- A ORGACCMM xunto co INGATECO celebran o “Día da loita da veciñanza comuneira na defensa o monte veciñal”, este sábado 22 de xaneiro no salón de actos do concello de Mazaricos.
Con estos actos conmemorativos a Organización galega de comunidades de montes e o Instituto galego das terras comunitarias queren rendir homenaxe á veciñanza comuneira pola súa loita na defensa do monte veciñal. Unha loita de resistencia contra o expolio das terras comunitarias que tivo o seu suceso mais tráxico o dia 22 de xaneiro de 1963 no monte veciñal de Eirón, concello de Mazaricos. Ese fatídico día, o veciño comuneiro Xose Esperante, apodado “Che de Pedro”, foi asasinado polas forzas do orde público cando xunto con outros veciños/as comuneiros/as tentaban impedir que as maquinas do Patrimonio Forestal Español entrasen no seu monte veciñal co fin de votar o gando e proceder a facer unha plantación de eucaliptos.
PROGRAMA DE ACTOS:
11:00 Horas:
- Recepción do alcalde de Mazaricos
- Saúdo do presidente da ORGACCMM
- Presentación da Unidade Didactica “Terras comunitarias/montes veciñais” a cargo do Pte do INGATECO.
12:15 Horas
- Desplazamento ata o monte veciñal de Eirón, lugar dos sucesos acaecidos no ano 1963 e onde está situado o monumento conmemorativo.
13:00Horas:
- Acto conmemorativo do “día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal”.
- Presentación e intervención do presidente de INGATECO
- Intervención do presidente da ORGACCMM
- Ofrenda floral
- Himno Galego
NOTA: Para facer o desplazamento desde o salón de actos do concello de Mazaricos ate o monte veciñal de Eirón disporase de autobuses. Quen queira facer uso dos mesmos debe comunicalo ao mobil 649137135 antes do día 19 de Xaneiro.
Os Catro Fillos de José Esperante París, esperamos estar presentes nos actos do día. Moitas gracias.