Fiscalidade dos dereitos de superficie

A Axencia Tributaria está a facer comprobacións de IVE, respeto dos contratos de dereito de superficie sobre parcelas de Montes Veciñais.

Facenda considera que as edificacións feitas sobre estas parcelas, revertirán como patrimonio da Comunidade o rematar o contrato, polo tanto deberían tributar como rendimento en especie cada 31 de decembro, pola parte proporcional do valor da edificación repartida nos anos do contrato.

Aparte de non estar en absoluto dacordo co xeito que ten Facenda de valorar o estado actual das construccións, descoñecemos por completo o estado de conservación que terán esas construccións o remate do contrato.

Pensamos tamén que o momento da valoración e do pago dos impostos que implicarían a reversión da construción, terían que ser no momento en que se pon a disposición da comunidade propietaria dita edificación, e non antes.

Dende a ORGACCMM estamos en contacto con algunhas Comunidades que tratan de aclarar este tema tan complexo e poder chegar a unha solución xusta e real.

Neste enlace  <Preme aqui> , podes baixar una nota explicativa feita polo noso servizo xurídico.