ACHEGAS DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES(ORGACCMM), AO ANTEPROXECTO DA LEI DO CLIMA DE GALICIA.
Primeira- Ao punto primeiro do apartado IV da Exposición de motivos.
Eliminar o texto “ co obxetivo primordial de comprometer todas as futuras políticas do Goberno de Galicia sexa cal sexa a súa cor política.”
Argumentación: Os procesos democráticos eleitorais conforman os parlamentos que son a representación de unha sociedade concreta. Cada grupo político representan sensibilidades parciais da sociedade. Sensibilidades que son diversas e as veces contraditorias. Non semella moi democrático que un goberno de unha cor política impoña a súa política nunha cuestión a futuros gobernos de outras cores políticas.
Segunda: Ao artigo 1-Obxeto.
-No punto b sustituir a palabra prioridade polas palabras un eixo ou un pilar
Argumentación; A palabra prioridade e demasiado drástica. Semella mais unha cuestión personal de que escribe o texto que unha cuestión politica. Eixo ou pilar son termos mais abertos a contemplar diversas prioridades.
-Engadir un punto d co seguinte texto: ”Medidas compensatorias para aqueles titulares das terras e entidades que contribúen a loita contra o cambio climático”.
Argumentación: Parece lóxico que unha lei do clima de Galicia defina como un dos seus obxetivos a definición das medidas compensatorias para quen contribúan a loita contra o cambio climático .
-Engadir un punto e co seguinte texto: Difundir a importancia da xestión comunitaria dos recursos da terra .
Argumentación: Ao longo dos séculos, esta xestión comunitaria (montes veciñais, traídas de augas) permitíu que contemos cos espazos naturais que hoxe existen.
Terceira: Ao artigo 2-Finalidades.
Sustituir o texto do punto o polo seguinte texto: Impulsar a gobernanza democrática climática e participada polas organizacións ou asociacións existentes no territorio”.
Argumentación: Falar de gobernanza, sen indicar que esta ten que ser democrática e participativa, non e falar de democracia. E falar de imposición.
-Engadir unha letra g ao punto 1 co seguinte texto: Implementación de medidas para a recollida de augas pluviais para uso domestico e industrial e axudas directas as traídas de augas para evitar fugas e unha mellor xestión das masas de augas.
Argumentación: E a forma de protexer este recurso mais importante e tan escaso no planeta.
Cuarta: Ao artigo 3-Principios reitores.
-Engadir no punto 1, unha letra g co seguinte texto:Medidas compensatorias para os titulares das terras que contribúan a loita contra o cambio climático”
Argumentación: Se falamos de principios reitores, parece lóxico que para loitar contra o cambio climático, as medidas compensatorias para os que contribúen a loita contra o cambio climático, sexa un dos principios reitores.
-Engadir na letra a, do punto 2 o seguinte texto: diferenciando os entes que contaminan (empresas) e aqueles outros que contribúen a loita contra o cambio climático (titulares das masas boscosas).
Argumentación: Dado que estamos a falar de responsabilidade climática, é decir, de loita contra a contaminación atmosférica, parece claro que se debe de disinguir en quen contamina e quen contribúen a non contaminación .
Quinta: Ao artigo 5-Da ambición da neutralidade climática
Engadir un punto 3 co seguinte texto: Neste camiño e para o aproveitamento das enerxías renovabeis, permitir que as comunidades de montes funcionen como comunidades enerxéticas locais.
Argumentación: As comunidades de montes veciñais en man común son en esencia persoas que xestionan un territorio e que ademais o xestionan de xeito democrático e asembleario. Permitir que as comunidades de montes veciñais en man común poidan actuar como comunidades enerxéticas locais no aproveitamento das enerxías renovabeís seria un paso importante na loita contra o cambio climático.
Sexta:Ao artigo 8-Suxeitos da acción climática .
Engadir unha letra k co seguinte texto: Comunidades de montes veciñais en man común e traídas de augas veciñais.
Argumentación: Que nunha lei do clima de Galicia, que ademais ten como obxetivo a loita contra o cambio climático non figuren as comunidades de montes veciñais en man común que son sociedade civil organizada e titulares de masas boscosas, somentes se pode entender se quen redactaron este anteproxecto dan por feito que as comunidades de montes non existen ou van deixar de existir.
Que unha lei do clima de Galiza non contemple especificamente as traídas de augas veciñais, que é unha xestión comunitaria das augas e que ademais garante unha auga de calidade, respectuosa co medio ambiente e descoñocer o territorio galego.
Septima: Ao artigo 23-O consello galego do clima.
Sustituir o texto do 4 polo seguinte paso: Na súa composición estarán representadas as organizacións, asociacións e entidades relacionadas co clima, especialmente as comunidades de montes e as traídas veciñais de augas.
Argumentación: Non semella moi democrático, máis ben semella ser da filosofía política do nepotismo ilustrado, o priorizar unha das partes que deberían formar parte de ese consello galego do clima. O se nomean todas de xeito concreto ou se nomean de xeito xeralista.
Oitava -Ao artigo 25-Alianza galega polo clima.
-No punto 1 engadir o seguinte texto : e as organización representativas dos titulares das terras, espeficamente as comunidades de montes .
Argumentación: Non e de recibo que nunha alianza polo clima non estén representados os titulares das terras que son onde se aplicaran as políticas medioambientais acordadas.
-No punto 2 engadir unha letra i co seguinte texto:Medidas compensatorias para os titulares das terras que contribúen a loita contra o cambio climático.
Argumentación: Se unha parte da sociedade contribúe para o benestar de toda a sociedade, parece lóxico que toda a sociedade compense a esa parte da sociedade.
-No punto 3 engadir unha letra g co seguinte texto: Comunidades de montes veciñais en man común .
Argumentación.:En Galiza hai sobor 3000 comunidades de montes, compostas por máis de 150.000 veciños/as comuneiros/as e ocupan ¼ do territorio galego (perto das 700.000 has). Que non aparezan como tales na lei do clima de Galiza non se pode comprender.
Novena -Ao artigo 44-Do rexistro da pegada de carbono.
-Engadir no punto 2 o seguinte texto: Este Rexistro entenderá que todas as especies forestais, independentemente de como foran plantadas e mesmo o rexenerado natural, capturan CO2, como tamén o fan a vexetación do solo. Ademais o criterio de capacidade de captura de CO2 no pode ser somentes basearse no medre da madeira, debéndose incluir cuestións como as funcións sociais ou medioambientais que cumplen algunhas especies forestais. O Rexistro Galego de pegada de carbono debe contemplar tamén que a captura do C02 das masas forestais non remata cando se tala, senón dependendo do seu destino final .
Argumentación: O Rexistro Galego da pegada de carbono non pode basearse na filosofía de “que pague pode seguir contaminando”, pola filosofía de “non contaminar”.
-No punto 3 engadir unha letra e co seguinte texto: Para a licitación da obra ou de servizo público en Galiza, as empresas que opten os mesmos terán que cando menos o 50% da compensación da emisión de gases de efecto invernadoiro de sumidoiros galegos.
Argumentación: É a mellor forma para cumplir o punto 6 do artigo 43-Descarbonización da economía deste anteproxecto de lei.