Solicitan apoio aos concellos para preservar o monte comunal

Esta iniciativa da Organización Galega de Comunidade de Montes ven motivada  pola presas que ten o Partido Popular para eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais en man común como paso previo para proceder a súa privatización masiva.

No Consello forestal celebrado o pasado mes de Xaneiro, por iniciativa do conselleiro do medio rural,  aprobouse o procedemento de participación cidadán que consistía na recollida de propostas das organizacións que conforman dito consello.  A Consellería do Medio Rural comprometíase a elaborar con estas achegas un borrador que sería de novo debatido no Consello forestal. Unha vez debatido se exporía a consulta pública e entrada no Parlamento Galego.

A pesar deste compromiso, o Presidente da Xunta de Galiza e do Partido Popular, logo do consello da Xunta de Galiza do pasado dia 31 de Marzo, anuncia que a futura lei de montes veciñais en man común será presentada no Parlamento Galego polo grupo do Partido Popular saltándose todo o proceso de participación sectorial e ninguneando á Organización Galega de Comunidade de Montes, asociación con maior representación dos montes veciñais.

Tan acuciados están pola mobilización social en defensa do monte comunal que está a despertar a ILP presentada pola ORGACCMM que non respectan nin tan sequera o procedemento de participación que a propia Conselleria aprobou e que xa era a mínima expresión do que require unha lei de montes veciñais en man común.

O Partido Popular quere aprobar pola vía rápida unha lei de montes veciñais en man común porque está cumpre os peores pronósticos denunciados pola ORGACCMM. De aprobarse esta lei como pretende o Partido Popular abriríase a porta a expropiación ou enaxenación dos montes veciñais, xa que poderían perder a súa condición de comunal e intrasferible. A ORGACCMM alerta de que se ista lei se leva adiante, o expolio  está servido: a industria madereira farase co monte veciñal e perderase a silvicutura sostible  e o monte multifuncional que defenden e practican as comunidades de montes galegas.

“Se de verdade o interese da Consellería do medio rural non fose privatizar os montes veciñais en man común, unha das modificacións da futura lei de montes veciñais en man común sería o recoñocemento dos montes veciñais como unha titularidade distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. No canto diso queren que os montes veciñais perdan o seu caracter de propiedade xermánica e poidan ser expoliados pola industria madereira” Denuncia Xose Pereira, presidente da Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM).

As comunidades de montes galegas chaman a moblización da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto para frear este roubo dos montes veciñais en man común que pretende perpetrar o Partido Popular. No ámbito desta mobilización sitúase a  recollida de sinaturas para respaldar a Iniciativa Lexislativa Popular para que o Parlamento Galego aprobe unha verdadeira lei de montes veciñais que protexa a súa titularidade comunal e fomente o aproveitamento sostible e multifuncional que xestiona a veciñanza comuneira .

descargar aquí 

[MOCIÓN CONCELLOS ILP MONTES COMUNAIS]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *