[NOTIFICACIÓN] Prazo para a realización de asembleas xerais e prórroga do mandato das xuntas reitoras

Artigo 17. Modificación da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común

Engádese unha disposición adicional sétima coa seguinte redacción:
«Disposición adicional sétima. Prazo para a realización de asembleas xerais e prórroga do mandato das xuntas reitoras

1. As asembleas xerais das comunidades de montes veciñais en man común, no querespecta ás obrigas previstas na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñaisen man común, en canto ao seu funcionamento e gobernanza, poderán, en funciónda evolución da situación de emerxencia sanitaria causada pola covid-19, aprazar  arenovación de xuntas reitoras, a actualización do censo de comuneiros e do libro decontabilidade e a celebración anual de asembleas xerais e, por tanto, a aprobación de actos de disposición e outras obrigas normativamente previstas, como a comunicación anual de reinvestimentos.

2. Respecto do mandato das xuntas reitoras das comunidades de montes afectadas no relativo á súa renovación pola emerxencia sanitaria existente, e cuxa vixencia se vise afectada polas medidas excepcionais adoptadas desde o 14 de marzo de 2020, sen prexuízo de que poidan ser renovados ou separados en calquera momento anterior polo órgano competente. As xuntas reitoras poderán tomar as decisións que resulten indispensables e necesarias para a boa gobernanza e xestión do monte veciñal en man común. Unha vez finalizado este período excepcional deberán informar cumpridamente os comuneiros da totalidade dos acordos adoptados e dos motivos que xustificaron a súa adopción, e, así mesmo, deben ser expresamente referendados na primeira asemblea xeral que teña lugar, en canto a situación sanitaria o permita.

As modificacións previstas nesta disposición serán aplicables directamente ás comunidades de montes en man común con independencia do que dispoñan os seus estatutos. Non obstante, cando se pretenda modificar os estatutos vixentes, estes deberán adaptarseintegramente ao disposto nesta lei.».

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *