Comunicado ante a lei de montes veciñais presentada pola Consellería do Medio Rural

Neste proxecto de lei de montes veciñais, presentado pola Consellería do Medio Rural, prantexase unha nova definición da veciñanza comuneria.

Son veciños/as comuneiros/as as persoas que viven no lugar , aldea ou parroquia onde existe o monte veciñal. Modificar a condición de veciño/a comuneiro/a só se pode entender como unha pretensión do Goberno galego  de desnaturalizar o carácter xermánico da titularidade veciñal dando entrada a persoas físicas e xurídicas aínda que non sexan comuneiros.

Outro dos obxetivos que amosa a proposta de lei de montes veciñais é harmonizar a normativa dos montes veciñais coa normativa do Estado. No Estado español non está recoñocido o dereito xermánico, polo que se desprende que a palabra harmonizar implica dotar ás comunidades de montes de personalidade xurídica para convertilas en titularidades de carácter privado.

O carácter xermánico da titularidade veciñal implica que a propiedade é indivisible e intransferible e esta condición dos montes veciñais é o gran obstaculo para o afán privatizador do Goberno galego.

Ao tenor do que esboza o proxecto de lei de montes veciñais, semella que ao Partido Popular tampouco lle gosta o funcionamento asembleario das comunidades de montes e pretenden mudalo.  Un funcionamento democrático que segundo o goberno galego “non é válido na situación actual”.

“Seica o que pretende decir o Partido Popular é que o funcionamiento asambleario e democratico é outro obstaculo para o seu afán de privatizar os montes veciñais e entregalos ás empresas madereiras” sinalan dende as comunidades de montes.

Ante este intento de roubarlle os montes a veciñanza comuneira, a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) chama á sociedade galega a rexeitar esta proposta da lei facendo achegas neste sentido na fase de consultas que estará aberta até o 9 de maio na web da Xunta de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *