ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM) AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE XESTIÓN FORESTAL CONXUNTA.
UNICA ACHEGA:-AO ARTIGO 7.REQUISITOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES ASOCIADAS.
Engadir un punto a este artigo co seguinte texto:
As comunidades de montes veciñais en man común non poderán formar parte das entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta.
Argumentacións da achega.
1-As comunidades de montes veciñais en man común xa son en si mesmo unha agrupación de xestión conxunta.
2-Como é lóxico, o punto f do artigo 9 di que a condición de persoa ou entidade socia ,perderase por incumplir a obriga de aceptar o réxime de obras e melloras nas parcelas cuxo uso forestal teña atribuída a Asociación. Por outra banda, as obras e as melloras que teñen que facer as comunidades de montes nos seus montes veciñais son as contempladas no seu plano de ordenación, que, ademais, son de obrigado cumplimento. Polo tanto o acordado pola Asociación pode solapar o ditado no plano de ordenación do monte veciñal. Isto levaría a un incumplimento do mesmo e xa que logo a que as comunidade de montes se expoñan as correspondentes sancións.
3-Como tamén e lóxico, todas as persoas e entidades membros da Asociación teñen os mesmos dereitos ( artigo 11 -Dereitos e deberes das persoas e das entidades). Agora ben, non parece moi lóxico que se equipare un voto individual co voto do representante da comunidade de montes nos órganos da Asociación cando este representa a un número plural de veciños/as comuneiros/as. E, ademais, deberíase ter en conta que o representante da comunidade de montes non pode tomar as decisións libremente, ten que levar adiante o acordado na asemblea xeral da súa comunidade de montes. Isto siñificaría que antes da celebración das reunións dos órganos de goberno da Asociación ,terían que realizarse as asembleas das comunidades de montes membros da Asociación, o que entorpecería a boa marcha da Asociación.
4-Como tamén e lóxico, o artigo 12-Obrigas dos socios e entidades, di que unha de estas obrigas e o cumplimento dos acordos dos órganos de goberno da Asociación. Pero a lexislación referente os montes veciñais indica que os acordos a levar nos seu monte veciñal teñen que ser tomados na asemblea xeral da comunidades de montes. Esta realidade traería como consecuencia unha chea de contradicións e xa que logo, conflitos que o único que faría sería entorpecer a marcha da Asociación.
5-O artigo 38. Réxime das obras, melloras e servidumes. di que para levar adiante estas cuestións. A asociación deberá contar con un instrumento de ordenación forestal ou de xestión forestal. E tamén di que as persoas e as entidades socias non poden opoñerse ao contido de este instrumento de xestión. Por outra banda hai que ter en conta que os montes veciñais, por lei , están obrigados a contar con un instrumento de xestión que ademaís, e de obrigado cumplimento. Fica claro que a participación das comunidades de montes nas entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta, xeraría un niño de contradicións e incumplimentos que non sería bo , nin para as comunidades de montes ,nin para a Asociación.
ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM) ,AO MODELO-TIPO DE ESTATUTOS PARA ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO DE REPRESENTACIÓN PARA A PLANIFICACIÓN OU COMERCIALIZACIÓN CONXUNTA .
ACHEGA ÚNICA AO ARTIGO 7-REQUISITOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES ASOCIADAS.
Engadir un punto a este artigo co seguinte texto:
As comunidades de montes veciñais en man común non poderán formar parte das Entidades sen ánimo de lucro de planificación ou comercialización conxunta.
Argumentacións da achega.
As mesmas que as expostas para a anterior achega .