Rexistradas as firmas para avalar a ILP en defensa dos montes comunais

 

 

  • A Organización galega de Comunidades de Montes presentou no rexistro as sinaturas para tramitar a ILP en defensa dos montes comunais. Case 12.000 sinaturas, dos mil máis das necesarias, respaldaron a iniciativa de lei popular para acadar unha lei que preserve o monte comunal en mans da veciñanza comuneira.

A Iniciativa lexislativa popular para protexer os montes veciñais da Organización galega de Comunidades de Montes acadou o respaldo da cidadanía e 12.000 firmas foron entregadas na xunta electoral central de Compostela. Unha vez que a xunta electoral valide as sinaturas comezara o seu trámite no parlamento Galego. 

A iniciativa lexislativa avalada ten por obxetivo preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. 

Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma. 

As comunidades de montes galegas, aseguran desde a ORGACCMM, son as primeiras valedoras dun monte funcional e unha silvicultura sustentabel. Subliñan a importancia das comunidades de montes como dinamizadoras do rural pola súa xestión democrática dos   recursos. A custodia do territorio é intrínseca a autoorganización asamblearia da veciñanza comuneira.

Na posterior reunión co Partido Socialista insistiuse na necesidade de manter o carácter comunal da xestión dos montes vecñais. Neste sentido a ORGACCMM propón que se algún monte veciñal carece de poboación suficiente para xestionalo se traspase temporalmente a súa xestión á unha comunidade de montes aledaña e non se entregue sen máis a unha empresa madereira por 50 anos como pretende o Partido Popular nas súas modificacións leislativas.

“Levamos anos denunciando que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras…) poidan facerse coa xestión de montes veciñais e comunais“, explica Xosé Pereira, presidente da Organización galega de Comunidades de Montes. 

A ILP presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita o apoio das forzas políticas que conforman o Parlamento galego para que saia adiante esta lei e lograr así un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.

Una respuesta a «Rexistradas as firmas para avalar a ILP en defensa dos montes comunais»

  1. Enhorabuena a la labor que está organizando esa organización. . Después de la Ley con carácter de urgencia sobre Prevención y reposo cien de los montes frente a fuegos . Buscaré el contenido de la presentado pero creo que hace falta unirse con otras òrganos d l Estado. Incluir la no privatización y consecuencias para los políticos ( Ayuntamientos, Autonomías , administración central etc. El que se presenta para representarnos admite la presidenta responsabilidad directa de los perjuicios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *