- Unha representación da Organización galega de comunidad de montes mantivo reunións no Parlamento coas tres forzas políticas con representación.
- Trasladaron aos grupos parlamentarios galegos a necesidade de preservar a xestión comunitaria do monte vecinal para ter un aproveitamento sostible dos recursos e que o monte non sexa pasto da industria madeireira.
A Organización galega de comunidad de montes (ORGACCMM) mantivo contactos este mércores 6 de abril cos tres grupos parlamentarios: BNG, PSOE e PP no Parlamento Galego co gallo de acadar o respaldo parlamentario a súa iniciativa de lei sobre montes veciñais.
Unha iniciativa lexislativa que pretende preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma. As comunidades de montes galegas son as primeiras valedoras dun monte funcional e unha silvicultura sustentabel.
Na conversa co grupo do Bloque Nacionalista Galego púsoxe de manifesto a importancia das comunidades de montes como dinamizadoras do rural pola súa xestión democrática dos recursos. A custodia do territorio é intrínseca a autoorganización asamblearia da veciñanza comuneira.
Na posterior reunión co Partido Socialista insistiuse na necesidade de manter o carácter comunal da xestión dos montes vecñais. Neste sentido a ORGACCMM propón que se algún monte veciñal carece de poboación suficiente para xestionalo se traspase temporalmente a súa xestión á unha comunidade de montes aledaña e non se entregue sen máis a unha empresa madereira por 50 anos como pretende o Partido Popular nas súas modificacións leislativas.
No derradeiro encontro da mañá, a Organización galega de comunidad de montes reuniuse con deputados do Partido Popular. A pesar de ser a única forza política coa que hai un desencontro evidente no xeito de xestionar o monte veciñal, alomenos acadouse o compromiso por parte dos populares de contar coa ORGACCMM como principal interlocutor sectorial para a reforma da lei de montes que quere tramitar en breve o goberno da Xunta.
Despois das xuntanzas, a ORGACCMM sae máis decidida aínda a buscar o respaldo da sociedade galega para que o Parlamento tramite a ILP rexistrada por esta organización para preservar os montes veciñais e manter vivo o rural.