[NOTIFICACIÓN] Prazo para a realización de asembleas xerais e prórroga do mandato das xuntas reitoras

Artigo 17. Modificación da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común

Engádese unha disposición adicional sétima coa seguinte redacción:
«Disposición adicional sétima. Prazo para a realización de asembleas xerais e prórroga do mandato das xuntas reitoras

1. As asembleas xerais das comunidades de montes veciñais en man común, no querespecta ás obrigas previstas na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñaisen man común, en canto ao seu funcionamento e gobernanza, poderán, en funciónda evolución da situación de emerxencia sanitaria causada pola covid-19, aprazar  arenovación de xuntas reitoras, a actualización do censo de comuneiros e do libro decontabilidade e a celebración anual de asembleas xerais e, por tanto, a aprobación de actos de disposición e outras obrigas normativamente previstas, como a comunicación anual de reinvestimentos.

2. Respecto do mandato das xuntas reitoras das comunidades de montes afectadas no relativo á súa renovación pola emerxencia sanitaria existente, e cuxa vixencia se vise afectada polas medidas excepcionais adoptadas desde o 14 de marzo de 2020, sen prexuízo de que poidan ser renovados ou separados en calquera momento anterior polo órgano competente. As xuntas reitoras poderán tomar as decisións que resulten indispensables e necesarias para a boa gobernanza e xestión do monte veciñal en man común. Unha vez finalizado este período excepcional deberán informar cumpridamente os comuneiros da totalidade dos acordos adoptados e dos motivos que xustificaron a súa adopción, e, así mesmo, deben ser expresamente referendados na primeira asemblea xeral que teña lugar, en canto a situación sanitaria o permita.

As modificacións previstas nesta disposición serán aplicables directamente ás comunidades de montes en man común con independencia do que dispoñan os seus estatutos. Non obstante, cando se pretenda modificar os estatutos vixentes, estes deberán adaptarseintegramente ao disposto nesta lei.».

A inxusta fiscalidade dos montes veciñais

 

  • O Parlamento Galego ten a oportunidade de rematar coa inxusta fiscalidade que sufren as comunidades de montes galegas. A ORGACCMM solicita ás forzas políticas con representación no Parlamento que presenten enmendas á primeira revisión do novo Plan Forestal para acabar con esta inxustiza que lastra a xestión dos montes veciñais.
  • No recente informe “Impacto da fiscalidade na rentabilidade das plantacions forestais e montes veciñais de Galiza”[*]  sinálase a inxusta fiscalidade que se lle aplica as comunidades de montes, xa que o monte veciñal non é unha sociedade mercantil.

Desde que no ano 2000 o goberno español situou os montes veciñais en mán común como suxeitos pasivos no Imposto sobre sociedades, a Organización Galega de comunidades de montes, foi a única entidade relacionada co monte que manifestou a inxustiza de este feito.

O Partido Popular, tanto no Parlamento Galego como nas Cortes Xerais do Estado, tivo cos seus escaños a posibilidade de rematar con esta inxustiza. Mais votou sempre en contra das múltiples iniciativas parlamentares do grupo do BNG en ambas sedes parlamentarias.

A ORGACCM resalta que o recente estudo “Impacto da fiscalidade na rentabilidade das plantacions forestais e montes veciñais de Galiza” reflicte unha dianose atinada do problema fiscal dunha doble tributación que padecen as comunidades de montes galegas. Sen embargo os investigadores e as investigadoras non prantexan o tratamento fiscal acaído para rematar con esta inxustiza.

Desde a ORGACCMM reclaman sacar aos montes veciñais da categoría de suxeitos pasivos no imposto sobre sociedade e elaborar unha fiscalidade para os montes veciñais. Unha fiscalidade feita en Galiza e tendo en conta a singularidade e as funcions sociais que cumplen os montes veciñais en mán común.

[*] Realizado por investigadores/as da universidade de Compostela ,da Politecnica de Madrid e do centro de formación e experimentación agroforestal de Becerrea.

 

O novo plan forestal beneficia ás grandes empresas en detrimento das comunidades de montes

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) denuncia que o novo plan forestal da Xunta é un documento elaborado de xeito antidemocrático. A ORGACCMM solicitou ao goberno galego que estivera representado todo o sector, pero finalmente deixaron fóra do diálogo a todas as entidades que viven, traballan ou xestionan o medio rural que non formasen parte do consello forestal de Galicia.
  • A ORGACCMM rexeita este novo plan , principalmente porque afonda na eliminación do carácter comunal dos montes e abre así a porta á privatización dos montes veciñais. A organización galega alerta que mediante este novo plan pretenden revisar a condición do veciño/a comuneiro/a e dotar de personalidade xurídica ás mancomunidades de montes.
  • A Organización Galega de Comunidades de Montes entende que se perde unha oportunidade de rectificar a inxusta fiscalidade dos montes veciñais en mán común xa que continúa mantedo ás comunidades de montes como suxeitos pasivos no imposto sobre sociedades.

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita ás forzas politicas con representación no parlamento a que enmenden o novo Plan Forestal Galego.  A primeira revisión do plano forestal de Galicia, xa rematou a tramitación de exposición pública e revisión polo consello forestal de Galicia. Esta semana será tomado en consideración na xunta de portavoces e logo pasará á comisión de Agricultura do Parlamento Galego para a posterior aprobación en pleno. Neste proceso que durará un mes os grupos parlamentarios poderán enmendar o Plan Forestal mediante a presentación de achegas.

Segundo a ORGACCMM a Conselleria do Medio Rural está apurando os prazos e en paralelo están redactando o estudo de impacto medioambiental que se acoplará ao docomento da primeira revisión do plano forestal de Galicia sen nengún tipo de debate.

A ORGACCMM sinala que o novo plan está baseado nun inventario forestal atrasado, xa que está feito en base ao Inventario forestal do estado do ano 2008. Recalcan que non e certo que se produza unha redución do eucaliptus, posto que reducese o 2% da superficie de eucaliptus, pero en referencia ao aumento do 50% dende o primeiro plan forestal de Galicia.

Ademais advirten desde a ORGACCMM que o novo plan lonxe de fomentar un monte multifuncional, redúcese a crear catro modelos multifuncionais, un por cada provincia. Tamén denuncian que non se aposta pola produción de madeiras de calidade en base as especies de frondosas e que unha vez máis se deixa en mans das empresas madeireias e forestais a ordenación dos usos do monte.

Solicitan ao goberno que adopte o criterio de Europa para o rexistro de secuestradores de CO2

  • A Dirección Xeral da Acción Climática da Unión Europea acepta as demandas da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e inclúe as terras forestais xestionadas no rexistro de secuestradores de CO2 para os periodos 2021/2025 e 2026/2030.
  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) denuncia que o actual decreto “Creación do rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de captura de CO2” penaliza a boa xestión de masas forestais e favorece os montes queimados polo lume.

O goberno español promulgou o decreto “Creación  do rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de captura de CO2” mediante o cal as empresas contaminantes poderán seguir contaminado se mercan bonos de captura de C02 para compensar o seu exceso de emisións de gases de efecto invernadoiro. A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala que este decreto é negativo para o monte e para o rural galego.

A ORGACCMM denuncia que as únicas masas forestais que poderán acollerse actualmente ao rexistro son as masas provintes dun cambio de uso do terreo ou as plantadas nun monte arrasado polo lume. Deste xeito o decreto está fomentando a regresión de terras agrarias e agrícolas a terreo forestal cando Galiza é o pais de Unión Europea con menos superficie util agraria. Non menos perigoso é que se bonifique o negocio do lume podéndose rexistrar os terreos queimados en reforestación para vender no mercado aberto polo decreto o seu volumen de captura de C02. Pola contra, quedan fóra do rexistro de captura de CO2 e por tanto dos bonos de compensación as masas forestais xestionadas e as derivadas das plantacions en terras forestais.

A Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM) manifestouse en contra deste decreto enviando senllos escritos á Oficina Española do Cambio Climático e a Direción Xeral de Acción Climática da Unión Europea. En ámbolos dous escritos reclámase que se tipifiquen como secuestradores de C02 as plantacions e as repoboacions  en terreos forestais. O organismo dependente do goberno central non respondeu, pero si o fixo a Direción Xeral de Acción Climática da Unión Europea.

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala que a Direción Xeral de Acción Climática da Unión Europea enmendou o erro do decreto español e na sua última reunión acordou que para os periodos 2021/2025 e 2026/2030 as terras forestais xestionadas e as terras que sendo forestais permanezan como tales tamén sexan incluidas no catálogo de secuestradores de C02 .

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) esixe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que adote sen demora os criterios desta directiva da Unión Europea. A Organización Galega sinala que co cambio de criterio se beneficiaran as comunidades de montes galegas que están xestionando axeitadamente a súa masa forestal e se incentivarán as repoboacións tan necesarias para neutralizar as emisións de gases de efecto invernadoiro e contribuir na loita contra o cambio climático.

Unha nova xeira na rede

A ORGACCMM inaugura un novo formato electrónico como ferramenta da difusión das súas actividades.
A nova web pretende recoller todo o plasmado na anterior e aumentar a súa capacidade de servizo.