O Partido Popular veta a ILP en defensa dos montes veciñais

  • A pesar do chamamento da  Organización Galega de Comunidades de Montes a buscar consenso e admitir a trámite a ILP en defensa do monte veciñal para logo ser debatida no Parlamento, o Partido Popular aplicou o seu rodillo parlamentario e votou en contra.

O presidente da ORGACCMM, Xose A. Pereira, interviu hoxe na sesión plenaria do Parlamento para solicitar aos grupos parlamentarios que favorecesen co seu voto a tramitación da Inciativa Lexislativa Popular para unha nova lei de Montes Veciñais que defenda ás comunidades de montes galegas. A pesar do chamamento e de que só se trataba de admitilo a trámite para posterior debate o PP votou en contra e impediu así que se debatera no Parlamento galego, desprezando as miles de persoas que firmaron e avalaron a iniciativa lexislativa da veciñanza comuneira.

Na súa intervención, a representante do Partido Popular deixou claro a súa pretensión de privatizar os montes veciñais galegos para entregarllos de balde para o seu expolio. As comunidades de montes, o seu carácter de propiedade veciñal e a súa xestión comunal son un impedimento para os seus plans.

O presidente da ORGACCMM reafirmou na tribuna que as Comunidades de Montes de Galicia imos resistir a este novo ataque contra o monte veciñal orquestado polo Partido Popular.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *