Agora: Que facer?

Veciñanza comuneira no Parlamento galego

DEBATE DA ILP-LEI DE MONTES VECIÑAIS NO PARLAMENTO GALEGO:

O PARTIDO POPULAR ANTIDEMOCRÁTICO E ENEMIGO DO MONTE VECIÑAL

O pasado dia 22 de novembro debateuse no Parlamento galego a toma en consideración da proposición de lei de montes veciñais en man común, ptomovida mediante a nosa Iniciativa Lexislativa Popular.

Os votos en contra do grupo parlamentar do Partido Popular ímpediron que a proposición de lei fose tomada en consideración e iniciase a súa tramitación parlamentar ordinaria. Con este posicionamento o Partido Popular deixou dúas cousas claras: A democracia so lles vale cando é útil para defender os seus  intereses  e que son o enemigo público número un dos montes veciñais .

A democracia vale somentes cando lles vale: 

O Partido Popular para impedir que houbese  un debate social e participativo sobre os montes veciñais en man común non respecta nin siquera uns mínimos principios democráticos.

Intervención do presidente da ORGACCMM no Parlamento galego

No caso da proposición de lei de montes veciñais non lles valeu que viñese avalada por 12.010 sinaturas da veciñanza comuneira, nin que recollese o sentir de un número importante de comunidades de montes do pais. A este desprezo ás 12.010 sinaturas comuneiras hai que engadir a ausencia de todo o goberno da Xunta de Galiza no pleno do Parlamento, incluído o conselleiro de medio rural, amosando así o desprezo que ten o Partido Popular cara os montes veciñais .

Por non valer, nin siquera lles valeu que a proposición de lei de montes veciñais viñese tamén avalada por acordos maioritarios dos concellos e das deputacións de Galiza. Na mairía destas institucións a proposición de lei de montes veciñais foi aprobada coa abstención do PP e os votos favorabeis do BNG e do PSOE. Mesmo na deputación provincial de Ourense foi aprobada por unanimidade. Mais o grupo parlamentar do Partido Popular nun acto de incoherencia política votou en contra do sentir dos seus compañeiros e compañeiras nestas institucións .

Enemigo público número un dos montes veciñais en man común:

No debate parlamentar da proposición de lei o Partido Popular deixou claro a intención do  hacia os montes veciñais, que non e outra que a súa eliminación. Así o manifestou a portavoz do grupo parlamentar do Partido Popular cando afirmou que a consellería do medio rural, mediante o que viu a chamar “libro blanco”, prantexa o dotar as comunidades de montes veciñais en man común de personalidade xurídica .

Dotar as comunidades de montes veciñais en man común de personalidade xurídica é eliminar o carácter xermánico da titularidade veciñal. É converter, de xeito ilegal, en propiedades de carácter privado as terras comunitarias. Coa clara intención de que deste xeito poidan entrar no tráfico do comercio e ser acaparadas por interese económicos, especulativos ou urbanísticos alleos aos intereses da veciñanza comuneira.

Por iso, o Partido Popular e as asociacións forestais que o apoian, rexeitan calquera lei de montes veciñais que  reforze a titularidade veciñal de estas terras comunitarias.

Que facer agora?

Diante desta usurpación, deste roubo dos montes veciñais, que prantexa levar adiante o Partido Popular, a veciñanza comuneira, como sempre fixo ao traverso da historia, ten que armar a resistencia para non perder as súas terras comunitarias. Facer o que xa está facendo: Organizar as comunidades de montes, pór os montes veciñais en valor de xeito multifuncional e sustentabel e seguir mobilizándose ante os ataques aos nosos montes veciñais.

Mais tamén e preciso acadar unha lei de montes veciñais que defenda o carácter xermánico de estas terras e as sitúe en pe de igualdade coas titularidades públicas e privadas. E neste punto compre que a veciñanza comuneira fagamos unha reflexión: As leis apróbanas os parlamentos, e aos parlamentarios e parlamentarias elíximolos nos diversos procesos electorais.

Acadar unha lei de montes veciñais axeitada a figura dos montes veciñais en  man común é a mellor defensa destas terras. E sería tamén o que faría pasar a historia ao PP e as asociacións forestais que o apoian como usurpadores fracasados dos montes veciñais en man común.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *