Convocatoría  Asemblea Xeral – Sábado 20M

👉🏿DESCARGAR SALVOCONDUCTO

ORDE DO DIA:

1)-LECTURA E APROBACIÓN DO ACTA ANTERIOR, SE PROCEDE.

2)-ALTAS E BAIXAS NO CENSO DE COMUNIDADES.

3)-APROBACIÓN, SE PROCEDE DO INFORME  DE XESTIÓN DA XUNTA REITORA.

4)-APROBACIÓN, SE PROCEDE DO ESTADO DE CONTAS E DA CUOTA 2021

5)-INFORMACIÓN DAS ULTIMAS LEXISLACIONS REFERENTES AO MONTE VECIÑAL (1ª revisión plano forestal, lei de simplificación administrativa ,contratos de xestión pública, lei de recuperación de terras agrarias)

6)-COMUNIDADES ENERXÉTICAS.

7)-CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO VII CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES E DO IV ENCONTRO EUROPEO DE AREAS COMUNITARIAS.

8)-PROPOSTAS E PREGUNTAS .

Rematada a asemblea xeral, celebraremos un xantar de irmandade no Restaurante Camping Fraga Balada. O prezo do xantar e de 25€ por persoa. As comunidades que queiran participar no mesmo, deberán ingresar a cantidade na conta da ORGACCMM (ES64,2080 5072 64 3040006296 de ABANCA). O ingreso debedes facelo antes do día 17 de Marzo, facendo constar o nome da comunidade e o número de persoas .

NOTAS:

1)-Acompañamos un salvoconducto para poder desplazarvos

2)-Este xunta reitora é conscente do tempo de pandemia que estamos a vivir. Mais, quixeravos pedir un esforzo para que acudades a asemblea. Están a cair unha chea de lexislacións agresivas contra o monte veciñal. Só as pode parar as comunidades de montes se nos movilizamos e seguimos organizados.

 

4 respuestas a «Convocatoría  Asemblea Xeral – Sábado 20M»

  1. Boa tarde:

    O meu nome é Iván Castelo. Son membro da directiva da comunidade De Montes de Bravos. Concello de Ourol, na provincia de Lugo.

    Quixera saber cales son as conducción que hai que cumplir para poder asistir a estas asambleas; si pode ir calquera comunidade de montes.

    Agradezco a información que me podan facilitar.

    Un saúdo

    1. Bo día.
      Por suposto que poden asistir tódalas Comunidades de Montes que queiran.
      As que están dadas de alta na nosa base de datos, xa reciben a convocatoria, as demáis poden enterarse pola Web e asistir sen máis.
      Grazas polo interese, vémonos na seguinte Asemblea Xeral.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *