praza dos Cabalos.
  • Reserva de prazas: 📞 986 288057 ou  📞 616523807

BAIXO MIÑO

  • Saída: 9:30h. dende o Centro Cultural da A Guarda, con puntos de recollida en Pías (O Rosal), Goián (Tomiño) e Currás (Tomiño) Areas (Tui).
  • Regreso de Compostela: 17:00h.
  • Reserva de prazas: 📞664314290.

VAL MIÑOR

  • Saida: 9:30 h do Centro Veciñal de Borreiros -Gondomar
  • Reserva de prazas: 📞636054910)
  • Saida: 930h do mercado de Sabaris
  • Reserva de prazas: 📞649137135).

15O Manifestación en defensa do monte veciñal

15 OUTUBRO COMPOSTELA

POR UNHA LEI DE MONTES VECIÑAIS AO SERVIZO DA
VECIÑANZA COMUNEIRA E DA SOCIEDADE GALEGA

DESCARGAR PDF Diptico Mani 15OCTUBRE

O proxecto de lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular, ademais de parar o roubo dos montes veciñais, é unha lei ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega. De feito que contempla como eixos fundamentais ;
✔️O recoñocemento do monte veciñal como unha titularidade mais, distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas.
✔️O reforzamento do carácter xermánico dos montes veciñais en man común.
✔️Considerar á veciñanza como único requisito para ser titular destas terras comunitaria.
✔️Impedir todo tipo de expropiación dos montes veciñais.
✔️Considerar como aproveitamentos e usos dos montes veciñais todos os que se den nos mesmos.
✔️Capacidade de decisión da veciñanza comuneira para pór en valor as súas terras comunitarias.
✔️Declaración como nulos de pleno dereito de todos os actos de ocupación e usurpación ,así como das súas posteriores transmisión ,que se fixeran de xeito ilegal .
✔️Declaración dos montes veciñais en común como figuras de protección ambiental e cultural en si mesmos .

 

 

 

 

 

 

 

Rexistradas as firmas para avalar a ILP en defensa dos montes comunais

 

 

  • A Organización galega de Comunidades de Montes presentou no rexistro as sinaturas para tramitar a ILP en defensa dos montes comunais. Case 12.000 sinaturas, dos mil máis das necesarias, respaldaron a iniciativa de lei popular para acadar unha lei que preserve o monte comunal en mans da veciñanza comuneira.

A Iniciativa lexislativa popular para protexer os montes veciñais da Organización galega de Comunidades de Montes acadou o respaldo da cidadanía e 12.000 firmas foron entregadas na xunta electoral central de Compostela. Unha vez que a xunta electoral valide as sinaturas comezara o seu trámite no parlamento Galego. 

A iniciativa lexislativa avalada ten por obxetivo preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. 

Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma. 

As comunidades de montes galegas, aseguran desde a ORGACCMM, son as primeiras valedoras dun monte funcional e unha silvicultura sustentabel. Subliñan a importancia das comunidades de montes como dinamizadoras do rural pola súa xestión democrática dos   recursos. A custodia do territorio é intrínseca a autoorganización asamblearia da veciñanza comuneira.

Na posterior reunión co Partido Socialista insistiuse na necesidade de manter o carácter comunal da xestión dos montes vecñais. Neste sentido a ORGACCMM propón que se algún monte veciñal carece de poboación suficiente para xestionalo se traspase temporalmente a súa xestión á unha comunidade de montes aledaña e non se entregue sen máis a unha empresa madereira por 50 anos como pretende o Partido Popular nas súas modificacións leislativas.

“Levamos anos denunciando que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras…) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais“, explica Xosé Pereira, presidente da Organización galega de Comunidades de Montes. 

A ILP presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita o apoio das forzas políticas que conforman o Parlamento galego para que saia adiante esta lei e lograr así un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.

Levan á Xunta ante a Fiscalía como responsable da vaga de lumes

 

  • A plataforma Por un Monte Galego con Futuro denunciou ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta de Galicia ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia.

 

Diversas organizacións, ecoloxistas e sindicais, que conforman a plataforma Por un Monte Galego con Futuro presentaron denuncia ante a fiscalía pola inacción da Consellería de Medio Rural ante a vaga de lumes que arrasou nas últimas semanas ecosistemas de gran valor como o Parque Natural do Invernadeiro e Macizo Central ourensán, Serra do Courel, bisbarra de Valdeorras, Val de Monterrei, Montes da Cañiza, Montes da bisbarra do Ribeiro e Arenteiro… 

Tamén solicitaron á Valedora do Pobo que actúe de oficio e investigue en profundidade a actuación do goberno galego na prevención e extinción dos incendios forestais para o esclarecemento das responsabilidades penais.

Sinalan que o dano producido polos incendios forestais, coa calcinación de miles de hectáreas de montes e destrución de ecosistemas, agravouse debido a que a maioría dos traballos de prevención de incendios previstos para o ano 2022 están sen facer a día de hoxe. Apenas se executou parte do Plan de prevención de incendios forestais presentado o 5 de maio de 2022 polo entón Presidente da Xunta de Galicia don Alberto Núñez Feijoo, cun orzamento de masi de 180 millóns de euros, que entre outras partidas, tiña previsto un investimento de 33 millóns de euros para prevención e intervir en 58.000 hectáreas de montes, 58.000 quilómetros de pistas… 

Ademais sosteñen que o alcance e repercusión dos incendios forestais tería sido moito menor de activarse todo o operativo de “Tempada de Máximo Risco de Incendios” tal e como establece o PLADIGA 2022. Tendo en consideración a situación de alarma por risco extremo de incendio forestal, debíase ademais adoptar as medidas complementarias establecidas nos protocolos de Protección Civil tanto da comunidade autónoma como do Estado español.

“Os indicadores diarios de incendios forestais permitían vaticinar que, en caso de focos iniciais de incendio forestal, estes podían converterse con facilidade en Grandes Incendios Forestais como así lamentablemente pasou a partires do 14 de xullo” – subliña  Xosé Santos voceiro da Plataforma Por un Monte Galego con Futuro Logo, producidos os primeiros focos iniciais, non se actuou en tempo e forma cos medios suficientes co fin de intentar controlar a súa expansión e minimizar os efectos dos lumes tanto nos ecosistemas como os danos económicos e sociais que se podían producir”.

Desde a plataforma Por un Monte Galego con Futuro tamén destacan a dramatica situación que se viviron en aldeas e poboacións con varias casas calcinadas por uns incendios forestais incontrolados pola falla de medios especialmente entre o 14 e o 27 de xullo. Recalcan que o operativo para extinguir os incendios estivo desbordado desde o principio pola falla de medios técnicos, materiais e humanos. Así, as brigadas que entraban día si e día tamén con só 1, 2 ou 3 compoñentes cando a brigada forestal tipo dos servizos forestais de Galicia é de 5 compoñentes, as poucas autobombas dispoñibles estiveron sen cubrir as 24 horas do día por falla de condutores, houbo vehículos autobombas gardadas nos garaxes, brigadas de reforzo de verán das bases de helicópteros sen contratar, brigadas de concellos sen activar, vacantes e baixas do operativo de prevención e extinción de incendios forestais sen cubrir. 

Consideran que o grado de mobilización do operativo de prevención e extinción de incendios foi equiparable ao que se activa durante unha precampaña nos meses de marzo, abril, maio, xuño. Mentres montes enteiros ardendo, os espazos naturais de máis valor de Galicia calcinándose e aldeas afectadas con casas queimadas.

Ademais alertan que no mes de xullo en Galicia queimáronse preto de 40.000 hectáreas con millóns de animais atrapados e mortos polo avance das lapas sen que haxa un protocolo de actuación para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente.

A plataforma agarda que a Fiscalía abra unha investigación ante o enorme prexuizo causado polo desleixo da Xunta. Xa que ademais do grave dano causado nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia, arrasando coa flora e fauna e afectando aos acuíferos e ecosistemas fluviais, tamén houbo unha perda de vivendas, instalacións e danos nas infraestruturas, fortes perdas económicas e sociais que poñen en risco a sustentabilidade e o futuro das bisbarras afectadas.

Os lumes do desleixo arrasan o territorio

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que este ano a Consellería de Medio Rural suprimiu a liña de axudas para prevención dos lumes forestais que viñanse sacando continuamente dende fai moitos anos.
  • A ORGACCMM xa alertara desta situación a primeiros de maio, conxuntamente con un grupo de bombeiros/as forestais, e  da precariedade das brigadas de bombeiros forestais que séguense a contratar por só un período de seis meses, totalmente insuficiente. 

Segundo a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) o combate máis eficaz contra os lumes forestais consiste en  eliminar as causas estruturais que o provocan. Entre estas causas estruturais, a ORGACCMM destaca o modelo de monte forestalista que impide que os propietarios dos montes sexan protagonistas da posta en valor da súas terras,

A ORGACCMM sinala que a Consellería do Medio Rural camiña no senso contrario e no canto de tentar de eliminar as causas estruturais dos lumes de territorio, adopta medidas que profundizan máis nelas. Subliñan que boa proba disto é a eliminación das axudas para acadar un monte multifuncional ou a súa pretensión de modificar a lei de montes veciñais para proceder a súa privatización.

As causas estruturais que provocan os lumes do territorio deben que ser remediadas a medio prazo e mentres é preciso dispor todo ano das brigadas de prevención e extición de lumes para poder levar adiante unha política de prevención consistente en traballos de silvicultura, rotura da continuidade das masas boscosas, limpeza de cortalumes, puntos de auga, etc…

Poren, a Consellería do Medio Rural non adopta medidas decididas na política de prevención de lumes e segue a contratar as brigadas de bombeiros forestais por só un período de seis meses e eliminou a liña de axudas para prevención dos lumes forestais que viñanse sacando continuamente dende fai moitos anos.

“Os devastadores lumes que está padecendo Galiza nestes intres: Courel, Valdeorras ou Serra do Invernadoiro son consecuencia da nefasta política de montes de Medio Rural. Ademais son incendios que van máis aló do forestal, son lumes do territorio qe están afectando ás vivendas e o modo de vida do rural” declara Xose Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).

Denuncian as malas prácticas de Naturgy coa complicidade de Medio Rural

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala a empresa Naturgy como responsable na problemática xurdida na xestión da biomasa forestal no tendido de liñas de alta e media tensión que atravesa o monte veciñal de comunidade de montes de Teis.

A ORGACCMM rexeita a actuación da Consellería de Medio Rural, quen ameazou a comunidade de montes de Teis con abrirlle un expedente sancionador ante unha denuncia da empresa Naturgy  que non se axusta a realidade, xa que non e certo que a comunidade de montes de Teis lle impedira o paso para que operarios de dita empresa xestionar a biomasa forestal baixo as liñas de alta tensión.

Sinalan que pola contra, nada di Medio Rural de abrir expedente sancionador  a Naturgy,  empresa responsable da xestión da biomasa forestal, por incumplir a vixente lei de prevencíon e defensa contra os lumes forestais.

“Naturgy  non comunicou a comunidade de montes de Teis a entrada no seu  monte para realizar os traballos. Non retirou nin triturou os restos da biomasa forestal deixando unha grande cantidade de combustibel no monte. Actúan como se o monte fora deles coa complacencia da Consellería de Medio Rural quen volve a amosar o desprezo hacia a veciñanza comuneira.” subliñan desde a Organización Galega de Comunidades de Montes.

Ademais a empresa responsabel da xestión da biomasa forestal eliminou unha vexetación de frondosas de idade madura que estaba prantexada como un corredor vexetal contra os lumes forestais. Unha plantación de frondosas que foi subvencionada pola propia Consellería do Medio Rural. Plantación de frondosas autóctonas que tamén tiña como obxetivo erradicar a acacia, especie invasora que está colonizando o monte galego.

A Organización Galega de Comunidades de montes (ORGACCMM) manifesta o seu apoio a comunidade de  montes de Teis e reclama á empresa Naturgy que respecte o monte veciñale no fagan unha interpretación retorcida e interesada da lei de prevención e defensa contra os lumes forestais.

“Na loita contra os lumes forestais, o interese xeral  deben estar por riba dos intereses e negocios particulares” recalcan desde a organización comuneira.

 

Á ATENCIÓN DAS COMUNIDADES DE MONTES DE MONTES VECIÑAIS COSTEIROS

  • Costas está procedendo a facer os deslindes das demarcacións marítimo terrestres aplicando  criterios uniformes e con total descoñocemento da realidade galega. Está incluíndo nestas demarcacións a moitos montes veciñais en man común. Está facendoo mesmo de xeito ilegal xa que a propia lei de costas di que as demarcacións marítimo terrestres son as superficies comprendidas entre a liña do mar e a liña marcada pola marea mais grande (a pleamar).

O que está facendo costas con estes deslindamentos é unha nova confiscación dos montes veciñais, xa que sitúandoos dentro destas demarcacións perden a titularidade veciñal para convetirse en titularidade do Estado .

A ORGACCMM entende que as comunidades de montes temos que parar este novo roubo dos montes veciñais . Para iso, o primeiro que debemos facer e enterarnos se o noso monte veciñal  está dentro da demarcación marítimo terrestre.

Para comprobalo podedes entrar nas seguinte páxinas sig.mapama.gob.es/dpmt/ , entrando no visor dominio público marítimo terrestre ou na páxina mapas.xunta.gal/visores/pba/

Logo da comprobación poñedevos en contacto coa ORGACCMM para que con datos reales poidamos iniciar evitar esta nova confiscación dos montes veciñais.