A Coordenadora “Eólica, Así Non”, baixo o lema “Temos alternativa. Enerxía xusta por e para o pobo“, convoca unha manifestación fronte a actual invasión eólica do territorio galego. As manifestacións terán lugar o día 11 de Decembro de 2022, o día das Montañas.
Os máis de 300 proxectos de enerxía eólica en tramitación no pais, xunto coas liñas de evacuación e outras infraestruturas, sumados aos xa en funcionamento, terán un impacto irreparabel no conxunto do territorio galego e especialmente nos montes veciñais.
A vaga eólica que estamos a vivir entrega o territorio galego aos intereses do oligopolio elétrico pondo en risco a supervivencia do rural galego e o equilibrio ecolóxico do pais. Para os montes veciñais implica unha expropiación directa dos montes sen ter en conta a opinión da veciñanza comuneira.
A Organización Galega de Comunidades de Montes apoia as mobilizacións convocadas pola Coordenadora “Eólicos Así Non “ para o dia 11 de Decembro. Mobilizacións que terán lugar nas localidades de: A Baña, Coristanco, Moeche, A Fonsagrada, Becerreá, Foz, Lugo, Antas de Ulla, Meira, Mondoñedo, Forcarei, Moaña, Pontevedra, Xinzo, …