Reunión con Costas e Catastro para frear a incautación de montes comunais

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes comenzou a rolda de reunións con representantes del gobierno estatal para paralizar a incautación dos terreos litorais das comunidades de montes.

A Organización Galega de Comunidades de Montes está moi preocupada polas comunicacións do catastro recibidas que anunciaban que as terras de monte veciñal incluidas na demarcación marítimo-terrestre pasaban a ser de titularidade da Administración do Estado. Mediante estas comunicacións o Ministerio de Economia e Facenda, as xerencias territoriais dos catastros, estaba procedendo a unha confiscación dos montes veciñais en mán común amparándose nunha lexislación que non recoñece a realidade de Galiza.

Ante esta situación a ORGACCMM representada polo seu presidente, Xosé Alfredo Pereira, e a súa coordinadora, Violeta de Santiago, xunto con representantes das Comunidades de Montes de San Miguel, Tabagón do Rosal, e de Salcidos da Guarda, tiveron unha reunión coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba e técnicos de Costas e Catastro.

Foi unha primeira toma de contacto que a Organización Galega de Comunidades de Montes valora positivamente. “Ademais de poñer enriba da mesa as cuestións que nos preocupan, comprobamos con agrado a boa disposición e receptividade tanto da Subdelegada como dos técnicos asistentes e quedamos emprazados a seguir traballando para acadar solucións” resume Violeta de Santiago, coordinadora da Organización galega de comunidades de montes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *