O monte veciñal en mán común e as comunidades de montes son uns grandes descoñocidos na sociedade galega. A realidae do monte veciñal que abrangue unha boa parte do territorio galego non se estuda en ningún ciclo do ensino (dende a primaria ate a universidade).
Para tratar de correxir esta eiva, o Instituto Galego de Terras Comuntiarias (Ingateco) e a Organización galega de comunidades de montes (Orgaccmm), acaban de elaborar unha unidade didactica sobre o monte veciñal .
Esta unidade didactica vai orientada ao alumnado do último curso de primaria, da Eso e do Bacheralato. Algúns dos contidos destacados desta unidade didáctica entre outros son:
- Que tipo de titularidade son os montes veciñais en mán común
- Que son as comunidades de montes
- Breve historia sobor os montes veciñais
- Como se toman as decisions nas comunidades de montes
- Como se xestionan os montes veciñais
- Cales son as funcions dos montes veciañis
- Cales son os diversos usos dos montes veciñais
Esta unidade didáctica está a disposición das comunidades de montes galegas que a soliciten para difundirla nos centros de ensino de cada demarcación. Así para acabar con este descoñecemento intentar acadar que para o vindeiro curso escolar a unidade didactica sobor o monte veciñal sexa impartida nun número importante de centros de insino de Galiza.
Ola
Desde a comunidade de montes de Darbo, en Cangas, estamos interesados en difundir a unidade didáctica como recurso educativo, así que agradeceríamos que nola enviedes ao correo electrónico da xunta reitora.
Gracias polo traballo!
Un saúdo.
Boas, escribo dende Ferrol onde pertenzo a unha comunidades de montes ainda sen clasificar en disputa co concello, mais que xa xestionamos o monte do Cha (parroquia de Brión e Doniños). Traballamos tamén co colexio e gustaríanos dispoñer da unidade didáctica que creáchedes.
Un saúdo
Boas, podesdes conseguila chamando o 639854710