Presentación dunha ILP para acadar unha Lei que protexa os montes comunais

 

 

 

  • A ORGACCMM pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras.

Sinalan que a campaña do Partido Popular para confiscar os montes comunais comenzou no ano 2012 coa promulgación de lei de montes de Galiza. Deu un chanzo importante neste intento coa lesiva lei de acompañamentos os orzamentos da Xunta de Galiza do presente ano, na que o Partido Popular regulaba a usurpación dos montes veciñais en man común á veciñanza comuneira para entregarllos os concellos e as industrias madereiras. E agora, a Conselleria do Medio Rural pretende dar o golpe definitivo ao roubo dos montes veciñais ao incluir no orde do dia do Consello Forestal a celebrar o vindeiro 18 do Xaneiro un punto para o “Inicio da revisión normativa que regula os montes veciñais“. Así, denuncian desde a ORGACCMM, o Partido Popular quere dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica e eliminar o seu carácter comunal e intrasferible.

Desde a Organización Galega de Montes Comunais resaltan que toda esta política usurpardora e confiscadora dos montes veciñais en man común está sendo levada a cabo sen contar coa opinión das comunidades de montes quen son os lexitimos titulares dos montes veciñais.

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia. Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir. Os principios fundamentais que motivan a presentación desta Iniciativa Lexislativa Popular son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel, e unha fiscalidade aaxeitada a figura e as funcións dos montes veciñais .

2 respuestas a «Presentación dunha ILP para acadar unha Lei que protexa os montes comunais»

Responder a Jose Manuel Pacin Vazquez Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *