- Costas está procedendo a facer os deslindes das demarcacións marítimo terrestres aplicando criterios uniformes e con total descoñocemento da realidade galega. Está incluíndo nestas demarcacións a moitos montes veciñais en man común. Está facendoo mesmo de xeito ilegal xa que a propia lei de costas di que as demarcacións marítimo terrestres son as superficies comprendidas entre a liña do mar e a liña marcada pola marea mais grande (a pleamar).
O que está facendo costas con estes deslindamentos é unha nova confiscación dos montes veciñais, xa que sitúandoos dentro destas demarcacións perden a titularidade veciñal para convetirse en titularidade do Estado .
A ORGACCMM entende que as comunidades de montes temos que parar este novo roubo dos montes veciñais . Para iso, o primeiro que debemos facer e enterarnos se o noso monte veciñal está dentro da demarcación marítimo terrestre.
Para comprobalo podedes entrar nas seguinte páxinas sig.mapama.gob.es/dpmt/ , entrando no visor dominio público marítimo terrestre ou na páxina mapas.xunta.gal/visores/pba/
Logo da comprobación poñedevos en contacto coa ORGACCMM para que con datos reales poidamos iniciar evitar esta nova confiscación dos montes veciñais.