REUNION COS PARTIDOS POLITICOS GALEGOS PARA SOLICITARLLES A
PRESENTACIÓN DE MOCIONS NOS CONCELLOS EN DEFENSA DOS MONTES VECIÑAIS
O pasado venres, 11 de Outubro de 2024, a Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM) ven de reunirse co PSOE para solicitarlles a presentación de mocións nos concellos de Galiza para a defensa dos montes veciñais en man común. O BNG excusou a sua axistencia por motivos de axenda e o PP non asistiu á reunión .
Na reunión a ORGACCMM solicitoulle ao PSOE a presentación, nos concellos onde teñen representación, de mocións para instar á Consellaría do medio rural e aos partidos políticos de Galiza co fin que que na nova lei de montes veciñais se contemple:
- Reforzar o carácter xermánico dos montes veciñais.
- Considerar a veciñanza como único requisito para gozar dos dereitos dos montes veciñais.
- Declarar como nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos, así como as posteriores transmisións, levados adiante sen autorizacións das comunidades de montes.
- Non dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica.
- Reforzar a capacidade xurídica das comunidades de montes para a realización de todos aqueles actos e negocios xurídicos vinculados a xestión e defensa dos recursos dos montes veciñais e dos intereses da veciñanza comuneira.
- Mantemento dos xurados provinciais de clasificación de montes veciñais.
- Declarar as comunidades de montes como entidades de interese social e da utilidade pública .
Tamén se lle solicitou que na parte resolutiva da moción se instase ao goberno central que:
- Se recoñoce aos montes veciñais en man común como titulares distintas e en pé igualdade coas titularidades públicas e privadas.
- Considerar a todos os efectos que a plena capacidade xurídica das comunidades de montes veciñais en man común e similar a personalidade xurídica para todos os actos e negocios xurídicos vinculados os multiples recursos dos montes veciñais e a defensa dos intereses da veciñanza comuneira .
O PSOE manifestou que levará esta solicitude os seus órganos de goberno e da súa decisiçión informará a ORGACCMM.