ACHEGAS DA ORGACCMM AS MODIFICACIÓNS DA LEI 7/2012 DO 28 DE XUÑO DE MONTES DE GALIZA PREVISTAS NA LEI DE ACOMPAÑAMENTOS OS ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA DE GALIZA PARA O ANO 2023.
Dezasete. Engádese unha disposición adicional terceira bis, coa seguinte redacción “Disposición adicional terceira bis. Consideración da cesión ou mantemento do carbono nos montes como aproveitamento forestal e protección da integridade das comunidades de montes “.
Primeira: No titulo da disposición adicional terceira bis .sustituir a palabra “cesión “ pola palabra “almacenamento”.
Explicación: Se se mantén a palabra “cesión “,somentes poderán almacenar carbono ,as terras nas que o titular ceda este aproveitamento a terceiros .
Segunda: Engadir no punto 1, un punto 1bis con seguinte texto: ”Todas as masas arbóreas, tanto as derivadas de plantacións como as espontáneas, almacenan carbono, se ben as derivadas de plantacións e plantacións xestionadas. poderán ter unha prima de almacenamento do carbono. Tamén almacena carbono a vexetación do solo: mato, fento, brións, turbeiras,…”
Explicación: Se esta achega non queda refrexada na modificación da lei 7/2012 ,de montes de Galiza, entendese que so capturaran C02, as masas arboreas definidas no decreto do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. E dicer aquelas plantacións derivadas de un cambio de uso do terreo ou de terreos que padeceran un lume. Este criterio e totalmente negativo para o territorio galego xa que, no primeiro dos casos fomenta a forestación de terras agrarias e no segundo dos casos, convirtese nun alicente para que os lumes sigan sendo un problema para o territorio e para as poboacións.
Terceira: Engadir no punto 1, un punto 1 ter co seguinte texto: ”As comunidades de montes veciñais en man común de xeito individual ou agrupado con outras comunidades de montes, poderán vender créditos de carbono directamente.”
Explicación :Se non se contempla esta cuestión ,non e certo o que afirma a modificación prantexa cando afirma que o almacenamento do carbono nos montes e un aproveitamento forestal .E non o é xa que impide a xestión directa polas comunidades de montes .obrigandoos a cedelas a terceiros mediante un acto de disposición.
Cuarta : No punto 2,cambear o inicio do texto polo seguinte inicio: Tamén poderanse realizar negocios xurídicos……………………………..
Explicación: En consonancia coa achega anterior .
Quinta :Engadir ao final do úlitimo parráfago do punto 3 ,o seguinte texto:”cuestión que ten que quedar refrexado no primeiro acordo de cesión.Así mesmo ,no contrato de cesión tamén debe quedar refrexado,as responsabilidades tanto do titular do terreo como do beneficiario da cesión ,no caso de que a masa arborea ,no caso de catástrofes (lumes ,pragas ,inundacións….)”.
Explicación :Non se debe deixar os subarrendamentos ao libre albedrio do beneficiario da cesión .
Dezaoito.Engadese unha disposición adicional terceira ter,coa seguinte redación:Disposición adicional .Sistema voluntario de créditos de carbono.
Primeira: No punto 1 ,sustituír o texto que vai dende o inicio ate “as súas actividades” ,polo seguinte texto:”A Xunta de Galiza articulará un sistema de créditos de carácter voluntario cun rexistro no que se poderán inscribir os dereitos de carbono existentes nas súas terras .”
Explicación: O tempo do verbo aplicar siñifica que algo se faga ou que algo se poida facer .En dereito cando se fala de persoas,falase de físicas ou de xurídicas ,pero as comunidades de montes non son persoas ,pero son titulares dos montes que almacenan carbono .Se se di que os dereitos de carbono e o xerádo grazas as actividades ,quere decir que so se contabilizará o almacenamento de carbono proviente de novas plantacións .
Segunda: Sustituir o texto do segundo parrafago do punto 1 ,polo seguinte texto; “O sistema contabilizará todo o almacenamento do carbono tanto das masas arboreas como da vexetación do solo,se ben ,primando a xestión sustentabel .No caso das frondosas autóctonas o calculo de almacenamento do carbono incluirá toda a vida do arbol.No calculo de almacenamento de carbono ,tamén se diferenciará ,aquelas masas arboreas que o seu destino final e a queima ,daquela que o seu destino final e a súa transformación en produtos ,xa que estes siguen almacenando carbono .
Na a adxudicación de obra ou servizo público baremarese positivamente as empresas que adquiran bonos de captura de C02 dos montes galegos .
Explicación: Se non se fai asi ,ainda que millora algo .o único que fai as modificacións a lei de montes de Galiza ,e aplicar o decreto do Ministerio de Transición Ecoloxica e Reto Democrático que como explicamos na explicación de unha achega anterior ,e negativo para o territorio galego e para as populacións que nel habita .
Achega xenérica:Sustituir en todo o texto das dúas modificacións a lei de montes de Galiza ,”persoas titulares dos dereitos “ por “titulares dos dereitos”.
Explicación:Ademais da xa dada na explicación de unha achega anterior ,hai que ter en conta que estamos a falar de dúas modificación a lei de montes de Galiza e de que a maior parte do texto das mesmas ,esta referido dos montes veciñais en man común.Xa que logo que os autores-autoras do texto falen de persoas titulares dos dereitos e non de titularidades dos dereitos ,e intencionada.Está intimamente relacionada co intento da consellería do medio rural de dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica .