Demandan que se destinen fondos europeos para o desenvolvemento da economía rural

A Organización Galega de comunidades de monte (ORGACCMM) demandan que parte dos fondos europeios de recuperación económica sexan empregados para acadar un medio rural multifuncional e sustentabel.

● A organización galega solicitou á Consellería de Medio Rural e aos grupos parlamentarios que se financien proxectos que axuden ao desenvolvemento dunha economia local e social no rural para facilitar a fixación de poboación.

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que parte dos fondos europeos de reactivación económica se destinen a proxectos para acadar un medio rural multifuncional e sustentabel. A organización galega aporta sete propostas para o desenvolvemento no rural dunha economía local e social que facilite a fixación de poboación e a loita contra os incendios forestais.

  1. Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de aserradeiros móviles: Esto suporia que as comunidades e mancomunidades poderian pór no mercado madeira semielaborada incrementando así o seu valor engadido. Istorepercutiría na mellora da calidade de vida da veciñanza comuneira e das populación que vivan na zona de influencia do monte.
  2. Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de maquinaria e vehiculos para rematar o ciclo productivo de aproveitamentos non madeirabeis do monte (cogomelos, castaña, apicultura, gando, …): Esto facilitaria acadar un monte multifuncional e que se remataran na proximidade os ciclos productivos. Un desenvolvemento harmónico do rural conleva unha medida preventiva de loita contra os incendios forestais.
  3. Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de vehiculos para a loita contra os lumes forestais: É ben certo que a prevención dos lumes forestais ten que ser en primeira acción, mais cando o lume prende no monte. Se a resposta dase desde a proximidade aumentará a eficacia na loita contra o lume.
  4. Dotar as comunidades de montes de material ofimatico e de oficina: No mundo tecnolóxico e telemático no que nos movemos estas ferramentas farian ás comunidades de montes mais eficaces nas xestión dos recursos é na realización das obrigas administrativas.
  5. Axudar ás comunidades de montes na construción de centros de interpetación da natureza e do patrimonio: Con estas edificacions non somentes estarase a defender a natureza e os bens patrimoniais, senón tamén axudando a sua divulgación. Un elemento mais no camiño de acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel.
  6. Axudar ás comunidades de montes e organizacións relacionadas co monte á elaboración de unidades didacticas sobre o monte veciñal e as comunidades veciñais: Aínda que a titularidade de máis dun cuarto do territorio galego pertence ás comunidades de Montes, isto non se trata non currículum escolar. As unidades didacticas cubririan en parte esta eiva.
  7. Dotar as mancomunidades de montes e as organizacións relacionadas co monte das infraestructuras necesarias para a creación de un economato comunitario: Partindo da base que a veciñanza comunitaria pode ser potencialmente cliente deste economato, estariase achegando aos mesmos todos productos agrogandeiros do medio rural. Os producto que puxera a venda este economato comunitario ,serian provintes das explotacions agrarias familiares e de produción natural ou ecolóxica.

Solicitan unha normativa para o uso social do monte veciñal

  • A ORGACCMM solicitou aos grupos parlamentares do parlamento galego que insten a Conselleria do medio rural a elaborar unha normativa para o uso social do monte veciñal para aquelas persoas que non ostenten a condición de veciñanza comuneira.

  • Para a Organización Galega de Montes Comunais os montes de propiedade veciñal deben ser espazos abertos  para que cumplan unha función social e medio ambiental que beneficie á sociedade no seu conxunto.

  • A ORGACCMM recalca a necesidade de contar con dita normativa de usos frear os atentados ecolóxicos conta o monte  e clarexar as responsabilidades civis e penais.

Solicitude cursada aos grupos parlamentares:

NORMATIVA PARA O USO SOCIAL DOS MONTES VECIÑAIS

Os titulares dos montes veciñais en mán común son os veciños e as veciñas comuneiros/as. A veciñanza comuneira defendemos que estas terras comunitarias deben ser espazos abertos para o disfrute da sociedade no seu conxunto.

  •  O disfrute de esta función social dos montes veciñais debe facerse contando coa autorización da correspondente comunidade de montes. Ademais, debense respectar os diversos recursos do monte, non realizar ningunha agresión de tipo medioambiental ou patrimonial, non deixar lixo e non prender lume. O uso social dos montes veciñais en mán común non poden derivar en responsabilidades civis e penais para as comunidades de  montes.
  • Os/as beneficiarios/as do uso social dos montes veciñais deben contar con un seguro de responsabilidade civil con cuantia suficente  para que poidan cubrir os percances que poidan derivarse do uso.  A Consellaria do Medio Rural debería de encargarse de expedir licenza para o uso dos montes comunais na que foraincluidor un seguro de responsabilidade civil .

NORMATIVA SEGUNDO OS USOS SOCIAIS DO MONTE VECIÑAL

  • Usos sociais tradicionais

Paseos, áreas de lecer, ruteiros de senderismo, festas populares, visitas ao patrimonio cultural, medioambiental ou patrimonial.

Estes usos non prantexan riscos, xa que realizanse normalmente a pé. Os/as usuarios/as que non son veciñanza comuneira deben  de solicitar a autorización da correspondente comunidades de montes  e realizar os desplazamentos polas pistas forestais e carreiros habilitados. No caso de grupos numerosos débese evitar andar en fila india, xa que faranse carreiros na pistas que aceleraran a súa erosión. Ademais é obrigado respectar os diversos usos do monte, non tirar lixo e non pender lume .

Se este uso social tradicional do monte veciñal realizase con animais domésticos estos non deben alterar o hábitat e molestar aos outros animais que cohabitan no monte.

Se o uso realizase en bicicleta, só se poderá circular polas pistas forestais habilitadas e con moito tento, xa que do contrario pode atropelar a outros usuarios e usuarias.

  • Novos usos sociais dos montes veciñais

Deportes de aventura, motocrós, montañismo, ciclismo de montaña, quads, escalada en rocha,…

Estes novos usos socias acarrean un deterioro do monte veciñal  e problemas de responsabilidade civil para as comunidades de montes propietarias.

Estos usos son moi agresivos medioambientalmente e producen un forte impacto erosivo no monte. Non se poden practicar sen o permiso explícito da correspondente comunidade de montes propietaria.

Son ademais uns usos cun alto risco de sufrir accidentes que poñen en perigo vida tanto dos que os práctican como do resto de usuarios/as. Por iso, deben obrigatoriamente contar con un seguro de responsabilidade civil que cubra as consecuencias dos posibeis accidentes e percances.

Para o so do monte deben de atender ás indicacións da comunidade de montes correspondente e da Consellaria do Medio Rural. Debendo circular a modo e só polas pistas habilitadas,  e respectar aos demais usuarios/s do monte veciñal .

Nos montes veciñais en mán común quedan terminantemente prohibidas as competicions desportivas de bicicletas, motos, quads ou coches. Somentes poderanse realizar naqueles montes veciñais que conten cun circuito expresamente diseñado para estas prácticas deportivas.

 

 

 

Unha fronte de organizacións sociais leva ao Parlamento a súa oposición ao Plan Forestal de Galiza argallado pola Xunta

  • Entre hoxe e a vindeira semana, reunirase cos grupos políticos con representación parlamentaria para facerlles entrega dun decálogo de razóns polas que a proposta do Goberno de Feixoo non debe ser aprobada.
  • Critican o seu marcado carácter antidemocrático e produtivista e sinalan a imposibilidade de xestionar o sector sen ter antes un inventario forestal actualizado.

Unha fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais [1] veñen de iniciar unha campaña de rexeitamento á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG), que se comezará a debater no Parlamento Galego o vindeiro 23 de febreiro.

A primeira das accións para tentar frear o texto que se debaterá para a súa aprobación tivo lugar hoxe, 5 de febreiro, na mesma sede do Parlamento, onde unha representación dos colectivos mantivo un encontro co Grupo Parlamentario do Partido Popular para presentarlles un decálogo de razóns polas que esta revisión do PFG non debería ser aprobada. Por parte das organizacións sociais asistiron Belén Rodríguez, Xosé Alfredo Pereira e Manuel da Cal; mentres que polo PP estiveron no encontro Elena Candia e Daniel Vega. Na axenda están previstas outras dúas reunións o vindeiro martes, 9 de febreiro: ás 11:00 horas co PSOE e a partir das 12:30 co BNG.

No transcurso da xuntanza, a representación da fronte social expúxolle ao deputado e á deputada do Partido Popular as súas queixas sobre o proceso de participación inexistente que precedeu o debate parlamentario desta revisión do PFG. Neste senso, lembraron que a única exposición pública da revisión do PFG foi hai tres anos, en 2018, e dun texto distinto ao que chega agora ao Parlamento de Galiza.

Solicítase aos grupos parlamentares que rexeiten a primeira revisión do Plan Forestal de Galiza e inicien de novo o proceso. O Plan Forestal está baseado nun inventario forestal non actualizado, carece de consenso social , non aposta pola multifuncionalidade dos montes, promove a forestación de terras agrarias e favorece a vulnerabilidade do monte galego fronte o cambio climático.

Ademais, a primeira revisión do plano forestal de Galiza plantexa abertamente a privaitización dos montes veciñais en mán común. Propón a eliminación do caracter de titularidade xermánica, promovendo a modificación da condición de veciño/a comuneiro/a e dotar as comunidades de montes veciñais en mán común de personaldiade xurídica co fin de convertir a estas terras comunitaria en terras de caracter pivado.

Xosé A. Pereira, presidente da ORGACCMM, asegura que “esta primeira revisión do plano forestal de Galiza mantén todas e cada unha das lexislacion agresivas contra os montes veciñais en mán común. Permite roubarlle as terras comunitarias á veciñanza comuneira para entregarllas de balde ao intereses capitalistas e urbanísticos”.

Decálogo de razóns polas que o novo Plan Forestal debe ser rexeitado:

  1. Fai unha diagnose ficticia da situación do monte galego a partir dun inventario forestal irreal e desfasado (datos de 2009), que descoñece a superficie de partida do E. Globulus e do E. Nitens. A 1ª revisión do Plan Forestal debería partir da actualización do Inventario Galego Forestal.
  2. Carece de consenso social. Na súa tramitación non se viron representados todos os axentes sociais vinculados ao monte e ao medio rural.
  3. Responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado poñendo a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais, e deixando de lado o interese público e xeral e a necesidade de manter unha reserva ecolóxica de hábitats naturais polo seu valor ecosistémico.
  4.  Fomenta o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras ata acadar 1,4 millóns de Ha de piñeiros e eucaliptos en 2040, e o aumento de 3 millóns de m3 de cortas anuais de madeira de baixo valor engadido ata acadar os 12 millóns de m3 de cortas/ano.
  5. Propón aumentar aínda máis a superficie ocupada por eucalipto E. Nitens, pese a ter rebasado xa en máis do dobre as previsións para 2030, e en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos.
  6. Promove a forestación de terras agrarias, ao deixar en mans de empresas madeireiras e forestais máis de 150.000 Ha destes terreos.
  7. Favorece a vulnerabilidade do monte galego fronte ao cambio climático e desvía investimentos destinados a fins de conservación e servizos ambientais para fins produtivistas.
  8. Potencia a proliferación e intensificación dos lumes forestais e a privatización da loita contra os incendios. Non formula solucións para as causas estruturais dos incendios e segue primando o investimento na extinción fronte a prevención.
  9. Agrava a situación de abandono e desertización do rural galego, impedindo o desenvolvemento dun monte multifuncional que xere riqueza e recursos diversos para as persoas que viven e traballan no rural. Desbota unha vez máis a oportunidade de apostar por un modelo de montes sustentábel, pola madeira de calidade e polo peche dos ciclos produtivos dos distintos aproveitamentos do monte.
  10. Alenta a desaparición dos montes veciñais en man común, favorecendo a súa privatización e a eliminación do carácter xermánico da titularidade veciñal. Propón a revisión da condición de veciño/a comuneiro/a, de dotar as mancomunidades de montes de personalidade xurídica, e que as comunidades de montes tributen no imposto sobre sociedades, como se fosen empresas mercantís.

[1]  A Estruga, Amigos da Terra, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (Fruga), Greenpeace, Hábitat, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Sindicato Labrego Galego e Verdegaia.

[NOTIFICACIÓN] Axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Feader

EXTRACTO da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco doPrograma de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 .

DESCARGA DOCUMENTO COMPLETO

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro,xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

1. Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os proindivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo,
as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 daLei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de CVE Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dosingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

[NOTIFICACIÓN] Prazo para a realización de asembleas xerais e prórroga do mandato das xuntas reitoras

Artigo 17. Modificación da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común

Engádese unha disposición adicional sétima coa seguinte redacción:
«Disposición adicional sétima. Prazo para a realización de asembleas xerais e prórroga do mandato das xuntas reitoras

1. As asembleas xerais das comunidades de montes veciñais en man común, no querespecta ás obrigas previstas na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñaisen man común, en canto ao seu funcionamento e gobernanza, poderán, en funciónda evolución da situación de emerxencia sanitaria causada pola covid-19, aprazar  arenovación de xuntas reitoras, a actualización do censo de comuneiros e do libro decontabilidade e a celebración anual de asembleas xerais e, por tanto, a aprobación de actos de disposición e outras obrigas normativamente previstas, como a comunicación anual de reinvestimentos.

2. Respecto do mandato das xuntas reitoras das comunidades de montes afectadas no relativo á súa renovación pola emerxencia sanitaria existente, e cuxa vixencia se vise afectada polas medidas excepcionais adoptadas desde o 14 de marzo de 2020, sen prexuízo de que poidan ser renovados ou separados en calquera momento anterior polo órgano competente. As xuntas reitoras poderán tomar as decisións que resulten indispensables e necesarias para a boa gobernanza e xestión do monte veciñal en man común. Unha vez finalizado este período excepcional deberán informar cumpridamente os comuneiros da totalidade dos acordos adoptados e dos motivos que xustificaron a súa adopción, e, así mesmo, deben ser expresamente referendados na primeira asemblea xeral que teña lugar, en canto a situación sanitaria o permita.

As modificacións previstas nesta disposición serán aplicables directamente ás comunidades de montes en man común con independencia do que dispoñan os seus estatutos. Non obstante, cando se pretenda modificar os estatutos vixentes, estes deberán adaptarseintegramente ao disposto nesta lei.».

A inxusta fiscalidade dos montes veciñais

 

  • O Parlamento Galego ten a oportunidade de rematar coa inxusta fiscalidade que sufren as comunidades de montes galegas. A ORGACCMM solicita ás forzas políticas con representación no Parlamento que presenten enmendas á primeira revisión do novo Plan Forestal para acabar con esta inxustiza que lastra a xestión dos montes veciñais.
  • No recente informe “Impacto da fiscalidade na rentabilidade das plantacions forestais e montes veciñais de Galiza”[*]  sinálase a inxusta fiscalidade que se lle aplica as comunidades de montes, xa que o monte veciñal non é unha sociedade mercantil.

Desde que no ano 2000 o goberno español situou os montes veciñais en mán común como suxeitos pasivos no Imposto sobre sociedades, a Organización Galega de comunidades de montes, foi a única entidade relacionada co monte que manifestou a inxustiza de este feito.

O Partido Popular, tanto no Parlamento Galego como nas Cortes Xerais do Estado, tivo cos seus escaños a posibilidade de rematar con esta inxustiza. Mais votou sempre en contra das múltiples iniciativas parlamentares do grupo do BNG en ambas sedes parlamentarias.

A ORGACCM resalta que o recente estudo “Impacto da fiscalidade na rentabilidade das plantacions forestais e montes veciñais de Galiza” reflicte unha dianose atinada do problema fiscal dunha doble tributación que padecen as comunidades de montes galegas. Sen embargo os investigadores e as investigadoras non prantexan o tratamento fiscal acaído para rematar con esta inxustiza.

Desde a ORGACCMM reclaman sacar aos montes veciñais da categoría de suxeitos pasivos no imposto sobre sociedade e elaborar unha fiscalidade para os montes veciñais. Unha fiscalidade feita en Galiza e tendo en conta a singularidade e as funcions sociais que cumplen os montes veciñais en mán común.

[*] Realizado por investigadores/as da universidade de Compostela ,da Politecnica de Madrid e do centro de formación e experimentación agroforestal de Becerrea.

 

O novo plan forestal beneficia ás grandes empresas en detrimento das comunidades de montes

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) denuncia que o novo plan forestal da Xunta é un documento elaborado de xeito antidemocrático. A ORGACCMM solicitou ao goberno galego que estivera representado todo o sector, pero finalmente deixaron fóra do diálogo a todas as entidades que viven, traballan ou xestionan o medio rural que non formasen parte do consello forestal de Galicia.
  • A ORGACCMM rexeita este novo plan , principalmente porque afonda na eliminación do carácter comunal dos montes e abre así a porta á privatización dos montes veciñais. A organización galega alerta que mediante este novo plan pretenden revisar a condición do veciño/a comuneiro/a e dotar de personalidade xurídica ás mancomunidades de montes.
  • A Organización Galega de Comunidades de Montes entende que se perde unha oportunidade de rectificar a inxusta fiscalidade dos montes veciñais en mán común xa que continúa mantedo ás comunidades de montes como suxeitos pasivos no imposto sobre sociedades.

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita ás forzas politicas con representación no parlamento a que enmenden o novo Plan Forestal Galego.  A primeira revisión do plano forestal de Galicia, xa rematou a tramitación de exposición pública e revisión polo consello forestal de Galicia. Esta semana será tomado en consideración na xunta de portavoces e logo pasará á comisión de Agricultura do Parlamento Galego para a posterior aprobación en pleno. Neste proceso que durará un mes os grupos parlamentarios poderán enmendar o Plan Forestal mediante a presentación de achegas.

Segundo a ORGACCMM a Conselleria do Medio Rural está apurando os prazos e en paralelo están redactando o estudo de impacto medioambiental que se acoplará ao docomento da primeira revisión do plano forestal de Galicia sen nengún tipo de debate.

A ORGACCMM sinala que o novo plan está baseado nun inventario forestal atrasado, xa que está feito en base ao Inventario forestal do estado do ano 2008. Recalcan que non e certo que se produza unha redución do eucaliptus, posto que reducese o 2% da superficie de eucaliptus, pero en referencia ao aumento do 50% dende o primeiro plan forestal de Galicia.

Ademais advirten desde a ORGACCMM que o novo plan lonxe de fomentar un monte multifuncional, redúcese a crear catro modelos multifuncionais, un por cada provincia. Tamén denuncian que non se aposta pola produción de madeiras de calidade en base as especies de frondosas e que unha vez máis se deixa en mans das empresas madeireias e forestais a ordenación dos usos do monte.

Solicitan ao goberno que adopte o criterio de Europa para o rexistro de secuestradores de CO2

  • A Dirección Xeral da Acción Climática da Unión Europea acepta as demandas da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e inclúe as terras forestais xestionadas no rexistro de secuestradores de CO2 para os periodos 2021/2025 e 2026/2030.
  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) denuncia que o actual decreto “Creación do rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de captura de CO2” penaliza a boa xestión de masas forestais e favorece os montes queimados polo lume.

O goberno español promulgou o decreto “Creación  do rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de captura de CO2” mediante o cal as empresas contaminantes poderán seguir contaminado se mercan bonos de captura de C02 para compensar o seu exceso de emisións de gases de efecto invernadoiro. A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala que este decreto é negativo para o monte e para o rural galego.

A ORGACCMM denuncia que as únicas masas forestais que poderán acollerse actualmente ao rexistro son as masas provintes dun cambio de uso do terreo ou as plantadas nun monte arrasado polo lume. Deste xeito o decreto está fomentando a regresión de terras agrarias e agrícolas a terreo forestal cando Galiza é o pais de Unión Europea con menos superficie util agraria. Non menos perigoso é que se bonifique o negocio do lume podéndose rexistrar os terreos queimados en reforestación para vender no mercado aberto polo decreto o seu volumen de captura de C02. Pola contra, quedan fóra do rexistro de captura de CO2 e por tanto dos bonos de compensación as masas forestais xestionadas e as derivadas das plantacions en terras forestais.

A Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM) manifestouse en contra deste decreto enviando senllos escritos á Oficina Española do Cambio Climático e a Direción Xeral de Acción Climática da Unión Europea. En ámbolos dous escritos reclámase que se tipifiquen como secuestradores de C02 as plantacions e as repoboacions  en terreos forestais. O organismo dependente do goberno central non respondeu, pero si o fixo a Direción Xeral de Acción Climática da Unión Europea.

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala que a Direción Xeral de Acción Climática da Unión Europea enmendou o erro do decreto español e na sua última reunión acordou que para os periodos 2021/2025 e 2026/2030 as terras forestais xestionadas e as terras que sendo forestais permanezan como tales tamén sexan incluidas no catálogo de secuestradores de C02 .

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) esixe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que adote sen demora os criterios desta directiva da Unión Europea. A Organización Galega sinala que co cambio de criterio se beneficiaran as comunidades de montes galegas que están xestionando axeitadamente a súa masa forestal e se incentivarán as repoboacións tan necesarias para neutralizar as emisións de gases de efecto invernadoiro e contribuir na loita contra o cambio climático.