Avanzando nunha normativa para o uso social dos montes veciñais

A ORGACCMM CONSIGUE QUE A CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CREE UN GRUPO DE TRABALLO PARA A ELABORACIÓN DE UNHA NORMATIVA PARA  USO SOCIAL DOS MONTES VECIÑAIS.

A Conselleria do Medio Rural aceptou a proposta da  Organización Galega de Comunidade de Montes veciñais en mán común de crear dentro do Consello Forestal de Galiza un grupo de traballo para elaborar unha normativa que regule o uso social dos montes veciñais para aqueles persoas que non ostentan a condición de veciño/a comuneiro/a .

O propio Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal confirmouno na reunión mantida con membros da xunta reitora da ORGACCMM o pasado luns 21 de xuño.

Ademais solicitude da elaboración de unha normativa para o uso social dos montes veciñais en mán común a ORGACCMM propuso algúns puntos esenciais no articulado de dita normativa:

  • O uso social do monte veciñal  debe estar aberto ao disfrute de toda a sociedade, pero ten que  estar autorizado pola comunidade de montes propietaria.
  • O uso social do monte veciñal debe ser respetuoso cos bens naturais, patrimoniais e cos diversos aproveitamentos do monte.
  • As comunidades de montes non poden acarrexar  coa responsabilidade de percances que poidan acontecer derivado da uso do monte.
  •  A Conselleria do medio rural será a responsabel de que o uso social  do monte veciñai por aquelas persoas que non ostentan a condición de veciñanza comuneira se leva adiante nas condicions contenpladas na normativa.

A ORGACCMM fai un chamamento a todas as comunidades de montes para que nos acheguen as súas propostas para e elaboración desta normativa. Deste xeito, cando se inicien os debates para a sua elaboración no consello forestal, as propostas das comunidades de montes chegarán ao grupo de traballo a través da ORGACCMM.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *