Dia de Loita da Veciñanza Comuneira (V Edición)

24 de Xaneiro de 2026 en Eirón-Mazaricos
Lembrando a defensa das terras veciñáis que os labregos e labregas fixeran por
todo o País e a represión sofrida no franquismo. O asasinato pola garda civil de
José Esperante París “Che de Pedro”, veciño de Eirón, e feridos graves Andrés Alvite
Santos e Marcelino Esperante Antelo, varias persoas detidas, con cárcere e fortes
sancións o 22 de Xaneiro de 1963, foron unha parte tráxica desas loitas.

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, no pasado mes de
Outubro de 2025, ven de facer un RECOÑECEMENTO PERSOAL E REPARACIÓN DE
DANOS na figura do “Che de Pedro”, polo que ésta V Edición vai estar marcada por
elo, querendo facer extensivo o mesmo, o resto de persoas e familias afectadas,
convidando a veciñanza do concello e do resto do País a sumarse a ésta
celebración.

Programa:
11:00 h. Local Social de Eirón. Recepción asistentes.
11:10 h. INGATECO. Alcalde de Mazaricos. ORGACCMM. 11:20 h. Eduardo Rico Boquete. Doutor en Historia (USC). Profesor da Facultade de Xeografía e Historia – Departamento Historia. Grupo HISTAGRA (Historia agraria e política do mundo rural. Sec. XIX e XX).
Título: “Repoboacións forestáis e conflictividade social na dictadura franquista”
12:10 h. Café.
13:00 h. Braña da Gatiñeira-Eirón. Diante do monumento a José Esperante
París. Lembranza das persoas represaliadas no franquismo por defender as
terras veciñáis.
Participan:
Concello de Mazaricos.
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Man
Común.
Representación das persoas afectadas.
Ingateco.
13:45 horas. Ofrenda floral. Himno Galego.

Colaboran: Concello de Mazaricos Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais.

Almorzo de confraternidade: Ás 14:30 horas en Casa Pego, San Cosme de Antes,30
euros. As persoas interesadas poden anotarse nos seguintes tfnos: 679233474
(Claudio). 629690113 (Argimiro), ou no email ingateco.info@gmail.com

 AXUDAS PARA SILVICUTURA

O Diario Oficial de Galiza número 5 do dia 9 de Xaneiro de 2028 ven de publicar axudas para a silvicutura productiva de coníferas, para actuacións silvícolas con obxetivos ambientais e non productivas en frondosas e para rehabilitación de soutos de castaño.

A cuantía das subvencións para silvicultura productiva en coníferas será do 60%. E para accións silvícolas  con obxetivos ambientais e para a rehabiltación de soutos de castaño será do 100%.

A superficie mínima da actuación será de 1 hectárea e a máxima de 50 hectareas. O prazo para a presentación de solicitudes e de 30 dias hábiles contados a partir do dia seguinte da publicación e orde de axudas no DOG.

O BNG CONSIGUE  O APOIO DO CONGRESO PARA PERMITIR AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS  ACTUAR COMO COMUNIDADES  ENERXÉTICAS LOCAIS

Con só o voto en contra de VOX , o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Nestor Rego, mediante unha Proposición Non de Lei (PNL), logrou que o Congreso dos deputados/as inste ao goberno central para que recoñeza ás comunidades de montes para actuar como comunidades enerxéticas locais.  Agora só falta que o Goberno central  tome en consideración este sentir maioritario do Congreso e leve adiante o contido da PNL.

Proposición non de lei do deputado do BNG aposta por un modelo de xeración de enerxía distribuida a menor escala e máis próxima aos centros de consumo, fronte ao modelo da Xunta de Galiza e do Goberno do Estado, que apostan por favorecer os intereses empresariais.

Recoñocer que as comunidades de montes poidan actuar como comunidades enerxéticas locais posibilitará que as comunidades de montes sexan actores centrais na produción de esta enérxia renovabel, xerando riqueza e servizos para a veciñanza das aldeas e das parroquias.

Este recoñocemento tamén implica a consideración de que o aproveitamento destas enerxías renovabeis sexan consideradas como aproveitamentos dos montes veciñais e xa que logo o seu desenvolvemento  beneficiará ao conxunto da sociedade, ao contribuir a  loita contra o cambio climático e abaratará os custos  deste servizo para a veciñanza comuneira e para as populacións preto dos montes veciñais.

A ORGACCMM quere manifestar  públicamente o agradecemento ao  deputado do BNG por levar aodebate ao Congreso dos deputados/as e conseguir que o mesmo aprobase que as comunidades de montes poidan actuar como comunidades enerxéticas locais no desenvolvemento das enerxías renovabeis. Cuestión que é unha reinvidicación dun número importante de comunidades de montes.

CIRCULAR INFORMATIVA 4/2025

Montes veciñais con consorcio ou con convenio.

A lei de acompañamentos os orzamentos xerais da Xunta de Galiza para ano 2026, ven de prolongar ate o 31 de Decembro de 2027 o tempo para que as comunidades de montes que teñan os seus montes veciñais con consorcio ou con convenio, se queren recuperar a xestión dos mesmos , teñan que pagar as falsas e inxustas débedas que acarrexan. Dende a ORGACCMM fumos quen de conseguir que moitos montes veciñais, nesta situación, fosen recuperados pola veciñanza comuneira sen ter que pagar as falsas e inxustas débedas. Agora temos dous anos máis para conseguir o mesmo naquelas comunidades de montes que aínda teñan os seus montes veciñais consorciados ou conveniados .

Imposto de bens inmobeis (IBI) e montes veciñais .

Tanto a lei de montes veciñais vixente como na, tamén vixente, lei de montes de Galicia dictan  claramente que os montes veciñais non están suxeitos a ningunha contribución de base territorial. E a lei reguladora das Facendas Locais di de forma taxativa que os montes veciñais están exentos do pago do Imposto de bens inmobeis (IBI).

Xa que logo fica claro que as comunidades de montes non teñen porque pagar este imposto por calquera instalación situada nos montes veciñais. Podería haber algunha no caso daquelas intalacións industriais que xeran negocio. Máis esta dúbida queda disipada cas  dúas últimas setenzas do Tribunal Superior que dita que “independentemente do tipo de instalación situado no monte veciñal, este está exento do pago do do Imposto de ben Inmobeis (IBI)».

Mais a pesar desta lexislación e desta xurisprudencia, moitos concellos de Galiza seguen a pasar ás comunidades de montes o cobro do IBI. As comunidades de montes temos que obrigar aos concellos a que cumplan coa legalidade .

Aproveitamento de oliveiras.

A sociedade cooperativa galega Proligal pusoxe en contacto coa nosa organización para falar do tema da prantacións de oliveiras autóctonas nos montes veciñais. Manifestou a súa disposición a dar información ás comunidades de montes sobre este aproveitamento. Tanto para aquelas comunidades de montes que queiran facer este aproveitamento directamente, como para aquelas que o queiran facer mediante empresas.

Decreto de créditos de  carbono.

No Diario Oficial de Galicia (DOG), número 209, de mercores 29 de Outubro, a Consellería de Presidencia, Xuventude e Deportes ven de publicar o DECRETO 95/2025 polo que regula  o sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia.

Chamamento á participación na manifestación ALTRI NON deste domingo 14 en Compostela

A ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES apoia a manifestación que, convocada pola plataforma Por unha Ulloa Viva, terá lugar o domingo 14 de decembro en Compostela para rexeitar o proxecto de ALTRI.

Este proxecto é unha macrocelulosa que precisa moitas toneladas de eucalipto. Polo tanto, vai incrementar, aínda máis, as plantacións desta especie forestal. Isto nos levara a un monte forestado en rexime de monocultivo, o contrario dun monte multifuncional e sustentabel, que é un monte con futuro.

A ORGACCMM fai un chamamento á veciñanza comuneira para que acudan a esta manifestación a rexeitar o proxecto de macrocelulosa de ALTRI.

A ORGACCMM denuncia que a Consellería de Medio Ambiente despreza os montes veciñais

A Organización Galega de Comunidades de Montes alerta de que a Consellería de Medio Ambiente ven de presentar a consulta pública un anteproxecto de lei da administración ambiental simplificada, cuxo obxectivo fundamental é facilitar que se poidan instalar no territorio galego proxectos industriais. Uns proxectos que na súa maioría son lesivos ambientalmente para o territorio e para a calidade de vida da poboación residente.

Denuncian que este anteproxecto disminúe, cando non elimina, os controles ambientais e sustitúe a labor garantista do funcionariado da administración por as chamadas entidades  colaboradoras da administración ambiental, que son entidades de carácter privado. A ORGACCMM tamén sinala que semella que os montes veciñais non existen para a Consellería de Medio Ambiente, xa que non figuran en ningún articulado deste anteproxecto. A Consellería pretende así entregalle aos promotores destes proxectos industriais unhas terras que non son súas, senón da veciñanza.

Ante este despropósito da Consellería de Medio Ambiente, a  ORGACCMM presentou unha achega a este anteproxecto. Unha achega, á totalidade, pedindo a súa retirada e o inicio dun novo proceso no que participen todos os sectores implicados.

ACHEGA ÚNICA DA ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES AO ANTEPROXETO DE LEI DE ADMINISTRACIÓN AMBIENTAL SIMPLIFICADA.

ACHEGA ÚNICA: Retirada do anteproxecto de lei de Administración Ambiental Simplificada e reinicio do proceso coa participación de todos os sectores implicados.

ARGUMENTOS DA ACHEGA:

1.- O anteproxecto de lei pretende xuntar nuha soa lei (codificación) ,na que estarían incluidas a Lei 9/2013, de 19 de decembro, de emprendemento da competitividade económica de Galiza, a Lei 5/2017, de 19 de outubro, do emprendemento e da implantación de iniciativas empresariais de Galiza e a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativas e de apoio a reactivación económico de Galiza.

O obxectivo de esta “codificación “, nova lei de administración ambiental simplificada, é a de facilitar aínda máis os proxectos empresariais, que, na súa maioría,,son agresivos para o territorio e para as poblacións que nel habitan. Cando, precisamente, polas características destes proxectos, a lexislación tiña que contar con máis cautelas ambientais e sociais.

Ademais, o anteproxecto da lei de Administración Ambiental Simplificada no seu Capítulo de Obxecto e principios asume a filosofía de “que quen paga pode seguir contaminando”, que non e a mellor fórmula para loitar contra o cambio climático .

2.- O anteproxecto de lei disminúe, cando non elimina, as garantías ambientais para que os proxectos industriais acaden a autorización, como son:

  • Que os promotores dos proxectos eólicos poderán solicitar a excepción da avaliación ambiental se estes proxectos atópanse nas chamadas zonas de aceleración de enerxía renovabel.
  • Que os promotores do proxectos eólicos poderán solicitar voluntariamente a sustitución das autorizacións ambientais vixentes por unha autorización ambiental integral simplificada soamente presentando unha declaración responsábel.
  • Que teñen carácter vinculante os acordos ambientais que suscriban a Consellería competente en materia de medio ambiente e os titulares das actividades e das instalacións.
  • Que no caso de que as inciativas empresariais sexan declaradas como “proxectos industrais extratéxicos” os promotores dos mesmos non precisan obter o certificado acreditativo de compatibilidade urbanística.

3.- O anteproxecto de lei sustitúe a laboura garantista do persoal da administración pública polo criterio das chamadas entidades colaboradoras de administración ambiental, que son entidades de carácter privado .Estas entidades colaboradoras terán a capacidade de:

  • A verificación da normativa aplicable dos proxectos sometidos á autorización ambiental integrada.
  • A colaboración no seguimento dos pronunciamentos ambientais e nas funcións de inspección ambiental.
  • A emisión de certificados, actas, informes e ditames que poderán ser asumidos pola administración pública .
  • O asesoramento as promotoras dos proxectos para subsanar as deficiencias dos proxectos e favorecer a súa autorización.

4.- O anteproxecto de lei depreza a opinión dos titulares das terras onde se instalarán estas actividades industrias, que na súa maioría terán aspectos sociais e ambientais agresivos. Boa proba  disto atopámola en que en todo o articulado do anteproxecto de lei non aparece como condición coñocer a opinión dos titulares das terras para conceder a autorización ao proxecto industrial.

Derivado desta filosofía política os titulares das terras non forman parte do Consello Galego de Medio Ambiente. Dada a estructura da propiedade que hai en Galiza ,existen os montes veciñais, que son unhas terras comunitarias pertencentes á veciñanza comuneira de cada lugar, aldea ou parroquia. Nunha sociedade democrática debería ser, senón, suficente, si, cando menos, terse en consideración a opinión dos titulares das terras onde se queren instalar eses proxectos industriais. Máxime cando as opinións das comunidades de montes non son individuais, senon que son colectivas, dado que son tomadas democráticamente en asemblea xeral.

Mais o anteproxecto de lei non contempla esta cuestión. Ademais, por razóns históricas, os montes veciñais están situados sobre todo nas zonas altas do territorio galego. E van ser nestes lugares onde se instalarán maioritariamente os proxectos industriais que, na súa maiorí , son agresivos para o territorio e para as persoas que nel habitan. Parece máis que acaído que para a instalación destes proxectos industriais se tivera en conta a opinión das comunidades de montes.

Os montes veciñais, por ser titularidades de carácter xermánico, teñen a consideración de bens de utilidade pública. Cando dúas utilidades públicas se enfrontan é preceptivo a realización dun acto de prevalencia para decidir cal das dúas é a prevalente. Este anteproxecto de lei anula este acto de prevalencia ao que teñen dereito as comunidades de montes, ao considerar por lei que os proxectos industriais son sempre prevalentes.

Os montes veciñais son en se mesmos un ecosistema. Enténdense como servizos do ecosistema,os que aporta este á sociedade e que milloran a saúde, a economia e a calidade de vida das persoas. A groso modo, estes servizos ecosistémicos poden agruparse en catro bloques:

  • Servizos de aprovisionamento e bens materiais (madeira, alimentos, auga…).
  • Servizos de regulamentación que teñen a función clave de reducir os impactos globais e locais (regulación do ciclo da augas, defensa de biodiversidade, combate a erosión…).
  • Servizos culturais asociados ao tempo libre e ás manifestacións culturais (deportes ao ar libre, disfrute da paisaxe, visita a restos patrimonais…).
  • Servizos de soporte que aseguran e garenten que se manteñan os servizos anteriores.

Os montes veciñais por ser titularidades de carácter xemánico son terras abertas e xa que os servizos ecosistémicos que prestan teñen carácter universal. O anteproxecto de lei ao non ter en consideración, en ningún dos seus artigos, aos monte veciñais anulan os servizos ecosistémicos que estas terras prestan. Non parece razonabel que se sacrifiquen uns bens que prestan servizos ecosistémicos de xeito universal para favorecer os intereses particulares dos promotores destes proxectos industriais.

A ORGACCMM denuncia que a Medio Rural non lle preocupa moito acabar cos lumes no territorio

A Organización Galega de Comunidade de Montes (ORGACCMM) denuncia que á Consellería de Medio Rural semella que non lle preocupa moito acabar cos lumes no territorio.

A Organización Galega de Comunidade de Montes sinala que logo da traxedia social, económica, medioambiental e cultural que siñificaron para o territorio, e para as persoas que nel habitan, a vaga de lumes que tivo lugar este verán na que, segundo algúns datos, queimaronse  más de 200.000 hectáreas do territorio, á Consellería do Medio Rural semella que non lle preocupa moito rematar cos lumes do territorio. “Da a impresión que consideran que estes lumes son algo así como unha plaga bíblica que asolarán inevitablemente o territorio galego ano tras ano”, denuncia o presidente da ORGACCMM.

Para a organización galega de montes veciñais só desde esta perspectiva fatalista pódese entender que hai uns dias, a conselleira do Medio Rural anunciase que as medidas que vai tomar para combater os lumes do territorio o ano que ven van ser incrementar o orzamento para a prevención dos lumes (mais non indica en que vai a consistir esta prevención) e incrementar o tempo de traballo do persoal do servizo de loita contra os lumes. Medidas acaídas, pero claramente insuficentes para a ORGACCMM: “Se ante un problema concreto, se aplican unhas medidas que se amosan ineficaces por si soas, e ano tras ano se insiste nas mesmas medidas, fica claro que o problema convirtirase en perpetuo”.

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes afirman que semella que a Consellería do Medio Rural non ten moita preocupación por rematar cos lumes do territorio. E afirman isto porque nas medidas anunciadas, hai uns dias pola conselleira do Medio Rural, para combater os lumes para o vindeiro ano, nada fala de tomar medidas para ir eliminando as causas estruturais que provocan os lumes do territorio. Causas estruturais como son a forestación salvaxe do terrritorio, o bicultivo forestal con especies pirófitas, a non rotura da continuidade das masas boscosas e o abandono e despoboación do rural galego.

Denuncian que o que fai a Consellería do Medio Rural é totalmente o contrario ao que necesita o rural galego. Así aprobará unha nova moratoria para as plantacións de  eucalipto que vai significar un novo incremento do territorio galego adicado a esta especie forestal. Ademais a Consellería pretente elaborar unha nova lei de montes veciñais para poder privatizar a xestión do monte veciñal. “A xestión asemblearia veciñal non é o problema, de feito os montes veciñais menos multifuncionais e sustentabeis son aqueles que estan xestionados pola propia Consellería do Medio Rural mediante convenios ou consorcios”, recalcan desde la Organización Galega de Comunidades de Montes.

Desde a ORGACCMM lembran que o que aconteceu este ano coa liña de axudas para a prevención e loita contra os lumes non pode volver repetirse. Este ano, estas axudas non foron aprobadasa tempo e os traballos de prevención que se tiñan que facer nos montes veciñais, quedaron sen realizar. Hai varios meses  a Consellería anunciou que se incrementaba o orzamento para estas axudas para este ano en curso, pero agora resulta que pasará esta axuda ao orzamento para o vindeiro ano. Por tanto, pérdese un ano enteiro nos traballos de prevención dos lumes e os montes veciñais quedarán máis expostos aos lumes forestais o ano que ven por mor da mala xestión da Consellería do Medio Rural.                                                           

Manifestación 14S: Por un monte galego vivo e con futuro!

A Organización Galega de comunidades de montes veciñais (ORGACCMM) apoia a manifestación que, convocada pola plataforma POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO, terá lugar o domingo 14 de setembro en Compostela.

Baixo o lema «A  política forestal da xunta e quen nos queima. Por un monte galego vivo e con futuro» a ORGACCMM quere facer un chamamento ás comunidades de montes para que participen nesta manifestación nacional.

COMUNICADO DO INGATECO ANTE A VAGA DE LUMES

Diante da vaga de lumes que asola Galiza arrasando milleiros de hectáreas, o Instituto de Terras Comunitarias (INGATECO) esixe que se asuman responsabilidades políticas. Unha vez extinguidos os incendios forestais, compre o cese dos equipos responsables da Consellería de Medio Rural -coa conselleira e directores xerais de Planificación e Ordenación forestal e de Defensa do Monte a cabeza-pola súa incompetencia, e a convocatoria inmediata dun Consello Forestal ampliado a todas as entidades que queiran participar para analizar o resultado desta catástrofe e presentar propostas de cara ao futuro, partindo na práctica de cero.

Hai que dar un xiro radical ao sistema actual, con medidas urxentes tanto políticas como técnicas en materia de organización do espazo agrario e do monte. O INGATECO propón tratar da organización do territorio, un mapa de producións de interese socio-económico, un plano hidrolóxico que teña en conta os nosos montes como protectores, accións para velar polos Espazos Naturais, da Rede Natura e Reserva da Biosfera e unha atención especial a propiedade da terra, particular e veciñal en man común.

Nos últimos anos, profesionais do ámbito científico e académico, técnicos cualificados e especialistas da ecoloxía veñen advertindo para modificar canto antes o modelo de xestión forestal por obsoleto e insostible. Por moitas cámaras térmicas de vixiancia, equipos de investigación, directores de extinción formados en grandes lumes e medios humanos e técnicos que dispoñan as Administracións, se non se atende o cambio climático, se adaptan os recursos e se vai introducindo progresivamente unha mudanza, continuará o fracaso, un fracaso como País.

ANTECEDENTES:

Dende o INFOGA (Incendios Forestais de Galicia, apéndice do Plano Forestal de Galicia 1992-2032) ao PLADIGA (Plano de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia, ao abeiro da Lei 03/2007 de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais) vixente na actualidade, van 23 anos de teoría para defender o monte e as poboacións, cos nefastos resultados das últimas semanas. Con antecedentes en anos anteriores dos que non aprenderon nada nin sacaron conclusións.

Para chegar a esta situación, hai que remontarse a recepción das competencias plenas en materia de agricultura, gandeiría e montes no ano 1984 por parte da Xunta, que ata o de hoxe, non quixo adaptarse  a evolución que se estaba a dar no rural galego ante a perda de actividade agraria, o abandono da poboación, o absentismo… 

Lonxe de artellar medidas correctoras, apoiar servizos básicos no rural, planificar o territorio, motivar os propietarios de montes con axuda técnica e económica facendo unha boa xestión dos fondos europeos, dispór dun mapa produtivo de calidade e, en definitiva, defender o sector da agricultura e da gandeiría, optouse por aplicar unha política continuista do franquismo e crear unha ferramenta para poder combater os lumes forestais sabedores de que estarían presentes nos vindeiros anos.

O panorama presente é, o epílogo da política seguida nas últimas décadas aplicando aquelo de “tanto foi o cántaro a fonte que un dia rachóu”. Non se tiveron en conta

indicadores claros como o envellecemento e o abandono do rural que repercute directamente na atención das terras, e por outra, permitir con complacencia contar cunha cuarta parte do País ocupada por eucaliptal, que veremos as consecuencias que trae. 

Denunciamos o incumprimento por parte da Xunta da lexislación en materia de montes e de defensa contra incendios sobre xestión da biomasa e asemade dos Planos Forestais de Galicia (PFG): o primeiro, para o período 1992-2032, do que os únicos beneficiados foron pasteiras como ENCE, co eucalipto, ao pasar dunha previsión de 245.000 hectáreas no 2032 a 500.000 no 2025; e o segundo, -unha revisión do plano anterior-para o período 2021-2040, con 9.400 millóns de euros. Curiosamente, este último denomínase “hacia a neutralidade carbónica”, paradóxico, co que está acontecendo. Dende o INGATECO demandamos coñecer que actividade tivo éste novo plan nos cinco anos de vixencia, aínda que por moito plano forestal que a Xunta edite, se non muda de estratexia, se non existe unha xestión real do territorio, consideramos que non hai nada que facer. 

A Xunta de Galiza non atende a base territorial en canto a titularidade: o 64% son terras privadas con 1,2 millóns de propietarios de parcelas agrarias (700.000 son de montes); e un 33% de montes veciñais en man común-terras comunitarias (3.000 comunidades de montes). Fronte ao 3% de xestión pública. Como se relaciona a Administración coa propiedade? Que lle ofrece? Como asesora? Como motiva? Con que servizos se conta?. Son cuestións moi importantes que non foron abordadas e que inciden negativamente sobre o caos do agro e do monte galego e favorece a expansión dos lumes forestáis.

Alegacións ao proxecto mineiro Mina Doade

Achegas ao proxecto de explotación, ao estudo de impacto ambiental e ao plan de restauración presentados xunto coa solicitude de pase a concesión de explotación de 17 cuadrículas mineiras derivadas do permiso de investigación  de recursos da seccion C Alberta I, número 4966.1.1, nos concellos de Beariz e Avi.on (Ourense) e A Lama (Pontevedra).

PRIMEIRA:

 Os terreos onde se vai levar adiante a explotación mineira, son monte veciñal, xa que pertencen á comunidade de montes veciñais en man común  de Doade, no concello de Beariz. A veciñanza comuneira, titular destas terras comunitarias, en asemblea xeral acordou democraticamente rexeitar a explotación mineira. Nunha sociedade democrática debería ser suficente a decisión dos titulares das terras afectadas para que os proxectos se instalen ou non. Neste caso para  rexeitar o proxecto de explotación mineira que pretende instalar. E máxime cando os acordos dunha comunidade de montes non son decisións individuais, senon decisións colectivas. A aplicación dunha lei de xeito mecánico pode convertirse nunha inxustiza social.

SEGUNDA :

Comunidades de montes veciñais limítrofes e diversas asociacións de índole ambiental, social, cultural, afectadas directa ou indirectamente pola explotación mineira a instalar manifestaron tamén o seu rexeitamento. Parecería lóxico que a administración pública, competente para conceder ou non a autorización  da explotación mineira, tivese en conta, de xeito preminente, a opinión de todos estes colectivos, xa que representan a opinión da veciñanza, que directa ou indirectamente veranse afectados negativamente pola instalación da explotación mineira.

TERCEIRA:

O proxecto de explotación mineira referenciada carece dun plan para o tratamento das augas en contacto coa explotación, de tal feito  que estas augas residuais  con substancias  tóxicas e nocivas inxetaranse nos afluintes e nos ríos da zona. Debido  a cantidade de auga que precisa captar (25.750 litros/hora de augas soterradas) afectaran con toda posibilidade ás captacións de auga potabel da que se sirven as poboacións do lugar. A auga é un elemento vital para a vida, para a vida das persoas tamén. Ademais, o proxecto non avalia  adecuadamente o impacto da mina sobre o ecosistema da Serra de O Suído, Serra de O Cando e Serra de O Candán, incluindo a afección a Rede Natura 2000 e a conectividade entre espazos. Varios  espazos próximos formaban parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 formulada en 2008 e que a Xunta de Galiza non implementou a pesar da obrigatoriedade derivada da lexislación eurpoea. Todas estas cuestións parecen razóns suficentes para non conceder o permiso da explotación mineira.

CUARTA:

Na documentación enviada polo promotor da empresa para esta explotación mineira, non se acompaña ningún estudo sobre a perda das actividades no sector primario e os postos de traballo que se perderán nas diversas actividades afectadas deste sector. Basearse só nos postos de traballo que xeraría a actividade industrial que solita permiso de explotación é, cando menos, incompleto e parcial. A falla deste estudo debería ser razón suficente para que non se inciase  o proceso para a autorización de explotación mineira, mentres a empresa promotora non aportase este estudo .

QUINTA:

O monte veciñal é un ecosistema. Enténdese como servizos ecosistémicos como os beneficios que un ecosistema aporta á sociedade e que melloran a saúde, economia e calidade de vida das persoas. A groso modo, pódense agrupar en catro bloques: Servizos de aprovisionamentos e bens materiais (madeira, alimentos, auga…), servizos  de regulamentación , que teñen  a función clave de reducir os impacto globais e locais (regulación do ciclo da auga, defensa da biodiversidade, control da erosión do solo…), servizos culturais asociados ao tempo libre e ás diversas manifestacións culturais (deporte o ar libre, restos arqueolóxicos, difrute da paisaxe…), e servizos de soporte que aseguran e garanten que se manteñan os servizos anteriores. Os montes veciñais, polas súas carácteristicas de titularidade xermánica, son terras abertas e os servizos ecosistémicos que prestan teñen carácter universal.

A explotación mineira que se pretende abrir vai ter lugar na superfice do monte veciñal da comunidade de montes de Doade e dado que a explotación será a ceo aberto, vai eliminar todos estes servizos ecosistémicos para sempre. Non parece razonable que se sacrifiquen un bens, que son comúns, por un interés particular a favor da empresa promotora da explotación mineira. Estes argumentos son máis que suficentes para que non se conceda o permiso para esta explotación mineira.

SOLICÍTASE:

1-Que se teña por formuladas as presentes achegas e, atendendoas, se resolva denegar a execución do proxecto.

2-Que se lle recoñeza a esta parte a súa condición de interesado no expedente de referencia, comunicandolle os trámites e dandolle audiencia dos actos sucesivos.

3-Que se lle proporcione acceso ao expedente referido.