Xornada ante a vaga de clasificación dos montes comunais impulsada por Medio Rural

 

  • A veciñanza comuneira de Entrecruces no concello de Carballo e a Organización Galega de Comunidades de montes organizan unha xornada de palestras sobre a non clasificación e a desclasificación dos montes veciñais.

 

 

  • A xornada terá lugar na casa da comunidade de montes de Noalla no concello de Sanxenxo, o dia Sabado 28 de Setembro de 2024.

 

A Organización Galega de Comunidades de Montes detectou que dende hai algún tempo os xurados  provinciais de clasificación de montes, organismos dependentes da Consellaría do Medio Rural, non están clasificando, mesmo están desclasificando, montes veciñais en man común baseándose en criterios contrarios ao que dita a lei de montes veciñais en man común actualmente vixente.

Denuncian que para isto os xurados provinciais están utilizando criterios tales que a veciñanza comuneira ten que demostrar o uso continuado destes montes, que as terras teñen que ter somentes un uso forestal ou que teñen que ter unha superficie mínima. Criterios que, sinalan, son contrarios a lei e que logo non son avalados polos tribunais da xustiza ordinaria.

A ORGACCMM alerta que detrás destes criterios hai un intento da Consellería de Medio Rural de eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais para usurparlle estas terras á veciñanza comuneira. “No chamado Libro Branco sobre os montes veciñais, que é o documento base para a elaboración de esa nova lei de montes do veciñais do PP, reflíctese que se vai eliminar o carácter inalienable dos montes veciñais, que se reformará o concepto de veciño/a comuneiro/a para dar entrada no mesmo as persoas físicas e xurídicas, aínda que no vivan no lugar, para así entregar o monte veciñal ás grandes empresas madereiras”, declara Pepe Pereiras, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes.

Para denunciar este intento de eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais a veciñanza comuneira da parroquia de Entrecruces e a Organización Galega de Comunidades de Montes organizan unha xornada de palestras sobre a non clasificación e a desclasificación dos montes veciñais. Estas charlas e mesas redondas terán lugar na casa da comunidade de  montes de Noalla no concello de Sanxenxo, o sábado 28 de Setembro de 2024.

Nesta xornada de montes analizarase o porqué deste ataque aos montes veciñais en man común e buscaranse as alternativas necesarias  para reforzar o carácter xermánico dos montes veciñais e a consideración dos mesmos como unha titularidade distinta e en pé de igualdade coas titularidade públicas e privadas.

PROGRAMA DAS XORNADA:

10`00 Horas: Presentación das Xornadas a cargo de Germán García  Bugallo membro da ORGACCMM e o Oscar  Vazquez Rama, vecino de Entrecruces (Carballo).

10´30 Horas: Mesa redonda sobre “A non clasificación e a desclasificación dos montes veciñais” coa participación de Roberto Garrido Pérez, presidente da comunidade de montes de Noalla (Sanxenxo) e Ana Maria Gonzalez Cadaval, presidenta da comunidade de montes de Carreira (Ribeira), Antonio Lorenzo Gonzalez, presidente da comunidade de montes de Salvaterra, Xosé Ramón Millán López, presidente da Mancomunidade de montes do Morrazo, Daniel González Vázquez, presidente da comunidade de montes de Hio (Cangas), Maria Teresa Fraga Ferro, veciña de Entrecruces, Jose Mesejo  Santiago, presidente da Asociación Comuneiros do Chá e Luis Rodriguez Perez, presidente comunidade de montes de Cabral (Vigo).                                            

12`00 Horas: Mesa redonda sobre “O porque de estas non clasificacións e desclasificacións dos montes veciñais “ con Xose Carlos Morgade Martinez, representante das comunidades de montes no Xurado provincial de clasificación de montes veciñais de Pontevedra, Calixto Escariz Vazquez, avogado especializado e Xose Alfredo Pereira Martinez, presidente da ORGACCMM.

13`00 Horas:  Debate

14`00 Horas:  Xantar 

16´30 Horas:  Proxección da unidade didáctica sobre o monte veciñal a cargo de Claudio Quintillán Vallejo, presidente de Ingateco.

17´30  HorasLectura das conclusións e peche da Xornada a cargo de Generosa Gey Piñeiro, vicepresidenta da ORGACCMM.

COMO PARTICIPAR NAS XORNADAS: As comunidades de montes e as persoas que queiran participar na Xornada poden facelo chamando ao moóbil 649137135 ou no correio electrónico antes do dia 27 de Setembro de 2024.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *