PROPOSTA PARA PERPETUAR A MEMORIA CULTURAL E LINGÜISTICA PARROQUIAL.

A ORGACCMM ven de recibir da Asociación de Funcionarios para a normalización lingüistica de Galicia unha proposta para  Perpetuar a Memoria Cultural e Lingúistica parroquial. Nesta proposta prantexan que desde  as comunidades de montes se fomente que as lápidas da veciñanza comuneira falecida, e todo e que nelas se escriba, se fagan  no idioma galego.

A ORGACMM considera  acaída esta  proposta para perpetuar a memoria cultural e lingüistica parroquial. Polo tanto, solicita que as comunidades de montes  leven esta cuestión a debate as súas asembleas xerais para que se, o consideran oportuno,t omar os acordos pertinentes para efectivizala. E de este xeito contribuir a normalización do idioma galego en todos os eidos.

Aquelas comunidades de montes que nas súas asembleas xerais  tomasen este acordo, para a súa total efectividade, deben conseguir dos veciños/as comuneiros/as asinen unha Declaración de Vontade Individual (podedes pedir este documento na Orgaccmm).

Tameiga acolle o IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias 

 

  • Este fin de semana terá lugar no centro Cultural As Pedriñas de Tameiga o IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias, no que participarán comunidades de montes galegas e asociacións de baldíos portuguesas.     
  • Este cuarto congreso, organizado pola Federaçao Nacional de Baldíos-BALADI e a Organización galega de Comunidades de Montes, celébrarase baixo o lema “Novas economías verdes en áreas comunitarias: espazo de oportunidades ou risco anunciado”.

A Organización galega de Comunidades de Montes xunto coa Federaçao Nacional de Baldíos-BALADI celebran, este sábado 18 e domingo 19, o IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias. As actividades do congreso terán lugar no centro social As Pedriñas da Comunidade de Montes de Tameiga (Mos).

O Congreso europeo de Áreas Comunitarias está destinado especialmente para a participación das comunidades de montes veciñais galegas e as asembleas de compartes portuguesas. Participan, ademais, entidades de diversa índole que viven, traballan o xestionan o medio rural, así como profesionais relacionadas co medio rural e co monte veciñal. Tamén están convidadas organizacións ecoloxistas e ambientais de Galiza e Portugal.

“Novas economías verdes en areas comunitarias: espazo de oportunidades ou risco anunciado” é o lema que preside este congreso, xa que nas charlas e talleres do encontro se abordará o papel a desenvolver polas áreas comunitarias na transición enerxética. Debatirán cómo conxugar este papel coa presente ameaza da vaga de acaparación das terras comunitarias impulsada pola economía capitalista e auspiciada por algunhas administracións.

Os montes veciñais en man común galegos e os baldíos portugueses son titularidades de carácter xermánico. Son terras indivisibles e intrasferible e polo tanto situadas fóra do tráfico do mercado. Ademais, están xestionadas  democráticamente pola veciñanza comuneira galega e os compartes portugueses que conforman as asambleas que rixen estas áreas forestais. 

Segundo a ORGACCMM: “As características destas terras comunitarias chocan frontalmente cos intereses de sectores capitalistas, especulativos e urbanísticos. Por iso, estes intereses, amparados polo goberno da Xunta de Galiza do Partido Popular, tentan de modificar a vixente lei de montes veciñais en man común e así eliminar o seu carácter de titularidade xermánica e proceder a privatización das terras comunitarias”.

A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a estratexia do capitalismo é a acaparación  das terras e, con ela, o espolio dos recursos que nelas se dan: vento ,auga .minerais ,producións agro-gandeiras,… Sinalan que tamén sufren intentos de acaparación de terras para a construcións de urbanizacións de luxo, campos de golf, centros comerciais ou cidades desportivas de clúbes privados como no caso dos montes veciñais de Tameiga.

“Para parar esta agresión ás terras comunitarias, a veciñanza comuneira ten que conquerir que as lexislación reforcen o carácter xermánico dos montes veciñais e que se recoñozan a estes como titularidades distintas e en pé de igualdade coas  titularidades privada e pública actualmente existentes”, destaca Xosé Pereira, presidente da ORGACCMM.

Na Unión Europea, os montes veciñais galegos e os baldíos portugueses, como titularidades comunitarias e veciñais só existen en Galiza e Portugal. No IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias, baldíos e montes veciñais buscaran o modo de que a Unión Europea recoñeza esta titularidade veciñal e comunal para que conste esta especificidade na súa política agraria .medioambiental e de desenvolvemento rural.

IV Congreso europeo das Áreas Comunitarias

 IV CONGRESO EUROPEO DAS ÁREAS COMUNITARIAS

NOVAS ECONOMÍAS VERDES EN ÁREAS COMUNITARIAS: ESPAZO DE OPORTUNIDADE OU RISCO ANUNCIADO

18-19 Novembro no Centro Cultural As Pedriñas, Tameiga 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO 2023

10´30 Horas Apertura do 1º día do IV Congreso europeo das Áreas Comunitarias a cargo de Jose Fernandes, presidente da dirección de  BALADI  e César Lago Orduña, presidente da Comunidade de montes de Tameiga.

  • MESA 1: VALORACIÓN DE SERVIZOS PRESTADOS  POLOS BALDÍOS E OS MONTES VECIÑAIS PARA BEN DA SOCIEDADE NO SEU CONXUNTO.

10´40 Horas SERVIZOS DO ECOSISTEMA E A SÚA VALORACIÓN POLA SOCIEDADE: FUTURO OU REALIDADE EN ÁREAS COMUNITARIAS.

Relator: Manuel Beiro, enxeñeiro forestal  e Antonio Mota, enxeñeiro forestal.

11´10 Horas O MERCADO DO CARBONO, COMO FUNCIONA E A SÚA  IMPORTANCIA DO PUNTO DE VISTA DAS ÁREAS COMUNITARIAS

Relator: Joao Paulo Fidalgo, profesor na UTAD

11´ 30 Horas A XESTIÓN DESTES RECURSOS :XESTIÓN COMUNITARIA OU MERCADO LIBRE

Relatores/as :Vasco Paiva, enxeñeira florestal  e Beatriz Figueroa Pérez, avogada

12`10  Horas DEBATE E CONCLUSIÓNS DA MESA 1

Moderadores/as : Generosa Gey Piñeiro, vicepresidenta da ORGACCMM e Zé Carlos Pires, vicepresidente da dirección  de BALADI.

  • MESA 2 A NOVA VAGA DE ENERXÍAS VERDES: FOTOVOLTAICA E EOLICA.

12´30 Horas MERCADO DA ENERXÍA EOLICA E FOTOVOLTAICA NAS ÁREAS COMUNITARIAS: OPORTUNIDADES E RISCOS

Relator: Joao Gralheiro, advogado e Xose Manuel Vilas, enxeñeiro de instalacións fotovoltaicas.

13´10 Horas COMUNIDADES ENERXÉTICAS LOCAIS VERSUS COMUNIDADES DE MONTES/ ASEMBLEA DE COMPARTES

Relator: Bruno Dutto, técnico da Comunidade de Montes de Tameiga.

13`30 Horas Debate e conclusións  da Mesa 2

Moderadores/as: Generosa Gey Piñeiro, vicepresidenta da ORGACCMM e Isménio Oliveira, director  de BALADI.

14´00  Horas Xantar de irmandade.

16`00 Horas Visita guiada ao complexo do monte veciñal de Tameiga.

DOMINGO 19 DE NOVEMBRO DE 2023

10`40 Horas Apertura do 2º día do IV Congreso europeo das áreas comunitarias a cargo de César Lago Orduña, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga e  José Fernandes, presidente de BALADI.

  • MESA 3 BALDIOS / MONTES VECIÑAIS, TERRITORIO, PERSOAS E GOBERNANZA: O PRESENTE E O FUTURO DESTES TERRITORIOS.

10`50 Horas Mesa redonda.

Intervintes: Oliveira Batista, profesor de ISA; Xose Carlos Morgade Martinez, historiador; Gonzalo Pérez, coordinador da comunidade de montes de Tameiga; Xose Alfredo Pereira Martinez, presidente da ORGACCMM; Armando Carvalho, presidente da asemblea de BALADI,;Pedro Gomes, enxeñeiro florestal e Pedro Hespanha, profesor da Universidade de Coimbra.

12´20 Horas Debate e conclusións da mesa 3

Moderadores/as : Generosa Gey Piñeiro, vicepresidenta da ORGACCMM e Antonio Fernandes, director de BALADI

12´50 Horas Presentación da Unidade Didáctica sobre o monte veciñal a cargo de Claudio Quintillan Vallejo, presidente do INGATECO (Instituto galego das terras comunitarias).

13´20 Horas Saúdo das organizacións convidadas.

13´50 Horas Lectura das Conclusións do IV Congreso auropeo das Áreas Comunitarias a cargo de un/unha representante de FNB e outro da ORGACCMM.

14´00  Horas Peche do IV Congreso Europeo das Áreas Comunitarias a cargo de Armando Carvalho, presidente da asemblea de BALADI e Violeta de Santiago Moure, coordenadora xeral da ORGACCM.

 

FOLLA DE INSCRICIÓN

NOME DA COMUNIDADE DE MONTES, DA ORGANIZACIÓN OU DA
PERSOA________________________________________________
NUMERO DE COMUNEIROS/AS OU ASISTENTES______________
NUMERO DE XANTARES: (30´00 eu/ persoa)_________
NUMERO DE PERNOTACIONS: simple(35´00 eu/ noite)_____doble (55`00 eu/noite)_____

Para poder participar no IV Congreso Europeo de Areas Comunitarias, debedes enviar a folla de inscrición cuberta antes do dia 14 de Novembro de 2023 ao correo electrónico  xapegonda@gmail.com ou ao enderezo postal Centro Veciñal e Cultural de Valadares. Camiño do Pedregal nº6 -36314 Vigo (Pontevedra).

BORRADOR DO DECRETO POLO QUE SE REGULARAN OS CONTRATOS TEMPORAIS DE XESTIÓN PUBLICA E SE CREA O FONDO DE MILLORA.

BORRADOR DO DECRETO POLO QUE SE REGULARAN OS CONTRATOS TEMPORAIS DE XESTIÓN PUBLICA E SE CREA O FONDO DE MILLORA.

A Consellaría do medio rural presentou a consulta pública o decreto polo que se regularan os contratos temporais de xestión pública e crease un Fondo de Millora. Con esta nova figura quérese sustitúir os consorcios e ou os convenios. A pesar das mobilizacións das comunidades de montes que foron quén de se condonasen moitas das falsas e inxustas débedas de estas figuras, aínda queda unha parte de estas falsas e inxustas débedas que a Consellaría do medio rural quere cobrar. E esta parte do pastel e o que a Consellaría do medio rural quer regalar as empresas forestais e as empresas de servizos forestais.

Estes contratos temporais de xestión pública bebe da mesma filosofía dos convenios e ou consorcios. Quen decide todo o que facer no monte veciñal e a administración pública. Dende as obras a facer  ate os servizos técnicos precisos, pasando polos planos de ordenación e os aproveitamentos a levar adiante. Iso sí,todas estas cuestións que a comunidade de montes non decide ,ten que pagalas. É decir ,apropianse da xestión da veciñanza comuneira .

Mais esta  apropiación non queda ahí. Tamén se apropian dos cartos das comunidades de montes. Este decreto obriga as comunidades de montes a ingresar ,cando os reciban, o 40% de todos dos seus ingresos ,incluidos os provintes de algueres,subvencións e expropiacións. Ainda que os traballos que se fagan no monte veciñal non cubran estes ingresos. O chamado Fondo de Melloras ,non e un remanente para por en valor os montes veciñais de xeito multifuncional e sustentabel. E unha Banca privada para asegurar o negocio das empresas forestais e as empresas de servizos forestais. Quedando as comunidades de montes como simples depositarios nese fondo de melloras.

Ante este novo ataque contra os montes veciñais ,a ORGACCMM, presentou  as seguintes

ACHEGAS AO DECRETO POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO QUE REXERÁ OS CONTRATOS DE XESTIÓN PÚBLICA DOS MONTES E OS FONDOS DE MILLORA .

Primeira ; Ao artigo 2-Concepto de contrato de xestión pública.

Nova redacción:

O contrato temporal de xestión pública é un acordo subscrito  entre a persoas titular do monte ou no seu caso a persoa titular do dereito do aproveitamento do monte ,se ten a autorización do primeiro e a administración.segundo a cal esta comprometese tanto a prestación dun servizo técnico  como a realizar un investimento anticipado en obras e servizos e a persoa titular do monte ou no seu caso o persoa titular do dereito do aproveitamento do monte , pon a disposición da administración  para a súa xestión sustentabel .Ambolas duas partes compromentense a cumprir as obrigas que se estipulen no contrato.

Nota:Esta achega aplicarase a todo ao articulado cando se trate das mesmas cuestións.

Explicación:

                 Persoa titular do monte e persoa titular do dereito de aproveitamento do monte ,non sempre son as mesma .Xa que logo ,e necesario que aparezan ambas no texto do decreto .Por outra banda ,os contratos sempre comprometen as partes que o asinan ,non a algunha das partes que o asinan.

Segunda:Ao artigo 3- Contrato temporal de xestión pública e proxecto de ordenación forestal .

Sustituir o texto do  punto 3 polo texto: “ No  caso de que o monte dispoña de un instrumento de xestión ,este será o instrumento polo que se rexirá o contrato de xestión pública .De non existir este instrumento,procederase a súa redacción,nos termos que marca a lexislación para esta cuestión”.

Explicación:

Os contidos do instrumentos de xestión forestal son acordados polos seus titulares e aprobados pola Dirección xeral de ordenación e planificación forestal .Non seria lóxico que unha xefatura territorial impusexe o seu criterio .E ademais , seria antidemocrático porque esta xefatura territorial imporia o seu criterio por riba do acordado polos titulares dos montes .

Terceira: Ao artigo 5-Esixencias de maiorías para a sinatura do contrato temporal de xestión pública .

No texto de este artigo deben aparecer especificamente as comunidades de montes veciñais en man común,separadas das comunidades de persoas propietarias.

Explicación.

Ou e que os redactores/as de este decreto ,anticipándose  a futura lei de montes veciñais  na que a Consellaría do medio rural pretende eliminar os montes veciñais en man común,xa dan esta cuestión por feita .Será por isto que no canto de falar de comunidades de montes falar de “comunidades de persoas propietarias

 

Cuarta: Ao artigo 6-Elementos do contrato temporal de xestión pública na actuación  da administración.

Engadir un segundo parráfago co seguinte texto: “ Todas as obras ,servizos e outras cuestións referentes os montes con contratos temporais de xestión pública serán xestionados mediante a creación de unha mesa paritaria conformadas polos titulares dos montes e a administración “.

Explicación:

O tempo desmostrou que a xestión dos convenios e ou dos consorcios ,onde o xestor era a administración forestal e non se tiña en conta a opinión dos titulares dos montes ,foi un fracaso .Boa proba de este fracaso e as débedas que acarrexan estes montes .Agora voltase a repetir o mesmo esquema ,non contar cos titulares dos montes para a súa coxestión.

 

Quinta: Ao artigo 9-Persoas asinantes do contrato temporal de xestión pública.

Eliminar no punto c  do apartado 1 todo o que vai dende “ou persoas xestoras …….ate de xestión cautelar”

Explicación:

Neste artigo dáse unha tremenda contradición xa que o punto 4 de este mesmo artigo di que nos casos de xestión cautelar non se esixirá  sinatura dun contrato de xestión pública .

Sexta:  Ao artigo 14-Documentación complementaria.

No punto 1-b,sustituir a palabra “comunidade de propietarios”,por “comunidades de montes”.

Explicación:

         Falando de montes veciñais e lóxico será falar das comunidades de montes que son as titulares dos mesmos .A non ser que se poña en practica aquela máxima de unha ideoloxía non democrática que di que se queres facer desaparecer algo ,escomenza por non nomealo polo seu nome .Esto fica claro no mesmo punto di que somentes se refire os montes veciñais .

Sétima  : Ao artigo 18-A xestión pola administración forestal  e os proxectos de ordenación .

Eliminar o punto 3 e punto 6

Explicación:

Se un titular dun monte ou ,non seu caso ,o titular do aproveitamento do monte asume asinar un contrato de xestión pública ,non ten sentido que se negue a cumprir o estipulado no contrato .En todo caso este incumplimento daría pe a anulación  do contrato de xestión pública .

Octava :Ao artigo 20-Aproveitamentos forestais .

Eliminar no punto 1 os termos  almacenamento de carbono e outros servizos ecosistémicos .

Explicación:

Os contratos de xestión pública debería limitarse os aproveitamentos forestais .Ou e que a administración forestal pensa  que non e capaz de asegurar unha xestión do monte somentes cos aproveitamentos forestais e quer asegurar o negocio?.

Engadir ao final do punto 3 a frase “ Agás nos montes veciñais en man común” .

Explicación:

Non se pode sacar a capacidade de decisión os titulares das terras.

Novena : Ao artigo 21-Alleamentos dos aproveitamentos do monte .

No mesmo punto ,sustituir o texto do  parráfago segundo  polo seguinte texto: “Os alleamentos dos aproveitamentos madeireiros levaranse adiante por calqueira das formulas legalmente permitidas,previo acordo dos titulares dos montes ou no seu caso os titulares do aproveitamento e a xefatura territorial de consellaría  na mesa de xestión paritaria

Explicación:

Non se pode limitar os alleamentos madeireiros  nunha soa formula das legalmente permitidas .Debe ser a mais beneficiosa para os titulares dos montes .Este artigo despide un  cheiro ao pasado  xa que prantexa que o alleamento da madeira so poderá facerse a través da consellaría mediante subhasta ,tal e como se facía nos montes convenidados e ou consorciados,

Eliminación do punto 5

Explicación:

En consonancia coa achega anterior .

Décima.Ao artigo 22-Procedemento para a substitución dun consorcio ou convenio polo novo contrato temporal de xestión pública .

Sustituir o texto do punto 3 polo seguinte texto; “ Aqueles consorcios e ou convenios existentes no momento de entrada en vigor do presente decreto ,serán cancelados coa condenación das débedas consonante  co disposto na

Disposición Adicional Primeira da lei básica  43/2003,de 21 de Novembro ,de montes .

Explicación

Este disposición  di que as débedas dos montes con consorcio ou convenio ,poderán ser condonadas ,se hai compromiso dos titulares dos montes a xestiónalos mediante un plano de ordenación .E xa que logo unha reparación  xa que ,supondo que as famosas débedas sexan certas ,o responsable da mesma e a administración xa que foi o xestor do monte.

Undécima : Ao artigo 29-Obrigas da Administración.

Engadir un punto h-Participación ,na mesa de xestión paritaria .

Duodécima :Ao artigo 30-Dereitos da administración

No punto a eliminar o que sigue despois de “aproveitamentos do monte”

Explicación:

Os contratos de xestión pública deberían limitarse somentes aos aproveitamentos dos montes propiamente ditos .

Eliminar o punto e

Engadir un punto h-Participación na mesa de xestión paritaria

Décimo primeira : Ao artigo 31-Obrigas das persoas titulares dos dereitos de aproveitamentos asinantes do contrato temporal de xestión pública .

 

Sustituir o texto do punto e polo seguinte texto: “Rematado o contrato temporal de xestión pública os titulares dos monte ou no seu caso os titulares do dereito do aproveitamento , xestionan os seus montes segundo  o plano de ordenación “.

Explicación:

Non se pode mermar a capacidade de decisión dos titulares dos montes .

 

Eliminar o punto k

Explicación:

Non se pode ser tan intervencionista .

Eliminar o punto m

Explicación:

E de un intervencionista  feroz impedir que os titulares dos montes non poidan decidir ,nin siquera nas superficies dos seus montes que non están suxeitos ao contrato de xestión pública .

Engadir un punto  p-Participación na mesa paritaria de xestión

Decimo segunda :Ao artigo 32-Dereitos das persoas titulares dos montes ou no seu caso os titulares dos aproveitamentos do monte.

Engadir un punto h –Participación na mesa de xestión paritaria

Décimo terceira :Ao artigo 44-Sección de montes que presentan un contrato temporal de xestión pública .

Sustituir o texto do punto 1 polo seguinte texto :Os titulares dos montes e no seu caso os titulares do dereito o seu aproveitamento , ingresaran  nesta sección un mínimo dun 30% dos ingresos  obtidos  por todos os aproveitamento forestais  dos montes .Este ingreso farase  nos seis primeiros meses da sinatura do contrato temporal de xestión pública e non se voltará a facer ate que os gastos das obras  e servizos que se leven adiante ,non superen esta cantidade .

Explicación.

Incluir tamén  os ingresos de actos de disposición e das expropiacións amosa que os redactores/as pensan mais en asegurar o negocio que na posta en valor dos montes .

Prantexar o ingreso continuo no fondo de melloras de todos os ingresos dos montes incluidos os de natureza extraordinaria , non e pensar no desenvolvemento do monte.E considerar o monte como unha banca o servizo da administración forestal .Maxime cando a xestión de estes contratos sonlevados unilateralmente pola esta,sen contar para nada cos titulares dos montes.

Suprimir o parráfago  primeiro do punto 2

Explicación

Que siñifica que os titulares dos montes teñan que ingresar un 10% mais do 30% de todos os ingresos? .E o pago de unha comisión de mantemento  por ter os ingresos no Fondo de melloras?.

Eliminar o punto 3.

Explicación

Por estar presentada xa na primeira achega  e porque e unha medida coercitiva a amenza con non dar licenza para ao alleamento da madeira .

Décimo cuarta:A Disposición segunda-Seguro de responsabilidade civil

Eliminala

Explicación:

Que a administración poida  contratar un seguro de responsabilidade civil sen ter en conta a decisión das titulares dos montes e logo cargar o custe nos ingresos do monte ,non ten nome .

 

 

 

Centenario dos Sucesos de Sobredo

Achegamos información de actividades organizadas para a conmemoración do Centenario dos Sucesos de Sobredo:

No 19 de novembro (sábado), a partir das 19:00 h, desenvolveráse no Teatro Municipal de Tui o Acto cívico e social: “Sobredo na memoria 100 anos despois”, do que se achega o programa.

No 27 de novembro (domingo) realizaráse no Campo dos Mártires, ao pé do Monumento aos Mártires de Sobredo, o Acto de conmemoración do centenario dos Sucesos de Sobredo; a programación para dito acto enviaráse proximamente en canto esté pechada definitivamente.

Vai tamén un programa de música coral para o que se conta coas actuacións dos coros:

  • No día 19 de novembro,  o Coro Galego Cantares do Brión
  • No día 27 de novembro,  o Coro Agarimos da Terra

Presentan unha guía didáctica sobre o Monte Veciñal en Man Común

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) presenta unha guía didáctica titulada “As Terras Comunitarias de Galiza: o Monte Veciñal en Man Común” co fin de amosar o funcionamento das comunidades de montes á mocidade en idade escolar.
  • A guía foi elaborada polo Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO) por encargo da ORGACCMM e se distribuirá polos colexios e institutos galegos como libro guía para o profesorado e alumnado.
      DESCARGAR GUÍA DIDÁCTICA     

A guía didáctica titulada “As Terras Comunitarias de Galiza: o Monte Veciñal en Man Común” presentada pola ORGACCMM ten como obxectivo principal que o alumnado de ESO e Bacharelato coñezan, comprendan e avalíen a importancia da propiedade colectiva que representan os Montes Veciñais en Man Común.

Mediante esta guía elaborada polo Instituto Galego das Terras Comunitarias se pretende recoñecer os valores que representan e dar a coñecer o traballo e a xestión comunitaria da terra baseada no funcionamento democrático e asembleario das comunidades de montes. 

A ORGACCMM pretende que, a través deste texto educativo, a sociedade galega teña constancia da importancia das terras comunitarias na historia de Galiza. A súa condición de propiedade comunal e a súa xestión asamblearia converte os montes veciñais nun referente para construir unha sociedade máis solidaria e cooperativa.

DESCARGAR LIBRO  ACTIVIDADES

O futuro dunha sociedade xusta debería de construírse entre outras cuestións importantes, fomentando nas persoas valores como a solidariedade, actitudes cooperativas, compartir espazos en común, aproveitando que aínda temos na memoria, no legado e na actualidade, formas de traballo colectivo que se manteñen dende o pasado e que non deberíamos esquecer, adaptando as formas as necesidades do presente e futuro, sendo en moitos casos unha sinal de identidade, polo que deberíamos respectalo como parte do noso patrimonio social e cultural.

O Monte Veciñal en Man Común é un referente do traballo comunitario, da nosa historia pasada, que se mantén vivo, formando parte do presente da sociedade galega, certo é, que moi pouco ou nada difundido, polo que sería importante comprometer o seu coñecemento e defensa, para que as actuais e novas xeracións asuman unha herdanza que foi transmitida de nais e pais a fillos e fillas o longo dos séculos, moi ligada a sociedade rural pero que tivo, ten e terá, unha grande incidencia na poboación urbana e na súa calidade de vida.

O Monte Veciñal en Man Común-MVMC, é un sinal de identidade que temos os galegos e as galegas. Nin é unha titularidade pública, nin é privada, é de natureza veciñal, colectiva, comunitaria. É da veciñanza dun lugar, aldea ou parroquia a que acada colectivamente decisións nas asembleas das Comunidades de Montes. Xa que logo, estes grupos son fonte de debate, participación,solidariedade e cooperación.

Os MVMC no territorio galego cumpren tres funcións moi importantes: económica, medioambiental e social. Son espazos abertos, por isto, das dúas últimas funcións, beneficiase a sociedade no seu conxunto. Ademais, teñen características de bens comúns, de bens sociais.

Son unha realidade viva no territorio galego,mais a pesar diso, son os grandes descoñecidos da sociedade, estando ausentes do currículo escolar galego, en calquera nivel, sendo isto unha enorme eiva e unha débeda pendente. E claro, o que se descoñece non se pode apreciar e valorar, polo tanto, moito menos defender. A Organización Galega de Comunidades de Montes e o Instituto Galego das Terras Comunitarias queren contribuír con esta Guía Didáctica a corrixir este descoñecemento.

 ILP: LEI DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

                                EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

                                                            I

Os montes veciñais en man común ocupan no territorio galego ¼ da súa superficie.Conforman unha titularidade singular de Galiza dado o seu carácter de titularidade  xermánica.Están xestionados pola veciñanza comuneira entendida como grupo social  e non como ente administrativo .Esta singularidade debería ser reforzada co fin de que ,sen perder as súas características ,poída desenvolverse no marco xurídico actual .

A posta en valor dos montes veciñais en man común debe levarse adiante de xeito multifuncional e sustentabel .Entendese por sustentabilidade a acción de acadar unha prosperidade económica sostida no tempo ,protexendo os sistemas naturais e prevendo unha calidade de vida  para as persoas .A finalidade da sustentabilidade e que exista un desenvolvemento económico e social respetuoso co medio ambiente xa que logo ,conxuga accións económicas ,sociais ,medioambientais e políticas .Ou dito de outro xeito ,conxuga territorio,persoas e gobernanza.A veciñanza comuneira e a clave do funcionamento das comunidades de montes .

Organismos internacionais como a ONU  ou a FAO ,e mesmo a Unión Europea recomendan que o futuro dos montes  pasa por avanzar cara a unha tenencia mais xusta de estes territorios evitando a acaparación dos mesmos e dar protagonismo os titulares dos montes dende os principios da autoorganización .O funcionamento das comunidades de montes encaixan nestas recomendacións ,sen desbotar que se debe camiñar na millora do seu funcionamento asembleario.

Os montes vecíñais en man común ,maila a sua titularidade da veciñanza comuneira ,son e deben seguir sendo espazos abertos .As suas función sociais ,medioambientais e culturais benefician a sociedade no seu conxunto .As comunidades de montes deben recibir compensacións por estes servizos e os montes veciñais en man común deben ser considerados en si mesmo como unha figura de protección medioambiental e cultural .

 

II

O que esta Iniciativa Lexislativa Popular pretende  e:

1-Reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal e millorar a funcionamento asembleario e democrático das comunidades de  montes .

2-Recoñocer aos montes veciñais en mán común como unha figura de protección medioambiental e cultural en si mesmo.

3-Considerar como aproveitamentos e usos actuais do monte veciñal,todos os que nos mesmos se dan

4-Acadar un monte veciñal multifuncional e sustentebal ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade no seu conxunto .

 

TITULO  PRELIMINAR

                                                   DISPOSICIONS XERAIS

Artigo 1-Definición.

Son montes veciñais en man común as terras ubicadas en Galiza que ,independentemento da sua orixe ,posibilidades productivas,aproveitamento actual e vocación agraria ,perteñezan e sexan xeridos polas agrupacions veciñais na sua calidade de grupos sociais  e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asiñación de cuotas polos membros das mesmas na sua condición de veciños/as confornando unha titularidade de carácter xermánico.

Artigo 2-Natureza e titularidade dos montes veciñais  en man común

1-Os montes veciñais en man común son titularidades comunitarias .A súa natureza especial deriva da sua titularidade colectiva sen asiñación de cuotas e suxeitas as limitacións de inembargabilidade ,indivisibilidade ,inalienabilidade e imprescritbilidade.Os montes veciñais en man común non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial nin a cuota empresarial da seguridade social agraria.

2-A titularidade dominical e os aproveitamentos ,sen asiñación de cuotas ,correspondelle a comunidade de montes .Esta entendese composta polos veciños e as veciñas  que a integren nun momento dado.

Artigo 3-Condición de veciño/a comuneiro/a

1-Teran a condición de persoa veciña comuneira,todas as persoas que conforman as unidades familiares  e as economías independentes con vivenda aberta e residencia habitual ,dentro da área xeográfica onde se asenté o grupo social ao que tradicionalmente estivese adscritos os aproveitamentos do monte .No libro do censo da veciñanza comuneira estarán representados por  unha persoa  da unidade familiar ou de economía independente.Unha persoa non pode ter a condición de veciño/a comuneiro/a en duas comunidades de montes a vez.

2-Os estatutos das comunidades de montes poderán establecer un prazo mínimo de residencia para adquirir a condición  de veciño/a comuneiro/a.Este prazo non poderá ser superior a 9 meses nen inferior a 3 meses.Non se poderá negar a condición de veciño/a comuneiro/a a aquelas persoas que teñan as condicións para selo.

3-A condición de persoa veciña comuneira só poderá perderse desde o momento no que deixe de cumplir os requisitos esixidos para integrarse na comunidade de montes,esto é a de non ser veciño/a .O exercicio dos dereitos dos veciños/as comuneiros/as ,poderá ser suspendido por ter realizado actuacións de especial gravidade contra o monte veciñal ou rachar os acordos tomados en asemblea xeral .A suspensión de estes dereitos deberá ser acordada en asemblea xeral , tras a sua inclusión no orde do dia ,con expresión individualizada das persoas afectadas e sempre con audiencia destas .

4-Regulamentariamente a conselleria competente en materia de montes .poderá regular a adquisición da condición de veciño/a colaborador/a da comunidade de montes ,de xeito excepcional e somentes para aquelas comunidades de montes onde haxa pouca poboación..

 

TITULO UN

                              REXIME XURÍDICO

Artigo 4-Capacidade xurídica das comunidades de montes .

1-As comunidades de montes veciñais en man común  terán plena capacidade xurídica para o cumplimento dos seus fins e a defensa dos séus dereitos sobre os montes veciñais e os seus aproveitamento ,así como a súa administración ,disposición e actos derivados establecidos nesta lei.

2-Asimesmo ,as comunidades de montes terán plena capacidade xurídica para a realización de todos aqueles actos e negocios xurídicos  que teñan por obxeto dotarse de instalacións necesarias,obras ,servizos comunitarios ou terras na mesma zona do monte co obxeto de incrementar a superficie do monte veciñal e ,en xeral para todos aqueles actos xurídicos que redunden en beneficio da xestión do monte veciñal de acordo co que decida en cada momento a asemblea xeral e sempre conforme coas disposición desta lei e a sua normativa de desenvolvemento.

3-A adquisición de terras por compra deberá ser motivada pola comunidade de montes no cumpllimento dos seus fins ,no interese xeral dos comuneiros e comuneiras ,na defensa do monte veciñal e dos seus accesos,no mellor aproveitamento dos seus recursos o una mellora ou ampliación da superficie do monte veciñal .As terras adquiridas por este procedemento serán cualificadas polos xurados de montes como montes veciñais en man común e non poderan ser obxeto de actos de disposición por un periodo de 20 anos.

Artigo 5-Cesions

1-Os montes veciñais en man común poderán ser obxeto de cesión temporal  de parte da sua superficie,a titulo oneroso ou gratuito para obras ,instalacions ,aproveitamentos dos recursos ,equipamentos ou servizos que proporcionen un beneficio directo as comunidades de montes.

2-A cesión poderase establecer por un periodo máximo de 30 anos e excepcionalmente por tempo indefinido se é en beneficio de calqueira administración pública cando sexan destinadas a equipamentos ou dotacións que sexan servizos públicos ou namentras se manteña o fin para a que foi feita a cesión.Rematado o tempo de cesión,por regra xeral ,o beneficiario da mesma tera que deixar o terreo nas mesmas condicións en que os recibeu .No caso de cesión a particulares o tempo máximo tamén será como máximo por 30 anos ,revisabel cada 10 anos no que respeito as condicións da cesión En ningún caso a cesión levará a perda da titularidade de monte veciñal .

3-Para que sexan válidas as cesión terán que contar co voto favorabel da metade mais un dos asistentes a asemblea xeral en primeira convocatoria e co voto favorabel dos 2/3 dos asisentes en segunda convocatoria..A constitución do dereito de cesión  rexirase pola presente lei e subsidiariamente polas normas do dereito privado.

Artigo 6-Servidumes

1-Poderase establecer servidumes sobre parcelas do monte veciñal  logo da tramitación do oportuno expedente no que se acredite a compatibilidade co fin do monte así como a utilidade pública e o interese social da servidume..O consentimento da comunidade de montes é necesario  para autorizar as servidumes.

2-Regulamentariamente determinarase o procedemento a seguir para a autorización do establecemento das servidumes.

Artigo 7-Dereitos de superficie.

1-As comunidades de montes poderan establecer convenios de cesión de dereitos de superficie ou arrendamentos con destino a instalación de instalacions e autorizacións  para producción  agrícolas ,gandeiras ou non forestais por un período máximo de 15 anos.Para os aproveitamentos forestais  o tempo de duración será o turno de corta da especie plantada.

2-Para que sexan válidos os acordos de dereitos de superficie ou arrendamentos ,terá que contar co voto favorabel de metade mais un dos asistentes en primeira convocatoria e co voto favorabel de 2/3 en segunda convocatoria´

3-Regulamentariamente determinarase o procedemento a seguir para a autorización do establecemento de dereitos de superficie ou arrendamentos.

Artigo 8-Permutas

As comunidades demontes poderan levar adiante permutas do monte veciñal con terreos que non teñan esta condición  sempre e cando sexan enclavados ou estremeiros .A permuta ten que estar motivada e contar coa autorización da conselleria competente en materia de montes.Os terreos permutados serán considerados montes veciñais .

 

TITULO DOUS

                                                APROVEITAMENTOS

Artigo 9-Aproveitamentos.

1-O aproveitamento e o uso dos montes veciñais en man común correspondelle a comunidade de montes.Realizaranse de acordo cos instrumentos de xestión ,cos acordos asemblearios e coa normativa que os afecte.

2-Todos os aproveitamentos e usos actuáis e que se poidan dar no futuro que teñan como base territorial o montes ,serán considerados  ,a todos os efectos ,aproveitamentos e usos dos montes veciñais .Seran considerados como aproveitamentos directos da veciñanza comuneira os pastos ,as leñas ,os esquilmes ,os aproveitamentos non madeireiros que sexan acordados en asemblea xeral e o arborado non comercial que segundo a lexislación vixente entregase anualmente a veciñanza comuneira.

Artigo 10-Lotes,sortes ou parcelas para o aproveitamento gandeiro ou agrícola

As comunidades de montes poderán acordar que parte do monte veciñal sexa aproveitado de xeito individual  ou en cooperativa pola veciñanza comuneira para usos  gandeiros e/ou agrícolas.por medio de sortes ou lotes.Este aproveitamento sera gratuito e por un período máximo de 12 anos.Se houbese un novo reparto ,aos beneficiarios/as non pode tocarlle a mesma sorte ou lote.

Artigo 11-Cotas de reivestimento en montes veciñais en man común-

1-Nos montes veciñais en man común as cotas mínimas de reivestimento en mellora ,protección e posta en valor dos montes veciñais de xeito multifuncional e sustentabel serán as seguintes: a-As indicadas anualmente nos instrumentos de xestión .b-o 40% dos ingresos nos montes veciñais que carezan de un instrumento de xestión ,c-o 15% naqueles montes veciñais de zonas desfavorecidas ou con pouca poboación .Neste caso ,cada dous anos ,revisarase estes investimentos entre a conselleria competente en materia de montes e a comunidade de montes.

2-Para o calculo dos ingresos obtidos contabilizaranse aqueles que proveñan dos aproveitamentos e dos usos do montes veciñal .Os ingresos obtidos por actos de disposicións,expropiacions ,lumes , pragas,,temporias e calqueira outro de carácter extraordinario serán investidos mediante un plano de traballo presentado pola comunidades de montes e aprobado pola  conselleria competente en materia de montes .As cuantias das subvencions ,por ser de carácter finalista ,quedan fóra do calculo.

3-Estes reinvestimentos realizanse por periodos de 4 anos .No primeiro semestre do cuarto ano ,a comunidade de montes presentará diante da conselleria competente en materia de montes ,os documentos acreditativos do reinvestimento.

 

                                                   TITULO TRES

                      DEFENSA E USO SOCIAL DOS MONTES VECIÑAIS

Artigo 12-Reparación de danos

Todos as actos e negocios xurídicos de ocupación e usurpación do monte veciñal en man común,asi como as posteriores transmisión .levados adiante non de acordo coa lei ,serán considerados nulos de pleno dereito .

Artigo 13-Figura de protección medioambiental e cultural.

Por sua natureza especial ,polas funcións sociais e medioambientais que cumplen os montes veciñais ,no prazo de seis meses contados a partir da entrada en vigor a presente lei ,o Parlamento declarará ao monte veciñal como unha figura de protección medioambiental e cultural en si mesmo .

Artigo 14-Uso social do monte veciñal

O uso social dos montes veciñais en man común por aquelas persoas que non ostentan a condición de veciño/a comuneiro/a ,terá que facerse sen danar ao monte e respetando a titularide de estas terras .Terá que contar coa autorización das comunidades de montes e da sua practica non poden derivarse responsabiliades civis e penais para as comunidades de montes .

 

TITULO CATRO

                                     DA CLASIFICACIÓN E DOS SEUS EFECTOS

Artigo 15.Clasificación

A clasificación como monte veciñal en man común realizarase exclusivamente polo Xurado de montes veciñais en man común de Galiza na forma prevista nesta lei e na normativa de desenvolvemento.

Artigo 16-Xurado de montes veciñais de Galiza.

1-O Xurado de montes veciñais de Galiza é un órgano colexiado permantente de Galiza especializado en materia de montes veciñais en man común e no procedemento para a sua clasificación e declaración.Estará adscito a conselleria competente en materia de montes e actuará no cumplimnento das suas funcions con autonomía ,imparcialidade e independencia.

Artigo 17-Composición e funcionamento do Xurado

Regulamentariamente definirase a composición do Xurado ,a sua organización ,o seu funcionamento,os procesos de clasificación,as resolución  e as impugnacións

 

TITULO CINCO

                              DA ORGANIZACIÓN DAS COMUNIDADES

Artigo 18-A asemblea xeral de comuneiros e comuneiras.

1-A asemblea xeral ,da que forman parte todas as persoas veciñas comuneiras é órgano máximo da vontade da comunidade de ,montes.Teñen dereito a asistir as mesmas todas as persoas que conforman a veciñanza comuneira.O voto será exercido polo comuneiro/a que figure no libro do censo da comunidade de montes como representante da unidade familiar ou a económica independente.

2-Para asistir a asemblea xeral calqueira comuneiro/a poderá delegar a sua representación noutra persoa comuneira.Estas delegación teñen que ser expresas para cada asemblea xeral e cada persoa comuneira non pode ter mais de unha delegación.Non se entederá como delegación e si como representación cando a persoa veciña comuneira e sustituida por calqueira outro membro da unidade familiar ou económia independente.

3-A asemblea xeral de carácter ordinario será convocada unha vez o ano e sempre dentro dos seis meses seguintes a data do peche do exercicio económico ,que coincidirá co ano natural.Con carácter extraordinario convocaranse por iniciativa da maioira da xunta reitora ou cano o soliciten un mínimo de un 20% da veciñanza comuneira,tendo que convocarse nun prazo máximo de 2 meses .De non facelo ,os solicitantes poderan autoconvocar a asemblea xeral.

4-As convocatorias das asembleas xerais convocaranse con un mínimo de 10 dias de antelación,notificando por escrito a veciñanza comuneira e anunciadas nos lugares de costume.Na convocatoria especifícarase o orde dia e indicarase o lugar onde a veciñanza comuneira poida consultar a documentación dos asuntos que figuran no orde do dia.

5-A asemblea xeral quedará válidamente constituida en primeira convocatoria candos están presentes ou represtando a metade da veciñanza comuneira;e en segunda convocatoria cando esten presentes ou representados o 25% ,que no caso de trartar asuntos de disposición ,teran que estar presentes ou representados o 30% da veciñanza comuneira .Entre a primeira e a segunda convocatoria tra que tanscurrir media hora .

Artigo 19-Xunta reitora

1-A xunta reitora é o órgano de goberno da comunidade de montes .Ten como competencia fundamental e levar adiane os acordos asemblearios .Acomposición mínima da xunta reitora será 😮 presidente/a e dous/duas vocalías que actuarán como secretario/a  e tesoureio /a.

2-A xunta reitora será elexida por un periodo de 4 anos ,por maioira simple de entre as candidaturas previamente presentadas.Procurarase que a súa composición  sexa equilibrada no que atinxe o xénero

Artigo 20-Mancomunidades de montes,

1-As comunidades de montes ,logo do acordo da asemblea xeral ,poderan mancomunares en ambetos superiores  para a melllor defensa dos seus intereses.

2-Regulamentariamente desenvolverase o séu rexistro,a súa capacidade de obrar e a xestión dos seus recursos.

Artigo 21-Estatutos da comunidade de montes.

Os estatutos das comunidades de montes ,recollerán  o que dita esta lei e outras leixes relacionadas dos montes ,Serán rexistrados no organismo correspondente,.

                   

                                                TITULO SEIS

                                  PROTECCIÓN E XESTIÓN CAUTELAR

Artigo 22-Funcions da Administración.

A conselleria competente en mateira de montes velará pola integridade dos montes veciñais ,fomentará que a sua posta en valor sexa de xeito multifuncional e sustentabel ,xestionariaos nos casos de extinción da comunidade veciñal ou se son declarados en estado de grave abandono e procederá a facer os deslindes.

Artigo 23-Situacións transitorias por extinción ou desaparición da comunidade de montes.

1-A xestión dos montes veciñais en man común que carezan de veciñanza comuneira ou que esta non e quen de constituir unha xunta reitora ,corresponderá directamente a conselleria competente en materia de montes .Para tal xestión ,poderá contar coa colaboración de comunidades de montes veciñas ou polas mancomunidades de montes próximas .Esta xestión cautelar rematará no momento no que se subsanen as causas que a provocaron.

2-Regulamentariamente determinarase cales serian os principios de esta xestión cautelar ,as formas de tomar as decisións e o xeito de polo en valor e a sua contabilidade.

Artigo 24-Estado de grave abandono ou degradación.

1-Os montes veciñais en man común somentes  poderanse declarar en este estado cando sufrise un manifestó deterioro medioambiental  ou padecese unha abusiva extracción dos seus recursos .Este estado será declarado pola conselleria competente en materia de montes.

2-Previamente a esta declaración ,a conselleria competente en materia de montes ,escoitada a comunidade de montes ,dictará unha resolución explicando as razóns de tal declaración ,presetando un plano de actuacións enfocadas a correxir as causas que provocaron a declaración de grave abandono ou degradado .As medidas correctoras serán levadas adiante entre a conselleria e a comunidade de montes afectada.

3-Unha vez subsanadas as causas ,a comunidade de montes recuperará a xestión do monte veciñal.Somentes no caso de que a comunidade de montes se negase a levar adiante as medidas correctoras ,a xetión do monte veciñal pasaría  a levaba de xeito cautelar a conselleria compentente en materia de montes

Artigo 25-Defensa dos intereses do monte veciñal.

Calqueira veciño/a comuneiro/a poderá defender os intereses da comunidade de montes debendo serlle reintegrados os gastos que lle ocasionase tal defensa ,sempre que prospere a sua pretensión principal.

Disposición adicional primeira.

Os convenios e os consorcios existentes entre a conseleria compentente en materia de montes e as comunidades de montes ,no prazo máximo de1 ano ,serán rescindidos sen cargal algunha para as comunidades de montes .Esas comprometeranse a xestionar os sues montes mediante un instrumento de xestión .

Disposición adicional segunda.

1-A conselleria compente en materia de montes ,no prazo de un ano ,cuatificará o valor económico que xeran os montes veciñais  polas suas función sociais ,medioambientais  e pola captura de C02.

2-Regulamentariamente dictaminarase as compensacións que recibirán as comunidades de montes por estas prestacións.

Disposición adicional terceira.

A conselleria competente en materia de montes ,no prazo de  1 ano xestionara diante do Catastro a consideración da superficie de cada monte veciñal como unha soa parcela catastral.

Disposición adicionsl cuarta

No prazo máximo de 6 meses,a conselleria competente en materia de montes  ,proporá que o Parlamento Galego ,mediante unha proposición non de lei ,inste ao Goberno central e as Cortes xerais do Estado a que promulgue unha lei que recoñoza a titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas.

Disposición adicional quinta

No prazo máximo de 6 meses a conselleria competente en materia de montes,proporá que o Parlamento Galego ,,mediante unha proposición non de lei ,inste ao Goberno central e as cortes xerais do estado ,promulgue unha normativa fiscal para os montes veciñais ,acaida as suas características e as suas funcións e deixando de ser suxeitos pasivos no Imposto de sociedades..

Disposición adcional sexta.

No prazo máximo de 6 meses ,o Parlamento galego  promoverá e declarará  aos montes veciñais en man común e as comunidades de montes  como elementos do patrimonio  material,inmaterial e histórico que deben ser salvagardados para que a xeracións vindeiras poidan disfrutar dos mesmos.

Disposición transitoria primera

No prazo máximo de 2 anos ,as comunidades de montes terán que adaptar os seus estatutos a esta nova lei .

Disposición transitoria segunda.

A conselleria competente en materia de monts ,non prazo máximo de 1 ano ,aprobará os regulamentos necesarios para o desenvolvemento de esta lei.

Disposición transitoria terceira.

O Ministerio Fiscal defenderá as comunidades de montes cando os seus montes veciñais se vexan afectados na sua integridade.

Disposición derrogatoria primeira.

A entrada en vigor de esta lei de montes veciñais ,quedan derogadas a lei 13/1989 do 10 de Outubro e o seu regulamento de 4 de Setembro de1992.Asi mesmo ,quedan tamén derogados toos os artigos de leixes relacionadas directa ou indirectamente cos montes veciñais  e que sexan contradictorios .

Disposición derradeira primeira

Esta lei entrará en vigor un mes despois da sua publicación no DOG.

Os/as asinantes autorizan a D Jose Alfredo Pereira Martinez  a presentar e recibir escritos e documentos en nome da Comisión Promotora.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Solicitan a Medio Rural que interveña ante o mercadeo dos bonos de captura de CO2

 

A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que están aterrando en Galicia un bo número de empresas de servizos pretendendo facer negocio co mercadeo dos bonos de captura de CO2 a costa das comunidades de montes.

 

A ORGACCMM sinala que si xa o decreto do goberno central era lesivo para Galicia, xa que somentes teñen dereito a bonificarse como captura de CO2 as masas de arboredo que se planten nun territorio arrasado polo lume ou que implique un cambio de uso da terra como a reforestación de terras agrarias, agora ademais hai un mercadeo crecente cos bonos propiciado polo desembarco de empresas de servizos foráneas que veñen a explotar os recursos do país.

Estas empreas intermediarias pretenden acaparar as compensacións monetarias pola captura do C02 que ben podían xestionar directamente as comunidades de montes se tiveran o asesoramento da Consellería de Medio Rural. Nembargantes a Consellería está subvencionando o 80% do custe das replantacións que estas empresas ofrecen ás comunidades de montes a cambio dos dereitos sobre os bonos de captura de CO2. As comunidades de montes terán que facerse cargo dos costes de mantemento da plantación (podas, limpeza, clareo, …) até que se cumpla o prazo de 40 anos para poder facer un aproveitamento madereiro do plantado.

As comunidades de montes teñen que sufragar ese mantemento das plantacións sen ter ingresos e namentras, sinalan, a empresa intermediaria cobra de xeito inmediato o 20% da cuantía económica pola captura total do CO2 polo periodo de 40 anos.

Descalificación de a “cidade deportiva” do Celta de Vigo como finalista na Bienal Española de Arquitectur

  • A Organización Galega de Comunidade de Montes solicita ao Comisiarado de la XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo (BEAU) a descalificación de a “cidade deportiva” do Celta de Vigo como finalista na Bienal Española de Arquitectura.

A cidade deportiva do Celta, actualmente aínda en fase de construción, foi denunciada pola nosa comunidade de Montes de Tameiga ante a xustiza, por ser posiblemente constitutivas dun ou varios delitos de prevaricación administrativa en base ás consideracións que se expoñen a continuación.

As obras autorizáronse en terreos rústicos de protección forestal os cales, antes do inicio das obras, atopábanse nun estadio moi próximo ao natural, é dicir, con boa cobertura arbórea e sen practicamente intervención humana en canto a obras, instalacións e/ou camiños. O art. 35 da Lei do Solo de Galicia establece os usos autorizables en chan rústico de protección ordinaria e, como reza o art. 51 do Regulamento da Lei do Solo, nos terreos clasificados como rústicos de especial protección, só pódense realizar os usos do indicado art. 35, a condición de que sexan compatibles co réxime de especial protección.

O artigo esixe a solicitude de autorización ou informe favorable do órgano sectorial con carácter previo á autorización autonómica, se esta fose preceptiva. Estamos por tanto, ante a autorización dun uso que debe de realizarse mediante a aprobación dun plan especial de Infraestruturas, algo que non sucedeu porque o plan foi denegado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Ademais supón a destrución sen remedio da propia esencia do chan rústico en que se realiza, cal é a da protección forestal. A protección forestal é incompatible coa realización dunha infraestrutura tan grande. Ademais, o art. 37 da Lei do Solo prohibe a apertura de camiños, o cal non só se fai co proxecto aprobado, senón que ademais faise un aparcamento de 5.500 m2 para un número indeterminado de vehículo xunto coa apertura un “carreiro de mantemento” de 3.400 m2 segundo a propia memoria. Por todo iso consideramos que os feitos relatados, sen prexuízo de mellor cualificación xurídica, poderían ser constitutivos de delitos contra a ordenación do territorio (arts. 319 e 320 do Código penal) e de prevaricación administrativa.

Sinalar que ademai da querela interposta pola Comunidade de Montes de Tameiga, a fiscalía de Vigo abriu dilixencias contra a xunta de goberno local e o presidente do Celta polos mesmos supostos delitos de prevaricación.

A ORGACCMM comunicou a Bienal de Arquitectura que é un desprestixio para un galardón tan importante que se inclúa entre os proxectos finalistas a cidade deportiva do celta sobre a que como mínimo planea a sombra da corrupción e despropósito ambiental.

A Bienal debería dar exemplo para que a arquitectura sexa sostible e contribúa á transición ecolóxica..